"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Xénero de protozoos, da familia dos tripanosómidos, de célula alongada, provista dun flaxelo, que xorde do extremo anterior da célula. Inclúe numerosas especies parasitas de invertebrados e de plantas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dunha familia de partículas fundamentais de que está composta a materia, que se caracteriza por ser fermións (xa que teñen spin semiimpar) e por non experimentar a interacción forte. Son de estrutura simple e nas primeiras clasificacións de partículas eran as menos pesadas. Os máis coñecidos son o electrón, o muón e o tauón, todos eles de carga eléctrica negativa e os correspondentes neutrinos (o neutrino electrónico, o neutrino muónico e o neutrino tauónico) sen carga eléctrica, e as antipartículas de todos eles, xenericamente denominados antileptóns, de igual masa pero de carga oposta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Moeda fraccionaria da Grecia moderna. Vale a centésima parte dun dracma.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao leptón.

    2. Cada un dos números que se atribúen aos leptóns co fin de distinguilos. Son o número leptónico electrónico, o muónico e o tauónico. Nunha interacción, cada número leptónico consérvase.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de aves ciconiformes, da familia dos cicónidos, de gran tamaño, con pico recto e robusto, e plumaxe gris e branca. A este xénero pertence o marabú africano (L. curmenifer).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao individuo que ten o índice nasal de ata 69,9, polo que o seu nariz é estreito. Entre os leptorrinos típicos están os kurdos, os armenios e os esquimós.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao biotipo leptosomático.

    2. Biotipo, segundo a biotipoloxía de Ernst Kretschmer, dos individuos que se caracterizan por ser dunha estatura elevada, delgados e de musculatura pouco desenvolvida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección causada por espiroquetas do xénero Leptospira, como pode ser a leptospirose iterohemorráxica ou enfermidade de Well, a febre gripo-tífica ou febre dos encoros e a meninxite dos porqueiros ou febre dos sete días.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás leptosporanxiadas.

    2. Planta da subclase das leptosporanxiadas.

    3. Subclase de plantas, da división dos pterófitos, que se caracteriza por presentar esporanxios que se forman a partir dunha soa célula e teñen paredes unistratificadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de peixes óseos da familia dos melanostomiátidos. En Galicia está presente a especie L. gladiator, de corpo alongado e barbela mandibular que presenta un ou dous filamentos na base, e unha única aleta dorsal pequena, no extremo do corpo, ao lado da cola.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos leptostráceos.

    2. Crustáceo da orde dos leptostráceos.

    3. Orde de crustáceos malacostráceos, da superorde dos filocáridos, de pequeno tamaño (ata 12 mm), co corpo provisto de oito segmentos abdominais e recuberto dunha cuncha bivalva. Habitan na zona litoral. Comprende algunhas especies, entre as que está a Nebalia bipes, común no Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeiro período da profase da primeira división miótica, en que os cromosomas se presentan en forma de longos filamentos indivisibles e sen aparellar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de bacterias quimioheterótrofas, que oxida os sales ferrosos e os converte en sales férricos. As súas especies habitan en regatos de corrente lenta contaminados por materia orgánica, onde medran formando filamentos envoltos dunha vaíña flexible que se cobre de hidróxido férrico e que se reproducen por conidios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • San Salvador de Lérez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta. Influído na súa mocidade por A. S. Puškin, a súa obra orientouse cara a un romanticismo byroniano que daba importancia esencial á experiencia íntima do poeta. Posteriormente, acentuou os elementos realistas, o que se reflite, en parte, no seu paso á prosa cunha escolma de relatos capitais no tránsito do romanticismo ao realismo na literatura rusa, tal e como aparece en Geroj nasego vremeni (Un heroe do noso tempo, 1840). Da súa produción destacan as obras teatrais Os españois (1830), Homes e paixóns (1830), Mascarada (1836) e Os dous irmáns (1836), e a obra poética A morte do poeta (1837), obra que o fixo famoso e provocou o seu exilio ao Cáucaso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello da Laracha baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso franciscano. Ordenado sacerdote en 1900, foi mestre de coristas en Canedo (Ponteareas) e gardián no mosteiro de Louro (Muros). Colaborou en varias publicacións e publicou Pláticas familiares sobre la Venerable Orden Tercera (1913), Camino del Cielo o sea Práctica de la oración mental al alcance de todos y Directorio espiritual (1929) e Vocación Religiosa (1929).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Mariñeiro e sindicalista. De ideoloxía anarcosindicalista, foi un dos fundadores da Unión Pesquera de Gijón, integrada en UGT en 1931, e un dos alicerces da súa posterior integración na CNT. Activo propagandista da Federación Regional de Industria Pesquera nas súas estancias en Galicia, sorprendeulle a Guerra Civil Española en Gijón, onde ocupou o cargo de delegado de Flota Mayor no Comité de Industrias Pesqueras e participou na Agrupación Confederal Galaica en Asturias. Coa caída da fronte do Norte, logrou escapar a València, onde exerceu de secretario da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. Detido no Campo de Albatera (Alacant) no remate da contenda, pasou seis anos no penal de San Miguel de los Reyes (València). Liberado a finais de 1945, exiliouse en Tunes e, máis tarde, en Uruguay.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reunión clandestina celebrada o 16 de marzo de 1930 no Pazo de Hermida e promovida pola ORGA (Organización Republicana Gallega Autónoma), baixo a presidencia de Santiago Casares Quiroga, á que foron convocados todos os elementos galeguistas e republicanos. Os asistentes, arredor de 50, acordaron a creación da Federación Republicana Gallega, que aglutinou a ORGA, a Alianza Republicana e o Partido Radical e tiña como principal obxectivo a implantación do réxime republicano democrático en España e a loita pola autonomía de Galicia. Nomeáronse dous representantes para actuar co resto das forzas republicanas españolas: Abad Conde, quen representou a FRG nun mitin en Madrid o 28 de setembro de 1930, xunto a outros representantes de distintas rexións; e Casares Quiroga, quen asistiu ao pacto de San Sebastián, en que se acadou unha alianza entre os grupos republicanos e os socialistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pazo-torre de Hermida.

    VER O DETALLE DO TERMO