"BRE" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 949.

  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Fene baixo a advocación de santa Mariña.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sindicato de base, democrático, progresista e independente. Inclúe, entre os seus principios de actuación, a defensa dos intereses sociais, económicos, profesionais e culturais dos labregos galegos; a democracia, como mecanismo de funcionamento interno; a independencia e soberanía propia na toma de decisións; e a autoorganización endóxena dos labregos a todos os niveis. As súas orixes atópanse nos Comités de Axuda á Loita Labrega organizados desde 1970 pola UPG e Cristiáns polo Socialismo, e Comisións Labregas (CC LL) que constituíron o primeiro núcleo en Ribadeo (1973) e reivindicaban a recuperación dos montes veciñais en mancomún e a abolición da cota empresarial da Seguridade Social Agraria. En 1976, despois da súa reorganización, CC LL publicaron un programa en que destacaban medidas coma o fomento do asociacionismo agrario e das cooperativas de produción e a dotación de estradas, auga e electricidade ás parroquias rurais. En 1977 CC LL reorientaron a súa estratexia e produciuse a refundación...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Primeira organización sindical nacionalista galega creada en maio de 1975. Foi apoiada pola Unión do Pobo Galego (UPG) e en 1977 coa unión cos sindicatos integrados na Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), como a Unión dos Traballadores do Ensino en Galicia (UTEG), o Sindicato Galego dos Traballadores do Mar (SGTM), a Unión de Traballadores da Sanidade Galega (USTB) ou a Unión de Traballadores da Banca de Galicia (UTBG), deu lugar á Intersindical Nacional Galega (ING).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Fundador da Acción Socialista Portuguesa (1968), foi elixido deputado en 1969. Exiliado en Francia desde 1970 e vinculado á Segunda Internacional Socialista, fundou o PSP (1972), do cal foi secretario xeral. Volveu a Lisboa en abril de 1974 e foi ministro de Asuntos Exteriores aos primeiros gobernos provisionais despois da revolución. Primeiro ministro (1976-1978, 1983-1985), abandonou a dirección do goberno e a secretaría xeral do PSP para aspirar á presidencia da república, que obtivo en 1986 e renovou en 1991. En 1996, esgotado o termo legal de dous mandatos, abandonou o cargo. Recibiu o Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional en 1995.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Indica que algo está nunha posición superior a outra pero en contacto físico con algo.

    2. Indica que algo está nunha posición superior a outra pero sen contacto físico.

    3. Acerca daquilo que se expresa.

    4. Indica unha localización temporal ou valoración aproximada.

    5. Indica que un movemento se realiza arredor dun punto ou dun eixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Envoltorio de papel ou plástico dobrado que contén un escrito.

    2. Bolsa plana e hermética de papel ou plástico que contén unha materia en po.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Sigrás (Cambre). Presenta un patio á entrada, ao fondo do que se alza o pazo. Realizouse con cantaría de granito e cachotaría e ten planta rectangular. Destaca a fachada cun balcón de ferro forxado. Na parte posterior ten un pequeno xardín cunha fonte e unha horta adicada a árbores froiteiras cun bosque de piñeiros. O conxunto completouse cunha igrexa e cunha zona de labradío que engloba o castro de Sigrás.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe latina que se emprega na formación de palabras co significado de ‘abundancia’, ‘exceso’ ou ‘posición superior’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Existir en abundancia ou en exceso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao son máis agudo do sistema musical, especialmente o dun instrumento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Alimentación superior á necesaria para unha correcta manutención.

    2. Alimentación superior á necesaria para reparar déficits ou perdas de nutrientes e repoñer as calorías consumidas, en que se empregan alimentos que en pouco volume achegan os compoñentes necesarios.

    3. Introdución no cilindro ou nos cilindros dun motor de combustión interna, dunha cantidade de fluído superior á que o motor é capaz de aspirar naturalmente, co fin de alcanzar unha determinada presión de alimentación, que descendeu a causa de determinadas condicións de funcionamento do motor, ou ben co fin de aumentar a potencia por unidade de cilindradas. Nos motores de aviación, a sobrealimentación permite manter a potencia do motor a pesar da diminución da presión atmosférica e a densidade do aire. Nos automóbiles, a sobrealimentación permite obter o máximo de potencia por unidade de cilindrada.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Proporcionar unha sobrealimentación.

    2. Aplicar unha sobrealimentación ao cilindro dun motor de combustión interna.

    3. Producirse unha sobrealimentación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • arco de descarga.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Exceso de carga.

      2. Exceso de carga sobre a carga nominal dunha máquina ou dunha instalación.

      3. Exceso de carga embarcada a bordo dun barco, que chega a facer somerxer a liña de máxima carga.

      4. Carga suplementaria que pode ter que soportar unha estrutura, un aparato ou unha máquina en circunstancias excepcionais e que ha de ser prevista ao calcular a resistencia dos elementos.

    1. Impresión tipográfica de carácter oficial que se fai sobre un selo para aumentar o seu valor, conmemorar un suceso ou modificar o seu uso.

    2. Exceso de carga fiscal, deducida da comparación entre os cocientes dos impostos pagados e os da renda ou ingresos de contribuínte.

    3. Corda coa que se ata a carga das cabalarías ou coa que se asegura cada feixe dunha carga.

    4. Esforzo ou exceso engadido a unha actividade.

    5. Mandatario, no comercio marítimo, que exerce a bordo dun barco as funcións administrativas que lle confiaron o armador ou os propietarios da carga.

    6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargar algo en exceso.

    2. Someter a alguén a un exceso de traballo ou a unha determinada actividade.

    3. Imprimir unha sobrecarga nun selo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Comida que se fai despois da cea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tomar a sobrecea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Taboada baixo a advocación de Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte superior da órbita do ollo e conxunto de pelos que cobren este bordo cunha función protectora.

    VER O DETALLE DO TERMO