"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Organismo dependente da consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e integrado dentro da dirección xeral de Comunicación Social e Audiovisual. O CGAI con sede na Coruña comezou a súa actividade pública o 15 de marzo de 1991 e contou, nos seus primeiros dez anos de existencia, con dous directores: José Antonio Coira (1991-1997) e Xosé Luís Cabo (desde 1998). A actividade do Centro desenvolveuse desde entón en diversos campos relacionados co mundo da imaxe: o cine, a televisión, a videoarte, a fotografía e, máis recentemente, a produción multimedia. Con este motivo, o CGAI organizou ou patrocinou seminarios, cursos ou congresos, exposicións fotográficas e videográficas, ciclos cinematográficos; publicou libros e colaborou con outras institucións na edición de catálogos e revistas; e restaurou, ademais, varios filmes producidos ou relacionados con Galicia. É membro asociado desde 1999 da Fédération Internationale des Archives du Film (FIAF), organización que agrupa as principais...
-
VER O DETALLE DO TERMO
CEGEBAD.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cereal ou aos cereais.
-
PERSOEIRO
Físico ruso. Discípulo de S. I. Vavilov, en 1934 descubriu e estudiou exhaustivamente o efecto que leva o seu nome, a radiación de Čerenkov. Por este motivo recibiu, xuntamente con I. E. Tamm e I. M. Frank, o Premio Nobel de Física de 1958. No 1946 xa recibira, cos mesmos investigadores, o Premio Stalin polos seus traballos de radiación electrónica.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Cóengo, historiador, poeta e orador político. Vinculado ao movemento rexionalista, participou nos Xogos Florais de Tui (1891) nos que pronunciou o seu Sermón rexionalista. Foi un colaborador habitual de El Eco del Miño e La Integridad de Tui. Entre outras obras escribiu La defensa de La Coruña en 1589 (1903) ou Las guerras feudales en Galicia: Pedro Madruga y D. Diego de Muros (1923). Foi socio correspondente da Liga Galega da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Bispo de Ourense (1922-1940) e escritor, irmán de Antonio Cerviño González. Licenciouse en Dereito Canónico e doutorouse en Teoloxía. Foi catedrático de Teoloxía e Teoloxía Dogmática no seminario de Tui dende 1884, fiscal do tribunal eclesiástico de Tui e cóengo maxistral da catedral de Tui, ata que foi nomeado bispo de Ourense en marzo de 1921. A súa doutrina teolóxica evolucionou dende un integrismo radical cara a un conservadorismo oposto ás reformas relixiosas da Segunda República española. Durante a súa mocidade escribiu varias poesías e artigos co pseudónimo de Solino Forcey, nunha polémica que mantivo con Indalecio Armesto en El Eco del Miño. Así mesmo, foi autor do panexírico polo tudense frei Rosendo Salvado e Rotea, bispo de Nova Nursia (Australia) en La Integridad de Tui. Publicou, ademais, Conferencias dogmáticas sobre el liberalismo, predicadas en la Santa Iglesia Catedral de Tui en el Adviento de 1898 (1898) e Primera carta pastoral dirigida al clero y fieles...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Médico e político. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela e diplomado en xerencia hospitalaria pola Escuela Nacional de Sanidad. Foi director xerente do Hospital Juan Canalejo da Coruña, xerente do Hospital General Universitario Gregorio Marañón de Madrid e exerceu como profesor de xestión hospitalaria do Centro Universitario de Salud Pública da Universidad Autónoma de Madrid. Iniciou a súa actividade política nos anos setenta como militante da Asamblea Nacional Popular Galega (AN-PG), a Asamblea Popular Galega (APG) e o Partido Obreiro Galego (POG); foi membro do Consello Nacional de Esquerda Galega e do PSG-EG desde a súa fundación ata 1990, e deputado do Parlamento galego, polo PSdeG-PSOE, na cuarta lexislatura (1993-1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Política. Graduada en Psicorientoloxía pola University of Laredo (Texas), realizou cursos de dereito na Université de La Sorbonne e de socioloxía en Helsingor (Dinamarca). Residiu en Suíza (1972-1975), onde ocupou o cargo de secretaria da Federación de Entidades Españolas dos cantóns de St. Gallen e Appenzell. Ao seu regreso integrouse na política local de Vilagarcía e ocupou a secretaría xeral da Xunta local do PP. Foi deputada do Parlamento galego, polo PP, na IV lexislatura (1993-1997).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade de Xudea, situada na costa, a 30 km ao S de Haifa. Construída por Herodes o Grande, serviu de lugar de residencia dos procuradores romanos e chegou a ser o porto máis importante do reino. Coa destrución de Xerusalén no 70 d C na guerra xudía, adquiriu maior importancia ao converterse en sede metropolitana de Palestina, no s II d C. Formou parte do mundo bizantino ata que foi conquistada polos árabes no ano 633 a C, para decaer baixo o seu poder. No 1265 foi conquistada e destruída polo sultán mameluco Baybars.
