"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • Que ou quen consagra.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Dedicar unha persoa ou unha cousa sagrada a un fin ou a un uso sagrado mediante o rito adecuado.

      2. Pronunciar sobre o pan e o viño as palabras da institución da Eucaristía para así convertelos no Corpo e Sangue de Cristo.

    1. Dedicar algunha cousa a unha actividade que require dedicación e constancia.

    2. Acadar alguén reputación nalgún ámbito.

    3. Establecer algo de xeito firme ou duradeiro.

    4. Dedicarse totalmente a unha actividade, especialmente cando implica un esforzo ou un logro importante.

    5. Consolidarse ou pasar a ter prestixio alguén nunha actividade concreta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • [CRAE] Organismo que controla e protexe os produtos agrarios producidos de maneira ecolóxica ou orgánica, obtidos cunha elevada calidade e con ausencia de produtos químicos sintéticos (como moitos pesticidas e fertilizantes, que poden dar lugar a residuos nocivos) ou outras prácticas agresivas co contorno. Ampara tanto a produción primaria coma os produtos elaborados nas explotacións inscritas neles.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación de igrexas cristiás recoñecida en Utrecht (1938) e definitivamente constituída na asemblea de Amsterdam (1948), onde se reuniron 351 delegados de 147 igrexas. Xurdiu como expresión do movemento ecuménico contemporáneo, do que chegou a ser unha peza fundamental. A Asemblea Xeral é o seu órgano supremo: toma as decisións, dá as directrices xerais e elixe un comité central e outro executivo. Posteriormente, celebráronse as seguintes asembleas: Evanston (Illinois, EE UU, 1954), con 502 delegados de 160 igrexas; Nova Delhi (India, 1961), con 577 delegados de 181 igrexas, na que entraron a formar parte todos os ortodoxos; Uppsala (Suecia, 1968), con 702 delegados de 202 igrexas; Nairobi (Kenya, 1975), con 747 delegados de 271 igrexas; e Vancouver (Canadá, 1983), con 784 delegados de 301 igrexas. En 1979 celebrouse a Conferencia Mundial sobre “Fe, Ciencia e o futuro” en Cambridge (Massachusetts, EE UU). No ano 1980, na asemblea celebrada en Melbourne, ampliou o seu traballo evanxelizador....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pai ou nai dun dos cónxuxes con relación ao pai ou nai do outro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Grecia (1913-1917 e 1920-1922), fillo de Xurxo I e de Olga de Rusia. Sucedeu o seu pai e casou coa princesa Sofía de Prusia, irmá de Guillerme II. Durante a Primeira Guerra Mundial declarouse partidario dos Estados Centrais fronte á opinión de E. Venizelos, presidente do consello de ministros, partidario dos aliados e que en 1916 declarou a guerra contra Alemaña. Abdicou en 1917 no seu fillo Alexandre e trala morte deste volveu ao trono en 1920. Despois da derrota das forzas gregas en Esmirna ante os turcos en 1922, abdicou novamente en favor do seu fillo Xurxo e marchou ao exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Grecia (1964-1973), fillo de Paulo I e de Federica de Brusnwick. Sucedeu o seu pai e en abril de 1967 aceptou o golpe de estado dos coroneis e en decembro dese mesmo ano organizou un contragolpe que fracasou e provocou o seu exilio. Instalouse primeiro en Roma e despois en Londres. Continuou considerándose rei ata que en 1974 un referendo rexeitou a restauración da monarquía en Grecia. Dende ese momento, as súas relacións cos sucesivos gobernos gregos foron moi conflitivas e en 1994 unha lei do Parlamento negoulle a nacionalidade grega e confiscou os bens da familia real.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado nos contrafortes occidentais dos montes de Toledo e drenado polo río Amarguillo (10.113 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura (azafrán, oliveiras e cereais) e na gandería. As principais industrias son as téxtiles e as de fabricación de mobles e cerámica. Antigo asentamento carpetano, recibiu o nome de Consaburum durante a época romana. Tralos dominios visigodo e musulmán, pertenceu á coroa de Castela. En 1183 foi cedida á orde de San Xoán de Xerusalén e converteuse na sede do Gran Priorado de Castela e León. Do seu patrimonio cultural destacan os muíños de vento conservados na parte alta da cidade, o castelo (s XII), a casa do concello (s XVII) e os Corredores, sede do Museo Municipal (s XVII).