"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
-
Prohibición de relacións cunha determinada persoa ou entidade co propósito de coaccionar ou castigar. É un procedemento empregado por negociantes, grupos profesionais ou autoridades dun país consistente en interromper as súas relacións cos súbditos ou autoridades dun estado estranxeiro coa finalidade de presionalo ou de protestar contra el. Este termo aplicouse nun principio ao bloqueo contra Charles Boycott e outros propietarios irlandeses contrarios ás prescricións da Liga Agraria.
-
Bombardeo de mensaxes hostís en Internet ao que son sometidos algúns usuarios declarados persoas non gratas, para obrigalos a abandonar un grupo de debate da rede ou para que deixen de publicar unha páxina web considerada ofensiva.
-
Conxunto de medidas de presión económica previstas no artigo 41 da Carta das Nacións Unidas e que consiste na interrupción total ou parcial das relacións económicas e das comunicacións ferroviarias, marítimas, aéreas, postais, telegráficas, radioeléctricas e outras, cun determinado país. É unha forma institucionalizada de bloqueo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen realiza un boicot.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Obstaculizar ou impedir a realización de todo tipo de transacción ou actividade dunha persoa ou entidade como castigo e para exercer unha presión.
-
-
Réptil da familia dos boidos.
-
Familia de réptiles ofidios que comprenden serpes que presentan caracteres primitivos, de grandes dimensións (as máis grandes das existentes), corpulentas e fortes, que se caracterizan por posuír vestixios de cintura pélvica, visibles exteriormente en forma de pequenos esporóns a ambos os dous lados da cloaca. Teñen costumes arborícolas, acuáticas ou escavadoras. Este grupo comprende as boas e as pitóns, que viven nas rexións tropicais e subtropicais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á vaca cando está en celo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación boreal situada ao N da Virgo e ao L da Cabeleira de Berenice, na que está a estrela Artur.
-
-
Pastor de bois, persoa que os garda e conduce.
-
acicarro.
-
-
PERSOEIRO
Compositor. Profesor do conservatorio de París. Está considerado o principal compositor de ópera en Francia durante o primeiro cuarto do s XIX. A súa obra mestra foi La dame blanche (A dama branca, 1825). Tamén foi autor dun concerto para arpa e orquestra, compuxo sonatas e un concerto para piano.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
eleiro holandés de grandes dimensións e de fondo plano, provisto de orzas laterais. Coñéceselle tamén co nome de boejer.
-
PERSOEIRO
Escritor. Da súa produción, escrita xeralmente en verso, destacan as doce Satires (Sátiras, 1666-1711), que se reparten entre pinturas da vida parisina, reflexións morais inspiradas en Horacio e Juvenal e crítica literaria. Entre as Épîtres (Epístolas, 1669-1698), que tratan dos mesmos temas que as Sátiras, destaca a oitava, À Racine, sur l’utilisation des ennemis (A Racine, sobre a utilización dos inimigos). En L’Art Poétique (A arte poética, 1674) explicitou as súas concepcións literarias: estudia a traxedia, a comedia e a epopea, e aconsella respectar as regras das tres unidades. Cómpre subliñar tamén o poema traxicómico Le lutrin (O atril, 1672-1683). Entre as súas obras en prosa destacan: La dissertation sur Joconde (A disertación sobre a Gioconda, 1688), Tradution du traité du sublime de Longin (Tradución do tratado do sublime Longin, 1674) e Réflexions critiques sur Longin (Reflexións críticas sobre...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e litógrafo francés. Cultiva as escenas aristocráticas e galantes, os temas revolucionarios, o retrato e as escenas de xénero. Adoptou a litografía en 1823. Entre as súas obras destacan: L’arrivée de la diligence (A chegada da dilixencia, 1803) e Distribución de víveres nos campos Elíseos (1822).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Viveiro baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Boimorto baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Boimorto baixo a advocación de Santiago onde se atopa a entidade capital municipal, Gándara.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Vilamarín baixo a advocación de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Arzúa, situado na provincia da Coruña no centro da Comunidade Autónoma. Limita ao N cos concellos de Mesía (comarca de Ordes) e Vilasantar (Betanzos), ao S cos de Melide (Terra de Melide) e Arzúa, ao L co de Sobrado (Terra de Melide) e ao O cos municipios de Frades (Ordes) e Mesía. Abrangue unha superficie de 82,4 km 2 cunha poboación de nos que residen 2.370 h (2007), distribuídos nas parroquias de Andavao, Os Ánxeles, Arceo, Boimil, Boimorto, Brates, Buazo, Cardeiro, Corneda, Dormeá, Mercurín, Rodieiros e Sendelle. A capital, Gándara, situada na parroquia de Boimorto, a 42° 59’ 5’’ de latitude N e 8° 8’ de lonxitude O, está a 47 km ao L de Santiago de Compostela. Está adscrito ao partido xudicial de Arzúa e á arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O concello de Boimorto sitúase baixo o dominio climático oceánico húmido, aínda que nos rexistros térmicos presenta trazos típicos do interior, tendentes a unha certa continentalización:... -
VER O DETALLE DO TERMO
Gorra redonda e plana, fabricada en la ou en feltro, que adoita ser de cores escuras e que non leva viseira.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Quiroga. As súas armas levan, en campo de goles, unha voíña.
-
VER O DETALLE DO TERMO
xoaniña.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación de tendencia carlista que saíu en Santiago trala Revolución setembrina no ano 1871. Foi editado na imprenta de Xesús Tomás Rey.
VER O DETALLE DO TERMO