"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
VER O DETALLE DO TERMO
fenol.
-
-
piridoindol.
-
Cada un dos alcaloides que teñen o esqueleto de piridoindol; os máis importantes son os das especies vexetais Peganum harmala e Physostigma venenosum, e os dos arbustos do xénero Rauwolfia.
-
-
-
-
carbón activo/activado
Carbón cunha gran superficie específica, caracterizado polo feito de posuír un alto poder de absorción selectiva, con preferencia polos compostos menos polares, que aumenta nunha serie homóloga co punto de ebulición do absorbido. Obtense a partir do carbón vexetal, do animal, da torba ou do lignito, por oxidación selectiva do carbón base, ou ao impregnalo cun produto químico (cloruros, sulfuros, ácido fosfórico, etc) e calcinalo posteriormente. Utilízase na industria pola súa capacidade decolorante e pola súa alta absorbencia nos tratamentos de purificación de distintos produtos químicos, do aceite e das graxas, do azucre e da auga potable. Tamén se utiliza nos filtros das máscaras antigás, e para o tratamento de diarreas e intoxicacións gástricas.
-
carbón animal
Carbón que se obtén por medio da carbonización de tecidos animais (case sempre os ósos) e que se utiliza como materia prima para a obtención de carbón activado.
-
carbón de coque
Residuo que se obtén da destilación seca dos carbóns bituminosos ou dalgúns combustibles, como o petróleo, mediante o proceso de coquización. É un material coherente, de cor escura e de tamaño, porosidade e dureza variables. A súa composición e as súas propiedades varían segundo o material de partida e, sobre todo, segundo a temperatura de destilación. Así, cando a destilación se realiza a alta temperatura (a máis de 900 graos) obtense un coque rico en carbono e moi resistente á compresión, idóneo como combustible nos altos fornos. Pola contra, o coque que se obtén a baixa temperatura, e que ten máis contido de volátiles, só se recomenda para uso doméstico.
-
carbón de pedra/carbón mineral
Materia mineral sólida e combustible de orixe vexetal, cor negra, peso específico 1,0-1,8 e dureza 0,5-2,5. Está composto de carbono, hidróxeno, osíxeno, nitróxeno e outros compoñentes non volátiles (arxila, sílice, carbonatos, óxidos de ferro, etc) que forman, logo da combustión do carbón, as cinsas. A xénese dos carbóns é claramente excepcional tanto no tempo coma no espacio. Só hai dous períodos xeolóxicos ricos en xacementos de carbón: o que vai do Carbonífero inferior ao Permiano e o que se inicia no Cretacio e continúa no Terciario. Por outra banda, aproximadamente o 95 por cento dos carbóns minerais localízanse no hemisferio norte. A observación microscópica dos carbóns minerais permite distinguir catro compoñentes de aspecto diferente, dispostos en bandas: brillantes ou vitrita; semibrillantes ou clarita; mates ou durita; e fibrosas ou fusita. A división máis utilizada destes minerais é a que se basea na cantidade de carbono e na porcentaxe de...
-
carbón vexetal
Carbón que se obtén pola carbonización da madeira e que contén entre un 70 e un 90% de carbono fixo, segundo a temperatura de obtención; a súa materia volátil varía entre o 12 e o 25%, e as cinsas, entre o 2 e o 3%. Ten un poder calorífico de 29.300 a 35.500 kJ/kg. A carbonización pódese levar a cabo polo método antigo da carboeira ou por medio de técnicas máis modernas (fornos continuos ou instalacións de destilación seca) que permiten aproveitar tamén os gases que se desprenden. O carbón vexetal utilízase como materia prima para a obtención de carbón activado, como combustible lixeiro, na fabricación de electrodos, pólvora negra, materiais pirotécnicos e catalizadores diversos.
-
Substancia combustible, sólida, lixeira e negra, produto da descomposición incompleta, da destilación ou da combustión parcial da materia orgánica, principalmente vexetal e que contén carbono na súa maior parte.