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plataforma política creada o 9 de xaneiro de 1983 por representantes de México, Venezuela, Colombia e Panamá. Naceu coa finalidade de buscar, mediante negociacións multilaterais, unha solución pacífica e negociada aos conflitos de índole política, económica e social de América Central. Reunidos na illa de Contadora (Panamá), asinaron a Acta de Contadora para la Paz y la Cooperación en América Central, que acadou o apoio de diversas organizacións rexionais e internacionais, como o Consello de Seguridade das Nacións Unidas. En 1985 creáronse Grupos de Apoyo en Arxentina, Brasil, Perú e Uruguay que comezaron a reunirse cos conselleiros do grupo. En 1984 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Iberoamericana e en 1985 o Premio Internacional Simón Bolívar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estratexia televisiva que consiste en non facer pública a programación prevista. Deste xeito, pódese cambiar para ofrecer mellores propostas ca as das outras cadeas e así restarlles audiencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización internacional creada por iniciativa de Turquía en 1992. No ano 2001 estaba integrada por Albania, Armenia, Acerbaixán, Bulgaria, Xeorxia, Grecia, Moldavia, Romanía, Rusia e Ucraína.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Instrumento de precisión utilizado en cartografía para a referencia automática das coordenadas xeográficas e a súa translación aos mapas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo dominicano. Profesou no convento coruñés de Santo Domingo (1763) e foi profesor de filosofía en Valladolid. En 1769 dirixiu unha expedición misioneira a Filipinas, onde desenvolveu actividades académicas como catedrático de Dereito Canónico na Universidad de Santo Tomás de Manila, da que chegou a ser rector. Ocupou o cargo de provincial das misións da provincia de Manila, comisario principal da Inquisición no arquipélago e o de xornalista e escritor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Representación de Xesucristo como símbolo do seu amor humano e divino. Os cartuxos, os xesuítas e as relixiosas da Visitación tentaron estender a súa devoción, que parte das visións das santas Matilde e Xertrude (s XIII) e da santa Margarida María de Alacoque (s XVII), e que tivo unha primeira elaboración teolóxica na obra de Jean Eudes. Clemente XIII aprobou facultativamente o culto (1765), que estendeu despois a toda a Igrexa católica Pío IX (1856).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Arte de compoñer ballets ou danzas anotando as figuras e os pasos dos solistas e dos grupos, harmonizados coa música e outros elementos do espectáculo. A primeira notación coreográfica -moi rudimentaria-, da que se ten noticia, apareceu no Llibre Vermell de Montserrat. A primeira escola xurdiu en Milán, formada por mestres de danza profesionais (Pompeo, Diobono, mestre de Negri e de Belgioioso, Martire, Tetoni e Legnano) que difundiron por toda Europa os principios da danza italiana. Na fin do século XVI destacou Fabrizio Caroso co seu tratado Il ballarino (1581). O primeiro que inventou un sistema de notación coreográfica foi Jehan Tabourot. No s XVII sobresaíron diversos coreógrafos, como Balbi ou Bocan. A aparición do tratado Choréografie ou l’art de décrire la danse (Coreografía ou a arte de describir a danza, 1699), de Feuillet, significou un avance nesta arte. Nos dous primeiros decenios do s XVIII houbo un predominio do ballet cunha coreografía de tipo...

    2. Conxunto de figuras, pasos e movementos que compoñen un ballet ou danza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á coreografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á coreografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disciplina da xeografía que estudia uns sectores concretos da superficie terrestre. Os gregos foron os primeiros en seguir este enfoque nas súas narracións e mapas. Homero, Herodoto e Estrabón son os tres expoñentes máis brillantes; buscaban un coñecemento do seu país e das terras circundantes á súa área da ecumene, para obter uns datos económicos con vista á ocupación ou ás relacións comerciais, nas que se incluían ademais xuízos de valor. Esta tradición seguírona os romanos, mentres que os alexandrinos iniciaron unha tendencia máis científica. Pouco a pouco foi decaendo e no s VII só destacou a obra de san Isidoro de Sevilla. Os árabes, en plena expansión, recuperaron esta tendencia con moitas traducións do grego e outras novas contribucións. Durante o Renacemento, co descubrimento de novas terras, a corografía rexurdiu e apareceron numerosas cosmografías. Co comezo do ensino universitario da xeografía volveu de novo esta tendencia, sobre todo en Francia: a Géographie...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á corografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa que se dedica á corografía.

    VER O DETALLE DO TERMO