"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Tecido basto elaborado con liño ou la e estopa.

    2. Tipo de saia de liño moi gordo ou de la que se usaba en moitas zonas de Galicia para as faenas do campo ou para poñer debaixo doutra saia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e enxeñeiro grego. Formado en Atenas, entre 1945 e 1951, foi colaborador de Le Corbusier. Preocupado polas cuestións do urbanismo e polas vivendas sociais, realizou importantes obras en Marrocos, amais doutros proxectos en Francia. A súa obra máis importante é a Universidade Libre de Berlín, realizada con J. Prouvé e P. Dony.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de caracois de cuncha de ata 10 mm de lonxitude, arredondada, de cor cinsenta e liñas espirais claras. A especie C. intersecta está presente en ambientes areosos de toda Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. BOT Inflorescencia pendurante e pouco vistosa de plantas de polinización principalmente anemófila, como o castiñeiro ou o millo

    2. Res vacúa ou cabalar grande, fraca e mal formada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río afluente do Sil pola esquerda. Nace da confluencia de varios regos na parroquia de Candeda, no concello de Carballeda de Valdeorras. O seu curso adopta unha dirección S-N coa que drena a parroquia de Domiz. Virando cara ao NO penetra no concello do Barco de Valdeorras pola parroquia de Éntoma, na que desemboca.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Forma que se utiliza con valor interrogativo tanto en oracións interrogativas directas (

      2. Forma usada ocasionalmente con valor exclamativo para indicar en qué tempo ou en qué momento (

      3. Forma que se refire nunha oración a un antecedente de tempo (

    1. Palabra que introduce unha oración que expresa o momento en que se realiza a acción do verbo da oración principal (

    2. Palabra que introduce unha condición cunha referencia temporal (

    3. Renovo do castiñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Outes baixo a advocación de san Tiso.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Forma que se utiliza con valor interrogativo tanto en oracións interrogativas directas (

      2. Forma usada ocasionalmente con valor exclamativo para indicar en qué tempo ou en qué momento (

      3. Forma que se refire nunha oración a un antecedente de tempo (

    1. Palabra que introduce unha oración que expresa o momento en que se realiza a acción do verbo da oración principal (

    2. Palabra que introduce unha condición cunha referencia temporal (

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rama ou tronco seco dunha árbore.

    2. Renovo do castiñeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Sistema montañoso de dirección SO-NL, na parroquia do Covelo, no concello da Lama, que ten o seu cumio no Bico de Poza do Coto, de 966 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico. Catedrático de Botánica en Montpellier (1808-1816) e de Historia Natural en Xenebra (1816), onde creou o xardín botánico. Publicou Théorie elémentaire de la Botanique (Teoría elemental da Botánica, 1813), onde divide as plantas non vasculares en foliosas (mofos e hepáticas) e apilas (fungos, liques e algas). Dirixiu Prodomus systematis naturalis regni vegetabilis (Precursor do sistema natural do reino vexetal, 1824-1873), realizada por 35 botánicos e obra clave da sistemática vexetal durante moitos anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Persoa á que non lle gusta traballar ou que perde o tempo sen facer nada.

    2. Persoa que manifesta falsas mostras de cariño ou admiración.

    3. Persoa de aspecto sucio e descoidado.

    4. Persoa ou animal mal feito de corpo.

    5. Persoa que exerce a prostitución.

    6. Animal que xa non serve para traballar.

    7. Estado dunha persoa que bebeu alcohol de maneira excesiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de branco.

    2. Ausencia de malicia.

    3. Inxenuidade esaxerada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Delfín de ata 9 m de lonxitude no caso dos machos, 5 m de lonxitude nas femias, e cun peso de ata 7.000 quilogramos. Son de cor negra, agás unha gran mancha branca alongada sobre o ollo e as partes ventrais e outra zona gris detrás da aleta dorsal. As aletas anteriores son moi grandes e arredondadas, de ata 1/6 da lonxitude total do animal, e as aletas dorsais son triangulares, de ata 1,8 m de altura. Acadan máis de 40 anos de idade e as femias poden ter unha cría cada ano, que mide ao nacer máis de 2 m. Viven en pequenos grupos, compostos xeralmente dun macho con varias femias, aínda que ás veces se poden chegar a xuntar máis de corenta animais. Aliméntanse de peixes de gran tamaño, focas e incluso cetáceos. Alcanza velocidades de ata 62 km por hora. Distribuída por todos os océanos, especialmente en augas frías, tamén aparece no Mar Mediterráneo e en augas galegas, especialmente nas máis afastadas da costa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Edificación situada en Santa Baia de Rebordaos, no concello do Saviñao. A construción orixinaria é do s XIII. De planta cadrada, ten baixo e dúas plantas. Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1994.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten candor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da beira meridional da ría de Corme e Laxe, no litoral da parroquia homónima, pertencente ao concello de Cabana de Bergantiños.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cabana de Bergantiños baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Especializado en papeis cómicos, comezou na televisión interpretando anuncios publicitarios. Participou nas películas: The Clown Murders (Os asasinos do pallaso, 1975), The Blue Brothers (Os irmáns de azul, 1980), Splash (1984), JFK (1992) e North (Norte, 1994). Gañou o Premio Actra e dous Emmy en 1982 e 1985.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘hora’.

    VER O DETALLE DO TERMO