"Red" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 824.
-
PERSOEIRO
Matemático e historiador. Profesor da University of Harvard (1940-1951), publicou Introdution to the History of Science (1927-1947).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor francés. Nunha primeira etapa compuxo Gymnopédies (1888) e Messe des pauvres (1895), para órgano, e nunha segunda, máis sobria, escribiu Le Piège de Méduse, comedia lírica nun acto (1913) e o ballet Parade (1917). Xuntou un grupo de seguidores, como H. Sauguet e H. Cliquet-Pleyel, que formaron a Escola de Arcueil.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor suízo. Coñecido como Blaise Cendrards, a súa obra poética iniciouse con Les Pâques à New York (1912), que influíu nos surrealistas e especialmente en Apollinaire, e continuou con La prose du Transsibérien et de la petite Jehanne de France (1913).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Cousa que se ignora, se oculta ou non se debe coñecer.
-
-
segredo de confesión /
Obriga e dereito que ten o sacerdote de absterse de revelar o que o penitente lle confesou no sacramento de penitencia. A revelación do segredo comporta a pena de excomuñón. OBS: Tamén se denomina sixilo sacramental.
-
segredo de estado /
Segredo inherente aos asuntos políticos e diplomáticos. A súa revelación compromete a seguridade do Estado.
-
segredo de sumario
Segredo encamiñado a garantir tanto a administración de xustiza como a defensa dos intereses persoais das partes implicadas, mentres se fan as dilixencias pertinentes para a descuberta da verdade dos feitos. Están obrigados a mantelo todas as persoas que coñezan os feitos do sumario e especialmente os funcionarios da administración, os avogados e os procuradores dos tribunais. Dura ata que comeza o xuízo oral.
-
segredo profesional
Obriga de determinados profesionais de non divulgar aquilo que coñeceron por razón do seu oficio e con relación ao servizo, se non é con consentimento de quen o pode autorizar.
-
Discreción máxima.
-
segredo bancario
Obriga consuetudinaria das entidades bancarias, e do seu persoal, de gardar unha discreción total sobre as relacións bancarias mantidas cos seus clientes.
-
segredo de confesión /
-
Cousa misteriosa que non foi explicada nin descuberta.
-
Cousa, sistema ou maneira non coñecida que serve para acadar un determinado fin.
-
...
-
-
MONTES
Monte situado no límite dos concellos de Pedrafita do Cebreiro, Triacastela e As Nogais. O seu cumio acada os 1.325 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado no límite das parroquias de Vilavella (Triacastela) e San Cristovo do Real (Samos). O seu cumio acada os 1.185 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Sobreda (O Saviñao). O seu cumio acada os 749 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático. Estudou a teoría de funcións, os grupos e as ecuacións diferenciais. Publicou diversas obras, como Traité d’arithmétique (1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Sigfrido.
-
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, un círculo de prata cargado dun león rampante da súa cor, rodeado o círculo dunha mata de silva de sinople, coas súas follas e moras; en cada cantón do xefe unha cuncha de vieira de ouro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cabana de Bergantiños baixo a advocación de san Pedro.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Recibiu a influencia de C. Corot e G. Courbet en Avenue de Châtaigniers près de la Celle-Saint-Cloud. Traballou en Fontainebleau con J. B. Bazille, C. Monet e A. Renoir, que influíron nel e o achegaron ao impresionismo. Participou nalgunhas exposicións impresionistas, que lle quitaron o favor do público. Destacan as paisaxes Place à Argenteuil (1872) e L’Inondation à Port-Marly (1876).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Santiago de Compostela 1.6.1949) Historiador. Doutor en Historia de América (1990), foi profesor na Universidad Católica de Uruguay (1980, 1982) e desde 1991 exerce na Universidade de Vigo. Estudou, entre outros temas, a emigración galega cara a América. Foi presidente do consello asesor de RTVE en Galicia e secretario xeral técnico da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Coautor de diversos libros e publicacións, como Galicia & América. Five Centuries of History (1992), El Tercio de Voluntarios Gallegos en la defensa de Buenos Aires (1996), Consolidación republicana en América Latina (2000) e Asociacionismo galego no exterior (2001), das súas obras destacan San Cristobo de Xavestre. Chequeo a unha comunidade rural (1982), Alfredo Somoza. Encadramento histórico dunha figura esquecida do galeguismo (1987), El Brasil de Vargas (1998), A Emigración (1989) e Galeguidade e cultura no exterior...
-
PERSOEIRO
Psicólogo. Principal popularizador do condutismo, centrouse no estudo dos procesos de aprendizaxe e descubriu un novo tipo de condicionamento da conduta animal, denominado operante ou instrumental. A súa contribución máis coñecida é a caixa de Skinner, unha gaiola para ratas provista dunha panca que, ao ser premida, lles fai chegar o alimento. Promoveu o ensino programado e insistiu no reforzamento como elemento fundamental. Escribiu Science and Human Behaviour (1953), Analysis of Behaviour (1961), escrita xuntamente con J. G. Holland, Beyond Freedom and Dignity (1971) e About Behaviorism (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que xa se mencionou con anterioridade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Feitos ocorridos no lugar de Sobredo, en Guillarei (Tui) en 1922, que tiveron como resultado a morte de tres labregos. Os antecedentes estiveron na extensión da idea da abolición da renda foral que, despois do Congreso Agrario de 1922, se convertera nun tema fundamental dos mitins políticos. En Tui, o cacique local e ministro de Gobernación, Mariano Ordóñez, tentou evitar a xeneralización destas ideas e ordenou numerosas detencións. Basilio Álvarez presentouse na cidade para xestionar as liberacións e o 16 de novembro, a Federación Provincial Agraria de Pontevedra, declarou a folga. O gobernador ilegalizou as Sociedades Agrarias de Areas, Malvas, Randufe, Pazos de Reis, Rebordáns, Páramos, Baldráns, Caldelas e Guillarei. Cando o 28 de novembro de 1922 se presentou o xuíz de Tui coa Garda Civil en Sobredo para embargar a un veciño por non pagar o foro, tivo lugar o enfrontamento co pobo, no que morreron tres persoas. O feito provocou unha nova folga que se iniciou o 4 de decembro. No lugar...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dose excesiva dun medicamento ou dunha droga. Terapeuticamente o aumento da dose habitual dun medicamento aplícase co fin de conseguir un maior efecto sen chegar á dose tóxica, e na industria farmacéutica, as sobredoses aplícanse para compensar a perda de actividade, co tempo, dalgúns produtos pouco estables.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cubrir cunha capa de ouro un metal, especialmente a prata.
-
PERSOEIRO
Físico e químico inglés. Estudou na University College de Gales e na Oxford University. Traballou con E. Rutherford na McGill University de Montréal (1900), con W. Ramsay na Universy College de Londres (1902), na University de Aberdeen (1914) e na Oxford University (1919-1936). Xunto con E.Rutherford estudou a desintegración atómica dos elementos radioactivos, con W. Ramsay investigou a transformación do radio en helio mediante a espectroscopia e propuxo o concepto de isótopos. Escribiu Radioactivity, Chemistry of the Radioactive Elements e The Story of Atomic Energy (1949). En 1921 recibiu o Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre as substancias radioactivas.
VER O DETALLE DO TERMO