"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Divindade grega, filla do titán Coeos e de Febe. Da súa unión con Zeus tivo en Delos os xemelgos divinos Apolo e Ártemis. Parece que o seu culto proviña de Asia Menor.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista italiano. Coñecido co nome latinizado de Julius Pomponius ou Pomponius Laetus, presidiu unha asociación de amigos ligados ao estudo da Antigüidade. Chegou a ser un grande erudito e, entre outras obras, publicou un comentario a Virxilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Letonia, aos seus habitantes ou á súa lingua.

    2. Natural ou habitante de Letonia.

    3. Lingua báltica, da familia baltoeslava do phylum indoeuropeo, que se fala en Letonia. Está dividida en tres variedades dialectais: a oriental (augszemnieku), a central (vidus), base da lingua literaria, e a occidental (tamnieku). O primeiro texto escrito en letón é unha tradución de 1585 do Catechismus Catholicorum, de san Pedro Canisio, e un catecismo luterano de 1586. En 1922 o sistema ortográfico, de orixe alemana, con caracteres góticos, foi substituído polos caracteres latinos, con algúns signos diacríticos.

    4. Arte desenvolvida en Letonia. A arquitectura, de madeira entre os ss IX e XII, recibiu a influencia da escandinava e da alemá ao ser empregada a pedra desde o s XIII, pero as outras artes quedaron aferradas á tradición. Baixo o dominio ruso, sufriu a influencia dos artistas europeos (B. Rastrelli e G. Quarengui). No s XIX houbo un intento de pintura nacionalista, con K. Goun (1830-1877), I. Fedders (1838-1909) e A. Baumanis (1866-1904). Na época soviética a arte participou do realismo socialista.

    5. Literatura desenvolvida en lingua letona. No s XVI foron publicados dous catecismos en letón (1585 e 1586). Co renacemento cultural e político de finais do s XIX apareceron as primeiras obras literarias desde o s XIII, cando se produciu a perda da independencia nacional. Destacan os poetas Auseklis, Krišjānīss Barons e Jēkabs Lautenbachs. O patriotismo antirruso tomou unha orientación social coa Nova Corrente, en que destacaron o poeta Rainis e a poetisa Aspazija. Os primeiros novelistas foron os irmáns Reinis e Matīss Kaudzīte, e despois Andrievs Niedra, Utipis e o dramaturgo Blaumandis. No período de entreguerras destacaron os novelistas A. Brigadere J. Janševskis e Svabe, poeta e director da Enciclopedia Letona (1955). A independencia letona provocou un florecemento da literatura nacional, representada polos novelistas K. Zarinš e J. Ezerinš, e polos poetas A. Čaks, Médeniss e A. Eglītis. En 1940, cando Letonia se converteu nunha república...

    6. Arte musical cultivada en Letonia. A tradición popular céntrase en cancións ou dainas que se remontan á Idade Media. Instrumentos populares típicos son os kokles ou arpa, os bungas ou timbais ou diversos tipos de trompas. Máis tarde, a influencia xermánica e italiana dominou a vida musical, centrada sobre todo en Rīga, onde Wagner foi director de orquestra entre 1837 e 1839. A dominación rusa restrinxiu a vida cultural ata a independencia de 1918. Ao ano seguinte foi inaugurada a Ópera de Rīga. De seguido destacaron diversos autores, como A. Kalininš, autor de óperas como Banuta (1920) e Hamlet (1936), F. Medinš e A. Jurjanš, musicólogo e autor de música sinfónica. En 2002, a cantante Marija Naumova foi a gañadora do Festival de Eurovisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ENTRADA LARGA

