"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

    1. Relativo ou pertencente ás licopodiatas.

    2. Pteridófito da clase das licopodiatas.

    3. Clase de pteridófitos que se caracteriza por presentar follas moi pequenas e esporanxios solitarios. Apareceu e tivo moita importancia no Paleozoico, pero hoxe está moi reducida. Comprende as ordes licopodiais e selaxinelais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está convertido en líquido por medio dunha licuefacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ten lidro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ES-TRAD;mso-fareast-language: Beato de Liébana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A Mancha, drenado polo río Mundo que forma o encoro de Talave (1.597 h [2001]). A economía céntrase nos cultivos mediterráneos (cereais, patacas, vide, oliveiras e hortalizas) e na gandería bovina e porcina. Son típicas as manufacturas de esparto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Santa Unión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación francesa fundada en 1898 polo senador republicano Ludovic Tavieux que tiña como misión defender os principios de liberdade, igualdade e xustiza recollidos na Declaración dos Dereitos do Home e do Cidadán de 1789, de 1793 e posteriormente na Declaración Universal dos Dereitos Humanos (1948). Creada no momento de máxima tensión do caso Dreyfus, a liga foi moi activa durante a III República e inspirou a política de laicismo. Independente dos partidos políticos, representou un papel destacado no debate dos grandes problemas políticos franceses.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Asociación secreta democrático-republicana, fundada en 1834 por emigrados alemáns en París.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de ligar ou ligarse.

      1. Lámina, feixe ou cordón de tecido fibroso, compacto e pouco extensible, que serve de unión ás articulacións ou entre algunhas partes do óso ou cartílagos.

      2. Estrutura membranosa destinada á suxeición dun órgano.

    2. Asociación de xenes que tenden a pasar dunha xeración a outra como un grupo unido, polo que non se segregan ao azar e non cumpren a terceira lei de Mendel. A causa do fenómeno de cruzamento pódense separar.

      1. Disposición de entrelazado dos fíos de urdido coas pasadas de trama nos tecidos. Adoita repetirse regularmente ao longo e largo do tecido e o número de fíos ou pasadas denomínase curso de urdido ou de trama. Os ligamentos represéntanse sobre unha cuadrícula, e un signo calquera nun dos cadros significa que o fío de urdido pasa sobre a pasada da trama, mentres que os cadrados en branco significan que o fío de urdido pasa por debaixo da pasada. O ligamento ten un graduado ou salto por urdido e un por trama. Nun ligamento regular, o graduado de urdido represéntase pola letra e (se é de trama por et) seguida dunhas cifras que indican os saltos nos fíos sucesivos. A base de evolucións represéntase pola letra b (se é de trama bt) seguida dunhas cifras que indican alternativamente os toma e deixa sucesivos. Cando un ligamento ten o graduado continuo, represéntase pola letra e seguida dunha cifra, que é o graduado continuo en sentido...

      2. Representación gráfica dun ligamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acurtamento e fixación dos ligamentos dun órgano para corrixir unha desviación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a un ligamento.

    2. Que forma un ligamento.

    3. Que está formado por ligamentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbón mineral natural, o máis pobre en carbono (do 55 ao 75%) e case sempre de orixe Terciaria. A cor é marrón escura e mate, aínda que ás veces pode ser negra e brillante. É brando e suave, a súa densidade oscila entre 1,12 e 1,14 e a súa estrutura é case sempre vexetal, aínda que ás veces, nalgunhas variedades, semella homoxéneo, terroso, foliáceo ou esquistoso. Utilízase esencialmente como combustible, aínda que o seu poder calorífico é inferior ao da hulla. A pouca profundidade permite a extracción a ceo aberto, con utilización de medios mecánicos, que favorecen unha produtividade elevada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro prusiano. Construíu diversos modelos de ornitópteros e planadores, cos que fixo diversos ensaios de voo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e xornalista. Dentro da pintura especializouse no retrato. As súas obras caracterízanse pola fantasía da cor e polo dominio do debuxo, e reflicten o coñecemento da pintura europea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lima redonda, grosa e áspera que usan, sobre todo, os cerralleiros e os ferreiros para desbastar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plancto de auga doce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de linchar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor alemán. Foi un precursor do expresionismo, e cultivou unha visión unitaria da poesía, da relixión e da filosofía de signo panteísta-idealista. A súa obra máis coñecida é Die Kugel, eine Philosophie in Versen (A esfera, unha filosofía en versos, 1909).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Linfocito inmaturo ou novo dos ganglios linfáticos e outros órganos linfoides.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Leucocito de núcleo único, que ocupa case a totalidade da célula, rodeado dun citoplasma basófilo. Desempeña un papel fundamental na resposta immunitaria, xa que son os responsables da produción dos anticorpos. Están presentes no sangue, a linfa e os tecidos linfáticos. Distínguense dúas clases, os linfocitos T e linfocitos B, segundo a actividade funcional que presentan in vivo e in vitro, os antíxenos da súa superficie celular e o órgano que os produce. OBS: Tamén se denomina célula branca.

    2. Linfocito de vida media curta, días ou semanas, que se orixina na bolsa de Fabricio dos paxaros e na medula ósea dos mamíferos. É responsable da inmunidade humoral e da produción de anticorpos. OBS: Tamén se denomina célula B.

    3. Linfocito de vida media longa, meses ou anos, que se orixina na medula ósea e se diferenza no timo. Son os responsables da inmunidade celular. Existen varias subpoboacións de linfocitos T: os linfocitos T colaboradores (linfocitos T4), que estimulan a formación de linfocitos B produtores de anticorpos e recoñecen os axentes extraños; os linfocitos citotóxicos (linfocitos T8) que danan as células alleas ao órganismo e son a causa do rexeitamento dos órganos transplantados; e os linfocitos supresores, que inhiben a formación de linfocitos B produtores de anticorpos. OBS: Tamén se denomina célula T.

    VER O DETALLE DO TERMO