"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • PERSOEIRO

    Arquitecto italiano. En Roma, dentro da corrente rococó, restaurou a basílica de Santa Maria en Cosmedin e construíu a igrexa de Santa Maria Maddalena (1735).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga cidade dos Balcáns occidentais, que se corresponde coa actual Sofia (Bulgaria). Centro de sardos, foi colonia de veteranos romanos baixo Traxano. Foi sede do Concilio de Sárdica (343), convocado polos emperadores Constante I e Constancio II para dirimir o asunto do arianismo, pero non se chegou a un acordo, e mentres algúns bispos excomungaban a Atanasio e Xulio I, outros aprobaban o símbolo de Nicea. Coa ocupación turca (1386), converteuse en capital da provincia europea do Imperio Otomán, co nome de Sofia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes óseos, da familia dos clupeidos, ao que pertence a sardiña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peixe osteíctio, da orde dos clupeiformes, que pode alcanzar os 29 cm de lonxitude. Presenta corpo alongado, lixeiramente comprimido polos laterais. A mandíbula superior é pouco ou nada escotada e os maxilares non se estenden máis alá da parte media do ollo, co inferior algo máis saínte ca o superior. Os ollos presentan pálpebras adiposas ben desenvolvidas. Os dentes son moi pequenos nos maxilares e nulos no vómer. A aleta dorsal orixínase máis preto do fociño ca da base da aleta caudal. As aletas pelvianas insírense en posición abdominal, no medio da zona ventral e baixo a zona dorsal. Todos os raios son brandos. O opérculo ten estrías radiais regulares. Presenta de 26 a 30 series de escamas visibles na liña lonxitudinal, na liña ventral son carenadas, con 19-20 antes da raíz das aletas pelvianas e 15-16 posteriores. As escamas do corpo son relativamente grandes, caedizas e sen espiñas visibles. Presenta espiñas na parte interna das branquias, que son prolongacións para reter os pequenos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comida ou festa, ao aire libre ou non, en que se asan sardiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arte de deriva formada por redes rectangulares de mallas da medida axeitada para a captura das sardiñas e outros peixes de medida semellante.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • AFLUENTES

    Afluente pola esquerda do río Miño que nace na parroquia de Castro de Rei de Lemos (Paradela) e desemboca na parroquia de San Vitoiro de Ribas de Miño (O Saviñao).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado entre as parroquias de Zaparín e Refoxos (Cortegada). O seu cumio acada os 522 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENSEADAS

    Enseada do litoral atlántico, situada entre o cabo da Nasa e a praia de Langosteira, nos concellos de Corcubión e Fisterra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Fisterra baixo a advocación de san Xoán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sardiña ou á pesca da sardiña.

    2. Persoa que pesca ou vende sardiñas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do litoral atlántico, situada entre a praia homónima e a punta Alba, na parroquia de Sardiñeiro (Fisterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia do litoral atlántico, situada entre as puntas Arnela e O Sardiñeiro, na parroquia de Sardiñeiro (Fisterra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sardiñeiro (Fisterra). Ten planta en forma de L e conserva un patín cuberto cara ao interior do ángulo realizado en cantaría. Conserva un hórreo de pedra labrada e os restos dun pombal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes óseos, da familia dos clupeidos, ao que pertence a alacha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Sardeña, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Sardeña.

    3. ariedade lingüística italorrománica do phylum indoeuropeo, particularmente arcaica, que ocupa un lugar propio entre Romanía oriental e occidental. Fálase na illa de Sardeña e comprende os seguintes dialectos: o sasarés e o galurés (con afinidades corsas) ao N, o logudorés e o nuorés (o máis arcaico) ao centro, e o campidanés (con conexións co siciliano) ao S. Posúe unha base lingüística latina, incrementada con outras achegas xermánicas, arábicas, especialmente catalás e castelás e, finalmente, italianas. O sistema vocálico está formado por cinco fonemas (/i/, /e/, /a/, /o/, /u/), cada un proveniente da vogal latina do mesmo timbre, tanto se é breve como se é longa. Conserva as consoantes oclusivas xordas intervocálicas, aínda que en textos modernos sonorizaron por fonética sintáctica: una cosa > una gosa. Tamén conserva as velares K e G ante E e I: CENTU > kentu; GELARE > gelare, a xeminada -LL- latina evoluciona á consoante dobre ḋḋ...

    4. Literatura cultivada en lingua sarda. Dos ss XI-XIV, de relativa independencia política, permanecen numerosos documentos de carácter xurídico, como os codaghes e a carta de logu. Sucesivamente, escribiuse en catalán ou en castelán ata 1760. No s XVI Gerolamo Araolla escribiu poesías e rimas de valor escaso, pero foi importante o seu intento de crear un sardo ilustre comparable a outras linguas cultas. Á fin do s XVIII escribiron M. Madao, G. Pietro Cubeddu e G. Pres. Ao s XVIII pertencen algúns poetas satíricos como P. Pisurzi, E. Luigi Pintore e F. Ignazio Mannu, autor do Innu de su patriota sardu contra a sos feudatarios. No s XIX apareceron poetas dunha inspiración máis sincera e popular como P. Mossa, M. Murenu, P. Mereu, P. Calvia e, sobre todo, Montanaru (pseudónimo de A. Casula). No s XX, cando se abandona en masa o sardo escrito polo italiano, destacaron S. Casu, A. Dettori, P. Casu e E. Melis. No s XXI o desenvolvemento escrito confíase a políticos e periódicos, como Su Populu...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Vigo baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de ouro, unha cruz flordelisada, de goles, superada dun crecente ranversado de azul, acompañada de dúas cunchas de vieira de prata, na punta; bordo de azul, cargado de oito aspas de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • herba sardoa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á sardonia.

    2. Aplícase ao riso ou ao xesto que expresa sarcasmo.

    VER O DETALLE DO TERMO