Sardina
Sardina
[ANIMAL/ICT]
Xénero de peixes óseos, da familia dos clupeidos, ao que pertence a sardiña.
Refráns
- A sardiña e a longaínza ponas á calor da cinza.
- A sardiña e a muller, pequeniña, se pode ser, que canto máis pequeniña, mellor ten que saber.
- A sardiña e o porco, se voaran, en moito máis se estimaran.
- A sardiña por abril cóllea polo rabo e déixaa ir, por maio ásaa no rescaldo e por san Xoán xa molla o pan.
- A sardiña, na chama; e a muller, na cama.
- Botar outra sardiña, que outro fUín vén da viña.
- O que en abril come sardiña, inda en agosto lle pica a espiña.
- Pola santa Mariña salga a sardiña.
- Quen queira mal a unha veciña déalle en abril sardiña.
- Sardiñas de maio, sardiñas do diaño.
- Se comes sardiña en san Xoán, mollaráchese o pan.