"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo teatral dependente, nun principio, da Sociedade Cultural e Recreativa Liceo de Noia. Fundado por Xosé Agrelo Hermo en 1973, puxo en escena obras de Blanco Amor (Romance de Micomicón e Adhelala, 1973), Álvaro de las Casas (Pancho de Rábade, 1974), Leandro Carré (Rexurdimento, 1974) e do propio Agrelo Hermo, que exerceu como director dos espectáculos.
-
-
Aplícase a unha variedade de trigo que produce unha fariña moi branca.
-
Dise do pan feito coa fariña de trigo candeal.
-
-
-
-
Botar flor as plantas ou as árbores que a teñen en forma de candea, como o millo e o castiñeiro.
-
Encurvarse as follas por falta de auga, especialmente a do millo e a do pexego.
-
Dar couces un animal.
-
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballeda de Valdeorras baixo a advocación de san Bernabeu.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Chandrexa de Queixa baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Utensilio formado por unha barra vertical, máis ou menos longa, apoiada nun pé, cun oco no seu extremo superior onde se fixa e se coloca a candea.
-
-
Extremidades posteriores dos cabalos ou burros.
-
Pernas especialmente longas e delgadas.
-
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Foi arquitecto municipal de Santiago de Compostela e subdirector do Museo Nacional de Escultura de Valladolid, do que publicou unha guía en 1945.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Unha das sete unidades básicas do Sistema Internacional. É a intensidade luminosa, nunha dirección determinada, dunha fonte que emite unha radiación monocromática de frecuencia 540 ¥ 1012 Hz e cunha intensidade enerxética, nesta dirección, de 1/683 W/sr. Tamén chamada buxía nova, resulta ser un 2% inferior á buxía internacional, á que substituíu.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Candeloria.
-
PERSOEIRO
Arquitecto. Estudiou na Escuela Superior de Arquitectura de Madrid en 1935. Estableceuse en México en 1939 onde recibiu a influencia do enxeñeiro Eduardo Torroja na construción de cubertas con deseños atrevidos. Foi profesor nas universidades de México, Harvard, Illinois e Leeds. Entre as súas obras destacan as igrexas da Virgen de los Milagros (1954) e a de San Vicente de Paúl (1960), en México. Realizou, en colaboración cos arquitectos Enrique Castañeda e Antoni Peyrí, o palacio de deportes dos Xogos Olímpicos de México (1968). En 1961 recibiu o Premio Internacional de Arquitectura Auguste Perret.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Utensilio consistente nunha barra vertical, máis ou menos longa, apoiada nun pé, con dous ou máis brazos na parte superior que soportan outras tantas candeas. Na arte etrusca e romana existen numerosas mostras de candelabros elaborados en bronce. Na Idade Media destacan os candelabros dedicados á liturxia cristiá, así como modelos sinxelos de ferro forxado para uso doméstico. Desde o s XV adquiriron unha grande importancia como pezas de ourivería e introducíronse progresivamente novos materiais nobres, como o vidro ou a porcelana.
-
Candelabro litúrxico de ouro que, segundo o libro do Éxodo, Moisés fixo colocar no Tabernáculo e que constitúe un dos símbolos de Israel. Reposto despois do cativerio, levouse posiblemente a Roma como botín despois da destrución do Templo (70 d C), e así aparece reproducido no arco de Tito.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tenerife, Islas Canarias, situado ao NO da illa de Tenerife, ao S da capital, na ladeira da serra de Boca del Valle (12.392 h [1996]). A costa é abrupta, irregular e areosa, con pequenas calas entre os acantilados. Os sectores principais da economía son a agricultura, baseada na produción das árbores froiteiras, do algodón e dos produtos hortícolas, a gandería e as pequenas industrias. O sector da construción está moi desenvolvido. Dentro do termo está o santuario de Nuestra Señora de Candelaria, patroa da illa.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro creada en 1966 en Bogotá por Santiago García. Os seus traballos destacan polo compromiso coa realidade sociopolítica de América Latina e coa causa dos máis desfavorecidos, en liña co movemento de teatro popular latinoamericano. Cos espectáculos Guadalupe años cincuenta (1976) e Los diez días que estremecieron al mundo (1978), recibiron o Premio Casa de las Américas neses mesmos anos.
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Ávila, Castela e León, situado ao S da provincia, no límite con Cáceres e Toledo, regado polo río Tiétar (5.176 h [1996]). Os principais produtos agrícolas son os cereais, os legumes, as froitas e os pementos. Dentro da gandería predomina a cría de gando vacún e lanar. No termo atópase a necrópole prehistórica do Collado del Frailillo e o santuario da Madre de Dios de Chilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Raio de Sol que aparece nun claro entre as nubes ou a chuvia.
-
Pao seco que se usa para prender lume.
-
-
-
Festa da purificación da Virxe María. OBS: Normalmente escríbese en maiúsculas e tamén se denomina Día das Candeas.
-
Planta herbácea da familia das sileníceas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Prenome feminino procedente do latín candelorum ‘das candeas’, xenitivo de plural de candela ‘candea’, derivado do verbo candeo ‘arder’. Da forma Festum Candelorum ‘festa das candeas’, deriva Candeloria, por creación popular, a carón da forma posterior, Candelaria, de influencia castelá. A forma Candela é un cultismo fronte á patrimonial Candea. Outra forma hipocorística é Candela. Na Festa da Candeloria -que provén, ou ben dunha tradición romana, ou ben das festas Lupercais que tiñan lugar o 16 de febreiro- o sacerdote, durante a misa, bendí as candeas e a xente lévaas despois para a casa e utilízaas para esconxurar o trono ou poñerllas na man aos que están a piques de morrer. A tradición simboliza tamén neste día a festa do amor e do apareamento de todo o reino animal: acaban as xaneiras dos gatos e casan os paxariños. A Candeloria é a patroa das Islas Canarias e celébrase o 2 de febreiro, corenta días despois...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Elemento empregado para afiar a gadaña que levan os segadores suxeito ao van dentro da cachapa.