"ISM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1586.
-
-
homosexualidade.
-
Movemento que propugna a liberalización das relacións homosexuais. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Propiedade característica de moitos fungos o micelio dos cales non presenta ningunha clase de diferenciación sexual.
-
-
Designación xenérica de infeccións contraídas nun hospital.
-
Tipo de carencia afectiva que afecta a nenos menores de 15 meses privados de forma repentina e prolongada da presenza de súa nai e que non se poden beneficiar dun substituto materno. R. Spitz foi o primeiro en describir este termo (1945).
-
-
-
Movemento cultural que se desenvolveu en Europa ao longo de toda a Idade Moderna e que se caracterizou pola renovoación do home e do seu papel no mundo e polo redescubrimento dos autores clásicos e a aplicación dos seus valores a todos os campos do saber. En 1428, o florentino Leonardo Bruni (1370?-1444) compuxo unha oración fúnebre para Nanni degli Strozzi onde aparecía, nun contexto revelador, a palabra humanitas; a historia e o sentido desta constitúe un dato imprescindible para a comprensión do humanismo renacentista. Humanitas é unha palabra latina traducida do grego φιλανθπωπία, ‘amor á condición humana’ e que foi utilizada por primeira vez por Esquilo (525 a C-456 a C), quen a aplicou á benevolencia de Prometeo cara aos seus homes. Na época helenística e romana era unha calidade desexable nun monarca e que o mesmo san Paulo lle atribuía a Cristo. L. Bruni tomou o termo humanitas de Cicerón (106 a C-43...
-
Corrente de pensamento que colocou o home no centro do seu interese. Algúns dos seus pensadores prescindiron da idea de divindade, ben ao negar a súa existencia, ben ao cuestionar o seu coñecemento mentres que a gran maioría fomentaron un humanismo en que non se excluía a existencia da divindade nin as súas relacións co ser humano.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Actitude humanitaria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
humorismo.
-
-
-
Actitude de quen ve o lado cómico e irónico das cousas.
-
Estilo literario, gráfico ou artístico en xeral, que interpreta a realidade nos seus límites cómicos, absurdos ou incongruentes. Aínda que primitivamente buscaba a esaxeración dos defectos físicos e as situacións grotescas, despois analizou os costumes sociais. Foi moi empregado no periodismo como instrumento de penetración política. A súa manifestación plástica denomínase comunmente caricatura. No mundo cultural británico, Francia e Alemaña deu lugar, entre outros, a personaxes como Picwick, Tartuf e Falstaff.
-
-
Doutrina médica sen valor científico, segundo a que todas as enfermidades son o resultado das alteracións dos humores do organismo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina dos seguidores de Jan Hus.
-
-
Estudio da cultura dos pobos iberos.
-
Doutrina que postula a unión política das diferentes nacionalidades da Península Ibérica.
-
-
-
-
idealismo platónico/realista
Doutrina de Platón que atribúe ás ideas, modelos perfectos e divinos, unha existencia en si mesma. Considera, ademais, que os obxectos do mundo sensible son meras copias das ideas.
-
Tendencia ou principio fundamental da interpretación filosófica que asigna ás ideas, ao ideal e ao espírito, unha posición dominante no conxunto do ser e reduce a existencia ao pensamento. O seu punto de partida e reflexión é a consciencia e o eu, polo que comporta unha forte carga epistemolóxica que leva consigo unha formulación metafísica que transforma o enunciado “só se o ser é dado á consciencia é posible o coñecemento”, en “o ser é a determinación da consciencia”. O termo idealismo comezou a empregarse a finais do s XVII para designar tanto as doutrinas de R. Descartes e J. Locke, que lle daban un estatuto subxectivo ás ideas, como ás posicións de G. Berkeley, que reducían toda a realidade obxectiva a ideas, no sentido de contidos subxectivos da consciencia. I. Kant criticou esta actitude, á que lle deu o nome de idealismo subxectivo, e contrapúxoa á súa teoría epistemolóxica, o idealismo transcendental, doutrina que considera a realidade do mundo como a das nosas ideas, formadas...
-
idealismo alemán
Nome co que é coñecido o conxunto de pensadores que marcaron a pauta na filosofía alemá entre 1790 e 1850, e que teñen como precedente a I. Kant. Entre os seus compoñentes destacaron I. H. von Fichte, F. W. J. von Schelling e G. W. F. Hegel.
-
idealismo platónico/realista
-
-
Tendencia a idealizar a realidade.
-
Tendencia a comportarse máis por ideais que por consideracións prácticas.
-
Tendencia que afirma que a finalidade da arte é reflectir as esencias ou perfeccións arquetípicas. A arte ten que crear un mundo ideal e non repetir a realidade continxente. En consecuencia, o idealismo subliña o valor cognoscitivo da experiencia artística, e oponse á tendencia da imitación.