    Estado de Europa Setentrional que limita ao N con Estonia, ao S con Lituania, ao L con Rusia e Bielorrusia e ao O está bañada polo Mar Báltico (64.610 km2; 2.359.000 h [estim 2001]). A capital é Rīga.
    Xeografía física
    O territorio de Letonia está formado por unha chaira, con outeiros ao L e ao O. O clima é entre marítimo e continental. O 52% dos solos son de podzol. Preto dun 70% dos terreos agrícolas son extremadamente húmidos, polo que se levan realizan traballos de bonificación. Os ríos máis importantes son o Daugava, o Lielupe, o Venta e o Gauja. Ten 3.195 lagos, a maioría de orixe glaciario, que ocupan o 1,5% do territorio. O bosque ocupa o 38% do territorio, os prados, o 7,5%, e os pantanos, o 4,8%.
    Xeografía económica
    A economía rural está especializada na gandería bovina e porcina. Críase gandería de raza para os países da CEI. A agricultura é intensiva e está altamente mecanizada, destacando...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acordos diplomáticos entre o Reino de Italia e o Estado do Vaticano asinados o 11 de febreiro de 1929 por Mussolini e o secretario de Estado, o cardeal Gasparri, polo que se puña fin ao conflito entre a Italia unificada e os Estados Pontificios, desaparecidos de feito coa ocupación de Roma en 1870. Comprendían tres documentos: un tratado político que recoñecía o Estado do Vaticano; o concordato que recoñecía a Igrexa católica como oficial do estado italiano, as escolas confesionais e as subvencións dos cregos, entre outras medidas; e o libramento dunha cantidade en efectivo, 750 millóns de liras, e outros 100 millóns en títulos do estado, en concepto de reparacións polas requisicións e os prexuízos causados coa ocupación de Roma en 1870.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula hematopoética inmadura que prolifera anormalmente durante as leucemias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico dun conxunto polimórfico de células que integran o sangue e que proceden, segundo o tipo da medula ósea, do tecido linfático ou do sistema retículo-endotelial. A súa misión é a loita contra os axentes nocivos. Clasifícanse en granulocitos (divididos en neutrófilos, basófilos e eosinófilos), linfocitos e monocitos. A proporción entre estes elementos constitúe a fórmula leucocitaria. OBS: Tamén se denominan glóbulos brancos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Técnica de filtración do sangue por medio da que se poden extraer especificamente os leucocitos. Utilízase como método terapéutico co fin de extraer leucocitos anormais e para obter doazóns de concentrados de leucocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Destrución dos leucocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aparato que se emprega para contar leucocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: leucopoese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aumento do número de leucocitos no sangue por riba de 10.000 por mm3.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: leucopoese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas arbustivas, da familia das euforbiáceas, que presenta as follas alternas e coriáceas, as flores masculinas en espigas, as femininas solitarias e o froito en cápsula.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orgánulo incoloro da célula vexetal incapaz de fotosintetizar, que ten a función de almacenar substancias de reserva. Así, os amiloplastos almacenan amidón; os oleoplastos, aceites e os proteinoplastos, proteínas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección cirúrxica da substancia branca do cerebro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase á substancia, xeralmente química, capaz de destruír os leucocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pierre R. Piller.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de levantar ou levantarse.

    2. Rebelión ou alzamento armado que ten por finalidade derrocar o poder establecido ou tentar que este cambie de traxectoria política.

      1. Conxunto de operacións xeométricas que son precisas para realizar un plano ou un mapa topográfico, sobre o terreo ou valéndose de fotografías aéreas.

      2. Plano ou mapa trazado con esta técnica.

      3. Trazado que se fai nun mapa topográfico para sinalar os contornos xeolóxicos segundo os afloramentos do terreo.

      4. levantamento topográfico

        Conxunto de accións técnicas que se levan a cabo para determinar a dimensión, a forma e a posición dos feitos físicos e humanos dun determinado espazo para logo poder representalos nun mapa.

    3. Dilixencia que fai un xuíz, acompañado dun médico, pola que recoñece un cadáver e pola que dá orde do seu traslado ao lugar onde se realizará a autopsia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pronunciamento progresista que se iniciou o 2 de abril de 1846 en Lugo coa sublevación do segundo batallón do Regimiento de Zamora. O comandante Miguel Solís liderou as tropas, ao tempo que se constituíu unha Xunta presidida por Manuel Becerra e un novo goberno municipal. A sublevación espallouse con rapidez por Galicia e nos días seguintes as cidades de Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e Tui apoiaron o pronunciamento. O 15 de abril celebrouse unha asemblea en Santiago de Compostela presidida por Solís, na que se constituíu a Xunta Superior do Goberno de Galicia, baixo a presidencia de Pío Rodríguez Terrazo. Ao mesmo tempo, creáronse dous corpos do exército, un dirixido por Rubín de Celis, que marchou cara a Ourense, e outro, ao mando de Solís, o Libertador de Galicia, que se dirixiu á Coruña e Ferrol. Despois do fracaso nos intentos de conquistar as tres cidades, a Xunta Superior nomeou a Solís capitán xeneral de Galicia e xefe supremo do exército, e decidiu que os dous corpos...

    VER O DETALLE DO TERMO