"Lac" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 769.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Baralla baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abegondo baixo a advocación de san Tomé.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lousame baixo a advocación de santa Eulalia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Salvaterra de Miño baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Trazo no lugar onde antes houbo unha torre do s XVI. Construído no s XVII, na fachada destacan cinco arcos na parte baixa e un balcón na planta nobre. Conserva brasóns na fachada e un patín cuberto no interior.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Quindimil (Palas de Rei). Ten planta rectangular con cuberta de catro augas. Na fachada principal conserva un corredor que se abre a un patio a onde tamén dan a capela, de planta rectangular, e outras construcións auxiliares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Participou na Revolución de 1854 e loitou contra os carlistas. Foi separado do exército polas súas ideas republicanas (1877), posteriormente readmitido, despois pasou á reserva (1883). De acordo con Ruiz Zorrilla, sublevouse en Madrid en favor da república (1886), pero, fracasada a insurrección e abandonado polos seus soldados, foi feito prisioneiro e condenado a morte. Indultado, deportárono a Fernando Poo e despois a Melilla.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Toledo, Castela-A Mancha, bañado polo río Riánsares, afluente do Tajo (8.805 h [2001]). Ten industrias dos sectores do moble e da confección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Cantabria, situado no val do Pisueña (1.755 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Jaén, Andalucía, situado no val do Guadalquivir (11.021 h [2001]). A súa agricultura baséase nos cereais e nos legumes. O gando é porcino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, situado ao N da Cruz de Hierro (1.553 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Carintia, Austria (57.746 h [2001]). Está situada na beira do río Drava, afluente do Danubio, nos Alpes de Villach. Ten industria alimentaria, madeireira e química. É unha estación de deportes de inverno e balneario. Durante a Idade Media foi un foco comercial moi importante entre Venecia e Viena.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio de Madrid, situado en La Alcarria de Chinchón, ao L do Tajo (2.945 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura. Posúe augas mineromedicinais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de vincular ou de vincularse.

    2. Cada unha das institucións xurídicas en que se fai inalienable unha masa de bens, subtraída así ao comercio, e que queda nas mans de determinadas familias, comunidades ou institucións, grazas a unha orde predeterminada e inalterable nas sucesións. Ligada a un concepto precapitalista da propiedade, atópase no fideicomiso romano, aínda que foi completada polas normas propias do feudalismo e pola refeudalización do s XVI, unida á propiedade colectiva: vinculacións comunais e eclesiásticas (man morta) e a constituída polo fideicomiso e o morgado. En 1798 iniciouse o proceso de desvinculación de patrimonios e de desamortización. Actualmente só ten vixencia na sucesión de título nobiliarios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Gas incoloro, inflamable e explosivo, que se emprega na preparación de policloropreno e en síntese orgánica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se asemella á cor violeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás violáceas.

    2. Planta da familia das violáceas.

    3. Familia de plantas, da orde das violais, de distribución cosmopolita, e integrada por unhas 900 especies de plantas herbáceas ou leñosas, con follas xeralmente simples, alternas e estipuladas, con flores hermafroditas, cigomorfas ou actinomorfas, pentámeras e de ovario súpero unilocular, solitarias ou dispostas en inflorescencias en acio, e con froitos en cápsula loculicida ou raramente en baga.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de violar.

    2. Delito que consiste en entrar nun domicilio sen autorización ou permanecer nel contra a vontade do propietario ou do alugueiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista inglés. Destacou sobre todo no xénero da novela policial e de terror. lang=EN-GB mso-ansi-language:EN-GB >Da súa produción sobresaen The Four Just Men (1905), The Ghost of Down Hill (1929) e The Terror (1930).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Entre as súas novelas históricas destaca Ben Hur (1880).

    VER O DETALLE DO TERMO