-
Doutrina moral segundo a que o home ten que obrar por un ideal, que afirma a liberdade contra a necesidade moral e que comporta a aceptación duns principios morais, segundo unha escala de valores, en que o universal destaca sobre o particular. Oponse ao pragmatismo e ao oportunismo.
-
-
-
-
idiocia.
-
Trazo lingüístico característico dunha lingua.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina política que defende unha sociedade caracterizada polo reparto igualitario da riqueza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de integración lingüística, literaria e política que xurdiu na segunda metade do s XIX en Croacia, da man dos eslavos do S (croatas, eslovenos, serbios de Vojvodina e eslavos de Bosnia-Herzegovina) dominados polo Imperio Austro-húngaro. A súa intención era a de crear unha nacionalidade común que integrase os eslavos da antiga Iliria. Constituíu o precedente da creación de Iugoslavia trala Primeira Guerra Mundial (1914-1918).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia política que propugna o illamento dun país respecto dos compromisos políticos internacionais. O termo isolationism, foi cuñado en EE UU e tiña por obxecto manter a nación lonxe dos conflitos nacionalistas das potencias europeas. A doutrina Monroe (1823) significou un novo paso na aplicación deste principio, observado estritamente despois da Guerra de Secesión (1861-1865) ata a Primeira Guerra Mundial. A internacionalización en todos os campos (político, económico, militar) fixo inviable esta práctica, que apenas se levou a cabo a causa de circunstancias excepcionais, e aínda así parcialmente, en países como Albania.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina e movemento cristián, difundido principalmente na Península Ibérica, que sitúa a experiencia mística relixiosa por diante de calquera outro criterio de verdade. Construído sobre unha mística neoplatónica e cunha manifesta simpatía por todo o que supuxese unha redución da liturxia e da pregaria oficiais, o iluminismo consideraba a fe como experiencia mística, á que se chegaba por contemplación ou abandono, totalmente oposto a calquera clase de voluntarismo. A Inquisición de Toledo condenou, nun edicto de 1525, os seus principais dogmatizadores, Pedro Ruiz de Alcaraz, Isabel de la Cruz e Gaspar de Bedoya. Acusábaselles de heréticos e atribuíanselles toda clase de desordes sexuais. O iluminismo mantívose activo ata 1559, data da Censura de Melchor Cano aos Comentarios do arcebispo Carranza, acusado tamén de iluminista. Os principais centros de difusión do movemento, que se estendeu sobre todo entre conversos, foron Guadalajara, Toledo, Llerena e Sevilla e, nun segundo...
-
-
Arte de producir fenómenos que, aparentemente, contradín as leis naturais. Utilízanse, xunto coa habilidade manual, cartas e material especialmente preparado.
-
trompe-l’oeil.
-
Doutrina que limita ao fenómeno, considerado como un simple estado da propia consciencia, a certeza do coñecemento.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento poético angloestadounidense. Naceu como reacción contra as tradicións románticas e afastouse da literatura clasicista vitoriana. E. Pound foi o autor da primeira antoloxía (1914), aínda que a que se considera máis importante é a de A. Lowell (1917), na que se inclúe un prólogo que se define como o manifesto do grupo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia dun estado á constitución e mantemento dun imperio por medio da dominación territorial e a implantación económica e política. Referido nun principio á expansión territorial, o termo foi aplicado, co inicio da industrialización, á política económica expansionista. No s XIX o imperialismo manifestouse nos países europeos cun rigoroso sistema proteccionista nas colonias, que garantía o progreso da produción. No período de entreguerras estendeuse a oposición ao imperialismo nas sociedades colonizadas a través dos movementos nacionalistas, que foron logrando a independencia dos seus estados trala Segunda Guerra Mundial.
-
-
Calidade de impersoal.
-
Doutrina que nega, destrúe ou descoñece o valor da personalidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Corrente estética iniciada e desenvolvida, sobre todo, en Francia no derradeiro cuarto do s XIX. Os impresionistas agudizaron a busca da realidade e pintaron os mesmos temas cotiás do realismo, pero in situ, e moi a miúdo nunha soa e rápida sesión. Ademais, non buscaban, como os realistas, a mellora social nin mostrar a fealdade e a vulgaridade. Interesados en captar a impresión visual inmediata, conseguiron visións fugaces, desfacendo a diferenciación convencional entre o esbozo e a obra definitiva, revolucionaron os encadres e romperon a simetría tradicional. Inspirados nas teorías científicas de Chevreul, intentaban representar a luz actuando sobre as cores, con pinceladas breves de cores puras que se mesturaban no ollo do espectador. O inicio oficial do impresionismo tivo lugar o 15 de abril de 1874 coa inauguración da primeira exposición da Société Anonyme Coopérative des Artistes Peintres, Sculpteurs, Graveurs, da que formaban parte E. Degas, J. B. A. Guillaumin, C. Monet,...