"RM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2589.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de réptiles, da familia dos dermoquélidos, ao que pertence o sapoconcho coriáceo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos, de cogomelos de sombreiro plano ou convexo, que presentan un pé cun anel a xeito de cortina e láminas na madureza de cor amarela ou alaranxada. En Galicia están presentes as especies D. anthracina, D. aureifolia, D. cinnabarina, D. cinnamomea, D. cinnamomeobadia, D. cinnamomeolutea, D. crocea, D. croceifolia, D. malicoria, D. sanguinea, D. semisanguinea e D. uliginosa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción cutánea causada por un estímulo mecánico logo dunha compresión, fricción ou rozadura da roupa.
-
-
Secreción que recobre os rizoides dalgunhas algas e que serve para aumentar a súa adherencia ao substrato.
-
Tumoración de tipo quistoso, da parede epidérmica, que contén no interior outros tecidos e restos embrionarios.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos dermópteros.
-
Mamífero da orde dos dermópteros.
-
Orde de mamíferos que comprende animais que acadan os 40 cm de lonxitude. Caracterízanse por presentar unha membrana ou pataxio que se estende polos lados do pescozo e abrangue as extremidades ata o rabo, feito que lles permite realizar longos voos entre as árbores tras lanzarse ao baleiro amodo de paracaídas. Son animais arborícolas, que non adoitan baixar ao chan, e que viven nas selvas mestas do sueste asiático e do leste da India. De día permanecen pendurados das pólas coma os morcegos e de noite saen para alimentarse de follas, froitos e xermolos. A orde orixinouse a partir dos primeiros insectívoros e talvez as similitudes cos morcegos e primates sexan froito dunha converxencia evolutiva. Coñécense un gran número de fósiles desta orde, como Planetetherium, pero só subsiste un xénero: Cynocephalus, con dúas especies, C.volans, que habita nos bosques de Filipinas, e C. variegata, propia de Malaisia e Indonesia. Denomínanse popularmente como lemures voadores.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos dermoquélidos.
-
Réptil da familia dos dermoquélidos.
-
Familia de réptiles da orde dos quelonios ao que pertence o xénero Dermochelys.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Resposta inflamatoria alérxica que se localiza na pel por contacto ou por introdución dunha substancia á que o organismo é sensible.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Osificación da derme.
-
PERSOEIRO
Derradeiro rei da rexión irlandesa de Leinster (1126-1171). Unha rebelión interna (1166) obrigouno a buscar a axuda de Inglaterra. En 1168 conseguiu dominar o sueste da illa e Dublín coa colaboración de Richard Strongbow, que o sucedería no goberno de Leinster.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Afinidade pola pel, ou fixación electiva nela, dunha substancia orgánica ou inorgánica, ou dun organismo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á substancia química ou ao organismo que se fixa electivamente sobre a pel ou as mucosas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Deixar de estar adormecido.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer que alguén ou algo deixe de estar adormentado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode desarmar.
-
-
de desarmar ou desarmarse.
-
Aplícase a un animal que non ten uñas.
-
-
-
Acción e efecto de desarmar ou desarmarse.
-
Limitación ou supresión do armamento bélico susceptible de se utilizar nun conflito internacional. Esta idea formulouse por primeira vez na Conferencia da Haia (1899) pero só a finais da Primeira Guerra Mundial foi autenticamente obxecto de negociacións internacionais, que se plasmaron en acordos da Sociedade de Nacións. Estes intentos de negociación fracasaron a partir da chegada de Hitler ao poder en Alemaña en 1933, xa que practicou unha política de rearmamento que non puido ser controlada polo resto dos estados. A crise de Cuba en 1962 implicou a necesidade de celebrar acordos sectoriais de desarmamento entre dúas superpotencias, que acadaron máis control sobre as armas nucleares pero non a súa completa prohibición. En 1963 os EE UU e a URSS asinaron un tratado de prohibición de probas nucleares na atmosfera aprobado polas Nacións Unidas (1968). Os principais acordos asinados posteriormente son o tratado sobre a non-militarización do espazo (1967), o Tratado de Non-Proliferación (TNP,...
-
-
-
-
Deixar a alguén sen armas.
-
Suprimir ou reducir un Estado as forzas militares, especialmente cando deixa de estar en guerra. Os estados levan a cabo o desarmamento en períodos de paz co fin de perpetuar a paz e a seguridade internacionais mediante o control dos medios de destrución masiva, de forma que ningún estado poida acadar unilateralmente a supremacía política e estratéxica na sociedade internacional.
-
Arrincar, durante a práctica da esgrima, a arma do adversario mediante un movemento rápido da propia.
-
-
Desmontar as pezas que forman parte dunha cousa.
-
-
Deixar a alguén sen argumentos nunha discusión.
-
Facer variar a actitude hostil de alguén.
-
-
Desmontarse as pezas que constitúen unha cousa.
-
-
...
-
-
-
-
Que non está conforme ou contento con algo.
-
Que ten unha proporción, intensidade ou calidade que excede do que é normal.
-
-
-
Falta de conformidade entre persoas ou cousas.
-
Descontinuidade entre dúas ou máis columnas dunha mesma serie sedimentaria na que desapareceu algún dos estratos debido á erosión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Converter unha terra erma en cultivable.