-
-
Cabana de madeira que os campesiños suízos destinan á fabricación de queixos e de manteiga.
-
Casa rural típica dos Alpes, de madeira e co tellado xeralmente a dúas augas pouco inclinadas.
-
-
Casa unifamiliar, polo xeral situada fóra da cidade ou nos arrabaldes e rodeada de xardín, construída orixinariamente a imitación dos chalés dos Alpes e agora de calquera estilo arquitectónico.
-
chalé acaroado
Chalé que pertence a un conxunto de chalés que comparten as paredes laterais exteriores.
-
-
-
-
Peza de roupa, xeralmente sen mangas e abotoada por diante, que cobre o peito e o lombo ata a cintura ou cadeiras, e que se pon enriba doutra peza.
-
Peza de vestir de plástico ou de metal destinada a protexer o tronco humano dos impactos de proxectís de armas de fogo.
-
Especie de chaleco que permite flotar sobre a auga, feito xeralmente de lona, que contén no interior pezas paralelepípedas de capoc, cortiza, plástico ou doutros materiais lixeiros, ou pode inflarse con aire, e que se abrocha ao corpo cunha cinta ao pescozo e outra á cintura.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequena caixa que levan, cravada no batente, algunhas embarcacións para poderen gardar pequenos útiles para o uso da tripulación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Andel triangular dunha embarcación que vai colocado na trapela e apoiado na roda de proa, empregado para gardar os víveres da tripulación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai chalecos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio situado en Berlín, construído polos arquitectos Alex Schlutes e Charlotte Frank. Símbolo da Alemaña reunificada, inaugurouse en abril de 2001. No seu patio de entrada está situada a escultura Berlín, de Eduardo Chillida, inaugurada polo chanceler Gerhard Schröder o 25 de outubro de 2000.
-
GALICIA
Xornalista e editor. Despois de fundar o xornal vigués La Oliva, xunto con J. Ramón Fernández en 1856, marchou a La Habana; alí constituíu unha librería e un obradoiro de publicacións. En 1868 fundou, xunto con Francisco de Armas Martínez, a revista El Ateneo. Máis tarde editou os semanarios El moro Muza, D. Juanípero, Juan Palomo e La Legalidad. Amais exerceu como correspondente en Cuba do xornal El Heraldo Gallego de Ourense. Na súa editorial La Propaganda Literaria publicou numerosos libros en galego, entre eles, Follas Novas (1880) de Rosalía de Castro, e Aires da Miña Terra (1880), de Curros Enríquez. Contribuíu, do mesmo xeito, á impresión de Historia de Galicia, de Murguía, e á edición de libros relacionados coa educación, a agricultura e a administración. Unha vez instalado o seu obradoiro en Madrid, tirou do prelo durante catro anos a publicación La Ilustración Gallega y Asturiana, co apoio do seu...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Situada en Silleda, foi construída no s XIII polos señores de Deza. Sufriu o sitio de Berenguel de Landoira en 1320 e pasou a mans do cabido santiagués ata que os señores de Altamira a recuperaron e reclamaron o dereito de sucesión dos Deza. As Revoltas Irmandiñas deixaron pegada na fortaleza e, durante as loitas revolucionarias de 1846, o xeneral Rubín pasou a noite nela. Foi declarado Ben de Interese Cultural en 1994.
-
PERSOEIRO
Físico francés. Foi o primeiro en utilizar o hidróxeno nos aeróstatos. Preparou cos irmáns Robert un globo propulsado por hidróxeno que se elevou nas Tullerías en agosto do 1783. Máis tarde, xunto con N. L. Robert, efectuou a segunda ascensión tripulada, e en 1785 ingresou na Académie des Sciences. En 1787 descubriu a relación entre a temperatura e o volume dun gas, pero non publicou os resultados, e en 1802 Gay-Lussac formulou esta lei (que leva o seu nome) de forma independente. Inventou diversos instrumentos ópticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Novelista francés. Escribiu en colaboración con Émile Erckmann baixo a sinatura Erckmann-Chatrian. Destaca a súa novela histórica Madame Thérèse (1863).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Avogado e político. Iniciou a súa carreira política en 1968. Foi membro da executiva confederal da UGT (1976-1986), da comisión executiva federal do PSOE (1981), secretario xeral do PSOE de Andalucía (1994) e deputado socialista por Cádiz entre 1977 e 1990. Exerceu como ministro de Traballo e Seguridade Social (1986-1990) e impulsou, entre outros, o proxecto da Carta Europea dos Dereitos Sociais Fundamentais dos Traballadores e favoreceu a aprobación da Reforma da Financiación da Seguridade Social e a Lei de Prestacións non Contributivas. Dende o 27 de xullo de 1990 é presidente da Junta de Andalucía, cargo no que foi reelixido en 1994 e 1998. Tamén en 1990 foi nomeado vicepresidente da Asemblea de Rexións de Europa, na que preside a Comisión III, encargada das relacións Norte-Sur.
VER O DETALLE DO TERMO