-
carbón activo/activado
-
Brasas que xa están apagadas.
-
-
Lapis coa mina de carbón que se emprega para debuxar e que se presta a unha ampla variedade de tons.
-
...
-
-
-
ILLAS
Illa da beira oriental da ría de Betanzos, no litoral da parroquia de Perbes, concello de Miño.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Gran cantidade de carbón.
-
Preparación consistente en asar na grella unha carne previamente cocida.
-
-
Tipo de guisado popular en varios países latinoamericanos. Na súa variante crioula está feito con carne de vacún esmiuzada, condimentada con pemento e acompañada con froitas e hortalizas.
-
carbonada flamanda
Prato de orixe belga consistente nun guiso de carne de vacún encebolada que se coce con pan negro untado en mostaza e cervexa negra.
-
-
-
-
Que contén un ou varios átomos de carbono.
-
ariedade de diamante, de cor negra, que procede case exclusivamente de Brasil e que se utiliza nas perforadoras para sondaxes profundas.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos carbonarios ou ao carbonarismo.
-
Membro das sociedades secretas en que se organizaba o carbonarismo.
-
Asociacións secretas creadas ao redor do movemento denominado carbonarismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de ideoloxía liberal, organizado en sociedades secretas e relacionado coa francomasonería, formado na parte meridional de Italia a principios do s XIX durante o dominio napoleónico. O nome deriva do carbonari (‘carboeiros’) e os emblemas deste movemento eran a cruz, o gorro frixio e o puñal. Os membros, que se chamaban entre eles bos curmáns, dividíanse en mestres e aprendices e agrupábanse en vendas. Opúñase ao absolutismo e demandaba unha constitución. O movemento estivo ligado nun principio á oposición republicana de Napoleón Bonaparte e agrupou oficiais do exército, membros da nobreza e pequenos propietarios. A partir do ano 1815, o movemento estendeuse a Sicilia e á parte setentrional de Italia. En Francia (1821), o movemento avanzou coa axuda de La Fayette e posteriormente coa de Filippo Buonarroti. En España xurdiron asociacións carbonarias en Madrid, Catalunya e Andalucía.
-
-
Acción e efecto de carbonatar.
-
Operación que consiste en saturar de dióxido de carbono a auga ou os líquidos destinados á elaboración de bebidas carbónicas. Prepárase nuns aparellos denominados carbonatadores. A cantidade de gas disolta no líquido, a temperatura constante, é proporcional á presión parcial do gas que está en contacto co líquido. Por outro lado, ao diminuír a temperatura aumenta a solubilidade do gas. Por mor disto, faise a saturación con líquido arrefriado a unha temperatura constante próxima aos 0°C.
-
Parte da operación de purificación na fabricación de azucre (de cana ou de remolacha). O zume procedente da difusión, con hidróxido cálcico engadido, trátase con dióxido de carbono gasoso; este feito causa a precipitación dos sales cálcicos solubles en forma de carbonato, que, ao se precipitaren, engloba impurezas en estado coloidal e, así mesmo, desdobra o sacarato cálcico en sacarosa e carbonato cálcico.
-
Formación de carbonatos no solo pola acción do ácido carbónico sobre silicatos alcalinos, óxidos metálicos, etc. É un tipo de meteorización particularmente activo en climas húmidos e cálidos.
-
-
-
de carbonatar ou carbonatarse.
-
Que contén carbonato.
-
Aplícase á rocha e aos solos que se volveron ricos en carbonatos mediante un proceso posterior ao da súa formación (calizas, mármores, dolomitas).
-
-
-
Aparello destinado a disolver dióxido de carbono nun líquido co obxecto de obter unha bebida carbónica.
-
Equipo industrial para a carbonatación do zume de difusión na fabricación de azucre.
-
-
-
Converter unha substancia en carbonato.
-
Saturar unha substancia de ácido carbónico.
