Sárdica Sérdica

Sárdica Sérdica

Antiga cidade dos Balcáns occidentais, que se corresponde coa actual Sofia (Bulgaria). Centro de sardos, foi colonia de veteranos romanos baixo Traxano. Foi sede do Concilio de Sárdica (343), convocado polos emperadores Constante I e Constancio II para dirimir o asunto do arianismo, pero non se chegou a un acordo, e mentres algúns bispos excomungaban a Atanasio e Xulio I, outros aprobaban o símbolo de Nicea. Coa ocupación turca (1386), converteuse en capital da provincia europea do Imperio Otomán, co nome de Sofia.

Palabras veciñas

Sardeña | Sardes | Sardi, Giuseppe | Sárdica Sérdica | Sardina | sardiña | sardiñada