"Ea" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3634.

  • PERSOEIRO

    Romanista francés. Colaborou na Revue des Langues Romanes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e miniaturista francés. Discípulo de Fouquet. Foi pintor oficial da corte de Francia. Realizou as miniaturas do libro Grandes heures de la reine Anne (Grandes horas da raíña Ana de Bretaña, 1508).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Armar barullo falando en voz alta.

    2. Traballar arreo e en malas condicións.

    3. Bater en algo ou en alguén. OBS: Pode empregarse seguido da preposición en.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Botánico francés. Percorreu as Islas Canarias, a Península Ibérica, as Illes Balears, Córsega, Provenza, Alxeria, Canadá e Asia Menor, recollendo plantas que despois repartiu de cen en cen entre os coleccionistas máis importantes e os centros botánicos do momento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Barón de Bourgoing. Escritor e diplómatico francés. Foi embaixador en Madrid (1792 e 1793) e negociou os acordos que levaron ao Tratado de Basilea (1795). Escribiu Nouveau voyage en Espagne (Nova viaxe a España, 1788), titulada en edicións posteriores Tableau de l’Espagne moderne (Cadro da España moderna), obra de grande utilidade para os estudiosos da Península Ibérica do s XVIII.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Químico. Foi un dos creadores da química agrícola. Aplicou ao estudo dos solos os métodos da análise química. Estudiou a procedencia do nitróxeno presente nos organismos vivos e determinou que o fixaban os vexetais. Foi profesor de Química na Facultade de Ciencias de Lyon e membro da Académie des Sciences.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción da produción de alcohois por redución de ésteres ao fervelos en retroceso con sodio e etanol.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que practica o boxeo. OBS: A grafía x representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Practicar o deporte do boxeo. OBS: A grafía x representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Órgano do movemento explorador internacional. A decisión da súa creación tomouse na Jamboree de 1920. Tivo a súa sede en Londres ata 1958, ano no que se trasladou a Ottawa, en Canadá.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mover ou axitar os brazos dun modo continuado e repetitivo coa finalidade de sinalar algo.

    2. Nadar botando os brazos fóra da auga volteándoos no ar cara a adiante.

    3. Axitar o cabalo as patas dianteiras airosamente ao andar levantándoas de xeito que parece que toca a cincha con elas.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Órgano foliáceo de estrutura máis simple cá das follas normais, e de forma, medida, coloración, etc, distintas destas e das pezas da corola. Está situado preto das flores, que nacen, a miúdo, na axila das brácteas (brácteas nais ou floríferas). Ás veces, adoptan formas vistosas e cambian os pétalos para atraer os insectos.

      2. Cada unha das estruturas unicelulares que nas caroficies envolven os órganos reprodutores.

      3. Cada un dos filidos máis grandes ca os normais que forman o involucro dos brións e das hepáticas talosas.

    1. Folla de metal batido, moi fina, xeralmente de ouro ou prata. Usábase na Antigüidade en Oriente, en Grecia e en Roma para fabricar xoias ou para revestir obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ten unha bráctea ou varias brácteas.

    2. Moeda acuñada enriba dunha folla metálica moi fina cun cuño que bate só por unha cara, onde aparece o debuxo en relevo; na outra cara, aparece o mesmo debuxo pero con relevos inversos. Foi unha técnica moi empregada en Alemaña na época medieval.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás brácteas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Respiración anormalmente lenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Comezar a ceder unha persoa nalgún asunto ou nalgunha opinión.

    2. Afrouxarse ou ceder algunha cousa.

    3. Mover o corpo con gracia e xentileza.

    4. Moverse algunha cousa cun movemento de balanceo.

    5. Curvar un ferro, unha táboa, unha trabe, un arame ou calquera outro obxecto ríxido suxeito por ambos os dous extremos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode branquear.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que branquea.

    2. Substancia co poder de branquear que actúa oxidando ou reducindo os materiais tratados con formas incoloras, formen ou non compostos solubles, e que son eliminados por lavado. Algúns deles, os branqueadores ópticos, branquean directamente por un efecto óptico. Xa na Antigüidade se coñecían as propiedades branqueadoras de certas substancias. Na Idade Media, o proceso de branqueo consistía en sucesivas inmersións dos tecidos en lixivias feitas con cinsas de diversas plantas e posterior exposición ao sol sobre a herba. Este procedemento perdurou ata o s XIX. Tralo descubrimento do cloro no s XVIII, este converteuse na base de moitos branqueadores industriais. Cara ao 1920 introduciuse como branqueador o peróxido de hidróxeno. Actualmente o branqueador máis usado é o hipoclorito de sodio (NaClO), que é a base das lixivias modernas. Outros branqueadores oxidantes son o clorito de sodio, empregado para o algodón e o papel; o cloro, usado para o papel, para a fariña e para os tecidos de orixe...

    3. Substancia incolora dotada de intensa fluorescencia que absorbe radiación na rexión ultravioleta e visible do espectro e que é fluorescente principalmente na rexión correspondente á cor azul. Aumenta a sensación de brancura nos obxectos amarelecidos aos que se aplica. Actualmente se utiliza para case todos os materiais téxtiles e os papeis brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. olver de cor branca ou máis branca algunha cousa.

    2. Aplicar xeso ou cal a unha superficie para deixala branca.

    3. Limpar algunha cousa para que mostre a súa brancura. Úsase xeralmente referido aos metais.

    4. Someter un produto hortícola á operación do branqueo.

    5. Dar un lixeiro fervor a determinados alimentos, co fin de suprimir o forte cheiro e sabor de artigos como a coliflor, o repolo ou os riles, entre outros. Emprégase tamén este procedemento para suprimir impurezas, pór máis brancas algunhas carnes, avivar a cor dalgúns vexetais, diminuír o tempo de cocción de hortalizas que se rematan no forno ou facilitar o pelado dalgunhas froitas e verduras.

    6. Converter en diñeiro legal o que se obtivo ilegalmente.

    7. olverse algunha cousa branca ou clara.

    8. Amosar algunha cousa a súa brancura.

    VER O DETALLE DO TERMO