"ICE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 774.
-
GALICIA
Enxeñeiro naval e político. Catedrático de Construción Naval na Escola Politécnica Superior de Ferrol, especializouse en propulsión naval nuclear. Foi conselleiro de Industria, Enerxía e Comercio (1982-1984) e deputado no Parlamento galego por AP (1981-1985; 1985-1989) e por Coalición Popular (1985-1989). Membro da Real Academia Galega de Ciencias, recibiu a Cruz do Mérito Naval e a Medalla de Bronce de Galicia (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Autor dramático portugués. Fundador do teatro portugués, inspirouse na tradición popular, nos mimos e nos ciclos teatrais da Paixón e Nadal (Autos de Reis), e creou tipos e personaxes con trazos da vida cotiá. Das súas 44 obras, 11 delas escribiunas en castelán, 15 en portugués e 18 en ambas as dúas linguas. No Auto da barca do inferno (1516), Auto da barca do purgatorio (1518) e Auto da barca da gloria (1519), inspiradas na Divina Commedia de Dante, sintetizou elementos medievais e renacentistas. Algunhas farsas, como Inês Pereira, O Velho da Horta e Auto da Índia presentan unha auténtica intriga. Os autos pastorais, como Auto pastoril português e Auto pastoril da Serra da Estrela, son máis propios da tradición popular. Na súa obra tamén escenifica episodios de novelas cabaleirescas, como en Comédia Rubena, Don Duardos e Amadís. Outras obras, como a Comédia do Viúvo e a...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Manuel González Vicente.
-
PERSOEIRO
Relixioso. Foi diácono do bispo san Valerio en Zaragoza e os romanos prendéronnos cando predicaban. Torturárono ata que expirou na prisión e botaron o cadáver ao mar, cunha moa de muíño atada ao pescozo. Coa axuda dun corvo, os cristiáns localizárono e trasladárono ao Algarve e posteriormente a Lisboa. Iconograficamente representouse como un mozo imberbe vestido con dalmática sobre alba (diácono) e manípulo no antebrazo esquerdo. Leva a palma do martirio e o libro dos Evanxeos. Como atributos persoais porta a moa dun muíño e unha cruz en aspa, e, nalgunhas ocasións, un corvo aos seus pés. A súa festividade celébrase o 22 de xaneiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo que procede do latín vincentem, participio presente do verbo vincere ‘vencer’, ‘o vencedor, o vitorioso’; a variante Vicenzo procede dun derivado, Vincentium. Foi un nome moi usado entre os cristiáns polo seu valor augural (que vence o demo, as tentacións do mundo, etc). Presenta as variantes Vicenzo e Vicencio.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Estudou medicina e filosofía e letras en Santiago de Compostela e colaborou no Diario de Santiago, que dirixiu en 1878, La Gaceta de Galicia, El Heraldo Gallego e La Ilustración Gallega y Asturiana. En 1880 trasladouse a Madrid, onde formou parte da redacción de El Globo, diario de Castelar. Posteriormente foi redactor de El Liberal, ata que en 1907 pasou a dirixir a Sociedad Editorial de España. Republicano federal, foi deputado polo distrito de Santa Cruz de Tenerife (1911-1914) e polo de Ordes (1914-1918). Publicou Recuerdos 1868-1875 (1876), Orillas del Ulla e Las dos aceras del estrecho de Gibraltar.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Vicenza ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Vicenza.
-
-
CAPITAIS
Capital da provincia homónima, no Véneto, Italia (106.069 h [2001]). Situada na confluencia dos ríos Retrone e Bacchiglione, ao pé dos montes Berici, é un núcleo industrial. De orixe prerromana, foi a cidade romana de Vicentia e condado lombardo e francés. A partir de 1404 foi anexionada á república de Venecia. Do seu patrimonio cultural destacan a catedral, o Palazzo Comunale e Villa Capra, máis coñecida por La Rotonda.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia do Véneto, Italia (2.722 km2; 788.374 h [2001]). A capital é Vicenza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vicente.
-
-
Dignidade, función ou cargo de vicepresidente.
-
Lugar que ocupa o vicepresidente nunha asemblea ou nunha reunión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa elixida para asistir o presidente e substituílo en caso de defunción, dimisión ou impedimento para o exercicio do cargo nalgúns sistemas presidenciais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
vicerrei.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alto funcionario político-administrativo que gobernaba un vicerreinado como representante do rei e con plenitude de xurisdición civil, criminal e administrativa.
-
-
Dignidade ou cargo de vicerrei. A súa orixe remóntase aos ss XV e XVI, cando foi creado pola Coroa de Aragón. Nos territorios hispánicos en Europa existiron os vicerreinados de Galicia, Navarra, Aragón, Catalunya, València, Mallorca, Nápoles, Sicilia e Sardeña. Os Reis Católicos crearon o vicerreinado das Indias, a cargo da familia Colón. Posteriormente este foi dividido en dous: o de Nueva España (1535) e o de Perú (1542), e durante o s XVIII constituíronse os de Nueva Granada (1717) e o de Río de La Plata (1777). Os primeiros en desaparecer foron os da Coroa de Aragón, ao aprobar Filipe V os Decretos de Nueva Planta; logo os italianos, ao perderse estes territorios durante a Guerra de Sucesión Española e, posteriormente, os indianos, que desapareceron paralelamente á dominación española sobre estes territorios. O de Navarra mantívose ata a reforma de 1842, cando o antigo reino pasou a transformarse en provincia.
-
Tempo de goberno dun vicerrei.
-
Territorio sometido á xurisdición dun vicerrei.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que exerce de reitor por ausencia ou impedimento deste.
-
-
Cargo de vicerreitor.
-
Gabinete ou edificio onde traballa o vicerreitor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
vicerreitorado.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das cantantes que interveñen nos números de conxunto nas zarzuelas, operetas e revistas.