-
Converterse en carbonato.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
+ -ico ‘relativo a’)
-
-
Sal ou éster formado por substitución dos dous hidróxenos de ácido carbónico. Os carbonatos metálicos son moi abundantes en estado natural (malaquita, azurita, calcita, aragonita, dolomita, etc). A maioría dos metais forman carbonatos, excepto o aluminio e o cromo; os metais alcalinos configuran, ademais, carbonatos ácidos ou hidroxenocarbonatos, mentres que o bismuto, o cobre e o magnesio compoñen só carbonatos básicos. Por mor da feble ionización do ácido carbónico, os carbonatos solubles son básicos e, nun medio acuoso, sofren unha hidrólise considerable. A maioría dos carbonatos pódense obter por precipitación dunha solución dun sal do metal cun carbonato alcalino. Todos os carbonatos, a excepción dos alcalinos e do de talio, son moi pouco solubles; moitos deles descompóñense, pola acción da calor, dando lugar a dióxido de carbono e a un residuo de óxido do metal ou de metal libre, se o óxido non é estable a temperatura alta. Só os carbonatos alcalinos resisten a acción da calor. Todos...
-
Ión bivalente de fórmula CO 3 2- que provén do ácido carbónico, por disociación dos seus hidróxenos.
-
Álcali utilizado en certos reveladores cromóxenos en procesos de cor (ou branco e negro) cando se quere obter un pH elevado.
-
-
Álcali que acompaña a substancia reveladora, da que mantén a acción en reveladores en branco e negro.
-
Primeiro revelador de cor en certos baños cromóxenos que precisan un pH non moi elevado.
-
-
-
PERSOEIRO
Actriz. Formou parte da compañía de María Guerrero durante dous anos e tamén das compañías de Catalina Bárcena, Ernesto Vilches e Margarida Xirgu. En 1932 creou o seu propio grupo con Antonio Vico e desde 1968 entrou a formar parte do Teatro Nacional de Barcelona. Entre as súas interpretacións destacan as da alta comedia e as realizadas en Senyora àvia vol marit (1962), de Pous i Pagès e Una altra Fedra, si us plau, de Salvador Espriu (1978). Gañou dúas veces o Premio Nacional de Interpretación (1959 e 1971).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Prehistoriador. Catedrático de Prehistoria na Universitat Rovira i Virgili de Tarragona, colaborador do CSIC e presidente do Centre de Recerques Paleoeco-socials de Girona. É autor, entre outras obras, de Utilización de la lógica analítica para el estudo de tecnocomplejos de cantos tallados (1983), con R. Mora e M. Guilbaud, e Planeta humano (2000), con R. Sala. Ademais, participou nos libros colectivos El hombre fósil de Ibeas y el Pleistoceno de la Sierra de Atapuerca (1987) e El largo camino de los homínidos hacia la inteligencia (2000). En 1997 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica y Técnica como membro do equipo de investigación de Atapuerca e no 2000 foi premiado coa Medalla Narcís Monturiol concedida pola Generalitat de Catalunya.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto. Activo entre 1620 e 1660, o seu barroquismo caracterízase pola decoración das superficies con formas xeométricas e efectos polícromos. En 1627 foi nomeado aparellador das obras do Alcázar, do palacio de Prado e da Casa de Campo de Madrid. Traballou en compañía de Crescenzi na construción do Panteón Real (1654) de El Escorial. É autor tamén do palacio de El Buen Retiro de Madrid (1633) e do convento das dominicanas de Loeche (1635-1638). Realizou con Eugenio Caxés o retablo maior e os laterais da igrexa de La Merced Calzada de Madrid (1624), que non se conservan.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Almería, Andalucía, ao L da provincia, sobre o Mar Mediterráneo (6.215 h [1996]). É unha zona de industria e pesca. O porto de Carboneras dedícase especialmente á carga e descarga de carbón.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Segovia, Castela e León, regado polos ríos Eresma e Pirón (2.349 h [1996]). A agricultura é principalmente de secaño (cereais, legumes e viña). Ten unha igrexa parroquial gótica de orixe mudéxar, que foi modificada no s XVI.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘carbón, carbono’.