"xia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 855.

  • Cada unha das galaxias espirais que se caracterizan por ter un núcleo de cor azul, de moitas pequenas dimensións e extremamente luminoso. A primeira galaxia deste tipo foi descuberta no ano 1944 por Carl Seyfert, que o mesmo ano identificou 11 máis. A súa luminosidade, normal na rexión visible, é moi elevada na zona infravermella. Algunhas son tamén potentes fontes de ondas radioeléctricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deglutición constante de saliva, acompañada en ocasións de aerofaxia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Posición da Lúa, ou dun planeta, cando está en conxunción (lúa nova) ou en oposición (lúa chea) co Sol.

    2. Cada un dos dous puntos da órbita da Lúa correspondentes ás sicixias. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de técnicas e procedementos que permiten a extracción do ferro e a elaboración de todos os seus derivados. Integra todo o proceso que vai desde o tratamento das materias primas, previo á fundición, ata a obtención do produto siderúrxico, incluídos os estadios de produción intermedios e a fabricación de aceiros. Desde un punto de vista económico, foi un dos sectores clave que permitiron o desenvolvemento industrial que caracterizou a evolución das economías occidentais desde a década de 1960. A razón está no feito de que os produtos siderúrxicos son a base de moitas actividades e producións industriais, como as integradas na industria metalúrxica, na fabricación de bens de equipamento, maquinaria e produtos metálicos, e na industria do transporte.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia que estuda os símbolos e a súa utilización.

    2. Sistema ou conxunto de símbolos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor neurovexetativa que se produce nun nervio, ganglio ou plexo simpático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dor que se percibe nun punto afastado da lesión ou da excitación causal. OBS: Tamén se denomina dor reflexa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da coroloxía que estuda a distribución das biocenoses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da anatomía que estuda os ligamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fixación cirúrxica dun ligamento. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da ecoloxía que estuda as relacións entre as colectividades e o seu medio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción conxunta de varios elementos ou factores de xeito que o efecto resultante é superior á suma dos efectos por separado.

    2. Asociación ou cooperación de movementos, actos, órganos ou formacións anatómicas para levar a cabo unha función determinada conxunta e máis forte.

    3. Efecto terapéutico aumentado que se produce ás veces ao administrar simultaneamente dous produtos ou fármacos de acción semellante.

    4. Exaltación do poder patóxeno de dous parasitos coexistentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ciencia que estuda a lingua, a literatura e a civilización chinesas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da medicina que estuda os síntomas dunha enfermidade.

    2. Conxunto de síntomas que se presentan nunha enfermidade determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da xeofísica que estuda os sismos e toda clase de movementos vibratorios da Terra, tanto os de orixe natural coma os provocados artificialmente. Encárgase tanto do estudo da xeración de perturbacións sísmicas en medios elásticos como das condicións de propagación das ondas que se producen por estas perturbacións a través de medios de diferente natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de coñecementos relativos á dieta, á nutrición ou á alimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade sen ánimo de lucro, fundada en 1961, que ten como obxectivos o estudo das afeccións cirúrxicas en todos os seus aspectos, contribuír ao progreso do coñecemento e bens públicos, defender o prestixio e os intereses dos cirurxiáns, así como establecer nexos de unión entre organismos similares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Corrente evolutiva, desenvolvida por E. O. Wilson, que está enmarcada dentro do neodarwinismo. A interpretación que fai da xerarquía existente na maior parte das sociedades animais (incluída a do home), ás que se atribúe unha causa xenética, fundaméntase en que os mellores individuos son os que mandan e os menos bos os que obedecen, debido a un proceso de selección natural. As bases da sociobioloxía están en desacordo coa xenética moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ciencia social que ten por obxecto o estudo racional e crítico da sociedade humana. Investiga a dimensión social do home, tanto no aspecto permanente (grupos, institucións e estruturas sociais) como no aspecto dinámico (tensións, conflitos, transformacións). Estuda, en calquera nivel da realidade social, conxuntos complexos de fenómenos sociais, interconectando zonas diferentes de causación (factores demográficos, económicos, políticos) para poder explicalos de forma científica. Coa Ilustración e co triunfo das revolucións burguesas elaboráronse os primeiros programas para estudar a sociedade. Os principios (A. Comte, H. Spencer) caracterizáronse pola construción de teorías moi xerais da sociedade, imbuídas de positivismo, evolucionismo e confianza no progreso. A tarefa consistiu na institucionalización da disciplina e na crítica da fase dogmática e idealista. Tönnies, Pareto, Durkheim, Weber e Simmel trataron de dilucidar a natureza da gran transformación do mundo producida polo capitalismo...

    2. Disciplina que trata das determinacións sociais dos contidos da consciencia. Pode atoparse a súa orixe no mito da caverna de Platón como mostra da dificultade da interpretación do mundo. Francis Bacon dicía que a comprensión de acontecementos estaba condicionada por prexuízos. A Ilustración e os seus sucesores enfatizaron a influencia nociva da ideoloxía sobre o coñecemento. Marx e Engels introduciron a noción da distorsión que operan os intereses de clase sobre o saber e coñecemento. Durkheim viu na estrutura social os fundamentos dos conceptos elementais mediante os que o individuo elabora a súa interpretación da realidade. Na liña da teoría marxista, K. Mannheim e G. Lukács intentaron establecer as súa bases como disciplina autónoma.

    VER O DETALLE DO TERMO