"To" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 13838.

  • Parte superior do eixe do rodicio que se une por medio dunha entalladura co touzo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que se estableceu en Ribadavia. Entre as numerosas armas cómpre citar en campo de prata, dous lobos de sable manchados de prata, linguados de goles, andantes, colocados en pal, e bordo de goles, cargado de oito aspas de ouro; en campo de goles, tres castelos de ouro ben ordenados, e bordo de prata con sete lobiños da súa cor; en campo de goles, tres castelos de prata ben ordenados e bordo de prata, con sete lobiños da súa cor; en campo e prata, dous lobos de sable, cebados de cordeiriños de goles, e bordo de goles, con oito panelas de ouro; escudo partido: primeira partición, en campo de prata, con dous lobos de prata andantes e postos en pao, bordo de sable, cheo; e segunda partición, en campo de ouro, cunha cruz de veiros de prata e azul.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fotógrafo. Licenciado en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago de Compostela, foi redactor xefe de fotografía de La Voz de Galicia e responsable do seu Arquivo Gráfico. Dirixiu cursos de fotoxornalismo na UIMP. Colaborador en medios como El País, El Periódico, La Vanguardia ou Cover, as súas obras, que pertencen ás coleccións de Unión Fenosa, do Museo Reina Sofía ou do IVAN, apareceron en libros de G. Torrente Ballester, Manuel Rivas ou Suso de Toro. Participou en exposicións fotográficas en Nova York, París, Stutgart, Chicago ou Londres e en publicacións colectivas como Galicia a pié de foto (1987), A memoria recobrada (1998) ou Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003). Recibiu o Premio da Crítica na sección de Ciencias e Artes da Representación (1991), o Premio Compostela’93 , o Premio Ortega y Gasset de fotoxornalismo (2003) e o Premio Doñana (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xeral que recibe a extirpación cirúrxica dun lobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Político e sindicalista. Iniciou a súa actividade política como membro de Estudiantes Revolucionarios Galegos (ERGA) e formou parte do Sindicato Galego de Traballadores do Mar (INTG). Membro do consello nacional do BNG, foi secretario xeral de Galiza Nova (1992-1996). Foi deputado no Parlamento de Galicia na IV, V e VI (desde 1996) lexislaturas polo BNG.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Torre da antiga fortaleza de Lobeira, onde Pepa a Loba se estableceu coa súa gavela e fixo popular a lenda de que no lugar habitaba a Raíña Moura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cría do lobo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sección cirúrxica dun lobo.

    2. Técnica en desuso que consistía en seccionar as fibras nerviosas que unen a cortiza cerebral prefrontal coas formacións nerviosas da base do cerebro, co fin de corrixir certos trastornos mentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Violinista e compositor italiano. Actuou nas cortes de Mantua, Dresden e Berlín. Culminou a obra que iniciaran con anterioridade Antonio Vivaldi e Archangelo Corelli, perfeccionando a sonata e o concerto para violín. Das súas obras destacan 12 concerti grossi (1721) e seis concertos para catro instrumentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce locomoción ou movemeto.

    2. Conxunto de órganos destinados ao movemento do corpo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Máquina apropiada para desprazarse sobre carrís, provista dun sistema de automoción e destinada a remolcar vehículos ferroviarios. Segundo a función, distínguense as locomotoras de manobra e as de liña. Segundo a orixe da forza motriz poden ser de vapor, eléctricas ou de motor diesel. A locomotora de vapor clásica accionábase por unha máquina de vapor alternativa, que tomaba o vapor do domo e utilizaba carbón mineral e algúns aceites pesados como combustible. A provisión de auga e de combustible disponse nun vagón especial (ténder) ou na mesma locomotora (locomotora-ténder). As locomotoras articuladas teñen dous ou máis grupos de eixes motores que permiten construír locomotoras de gran potencia, como os tipos Mallet e Garratt. Unha versión moderna é a locomotora de turbina de vapor. Nas locomotoras de vapor turboeléctricas, a transmisión ten lugar mediante motores eléctricos. A locomotora eléctrica...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Profesional encargado de dar noticias, anunciar ou presentar programas de radio ou televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cuarto dalgúns establecementos ou institucións, como cárceres ou conventos, en que os internos poden recibir visitas.

    2. Local equipado cos elementos necesarios para ofrecerlles aos usuarios servicios de comunicación telefónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Farmacólogo, fisiólogo e médico alemán. Investigou a diabete, as drogas que diminúen o ritmo cardíaco e a transmisión química dos impulsos nerviosos. Descubriu a existencia de neurotransmisores (1921) como a acetilcolina, identificada en 1912 por Dale e que, en 1929, se descubriu que era a mesma substancia que descubrira Loewi. Recibiu, xunto con H. Dale, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1936.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor italiano. Publicou, desde o cárcere e en castelán, Los mil y doscientos consejos y avisos discretos (1571), onde describiu a Batalla de Lepanto, e a novela pastoral Diez libros de la Fortuna de Amor (1573), citada por Cervantes nas súas obras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto barroco. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e en Roma, a onde marchou pensionado en 1753. Durante a súa formación asistiu ás obras do Palacio Real de Madrid e foi delineante do convento da Visitación, tamén en Madrid. Desde 1765 traballou na catedral de Santiago, onde colaborou nos proxectos para a capela da Comuñón e dirixiu as obras da fachada da Acibechería. Tamén traballou no pazo dos Marqueses de Bóveda, en Lugo. Marchou de Santiago de Compostela e continuou traballando con Ventura Rodríguez en Santa Fe (Granada), onde realizou a colexiata.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dor ou aflición que se sente pola morte de alguén.

      1. Roupa ou símbolos que se levan como sinal de dor pola morte de alguén. A cor deste varía segundo as culturas, o negro é o máis frecuente nas occidentais e o branco nas orientais. Tradicionalmente, a duración do período de loito depende do grao de parentesco que se teña co defunto.

      2. alivio de loito

        Loito menos rigoroso que se reflicte na introdución de cores distintas á negra, normalmente o gris.

    2. Panos de cor negra que se colocan durante as exequias. OBS: Nesta acepción adoita empregarse en plural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tributo ou obriga que apareceu na época feudal do pagamento dun canon por cada morte que acontecía no núcleo familiar. Entregábaselle ao señor a mellor cabeza de gando como condición para que os fillos se constituísen en herdeiros dos pais á morte destes. O imposto prolongouse durante a Idade Moderna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Planta perenne de forte raiceira da que saen gran cantidade de follas lanceoladas e estreitas na base, polo que semellan sentadas. As flores son de cor amarela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REINOS

    Posesións italianas constituídas polo Milanesado e o territorio italiano da República de Venecia, que foron cedidas a Austria polo Congreso de Viena (1815). Lombardia uniuse ao Reino de Italia pola Paz de Zúric (1859) e Véneto pola Paz de Praga (1866).

    VER O DETALLE DO TERMO