"RAM" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1337.
-
PERSOEIRO
Economista e publicista escocés. Iniciador da historiografía económica, ademáis das súas edicións de obras de A. Smith e de D. Ricardo, publicou un dos primeiros estudios do pensamento económico, Discourse on the Rise, Progress, Peculiar Objects and Importance of Political Economy (1824) e tamén a obra bibliográfica exhaustiva Literature of Political Economy (1845).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e ensaísta venezolano. Doutor en Ciencias Políticas e Sociais, preside a Biblioteca Ayacucho, un ambicioso proxecto editorial en que se recolle unha selección de textos desde a época precolombina ata a actualidade. Interesado pola produción literaria do seu país, publicou os estudios La nueva poesía venezolana (1959) e Vida y letra en el tiempo (1988). Ademais, é autor de numerosos libros de poemas, como Edad de la esperanza (1947), Los caminos del hombre (1958) e Oficio de la palabra (1989). Foi galardoado co Premio Boscán (1953), co Premio Internacional Simón Bolívar (1957) e co Premio Nacional de Literatura de Venezuela (1961).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Cerceda baixo a advocación de santo André.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de peixes, da familia dos gádidos, duns 70 cm de longo, que se caracteriza polo feito de ter unha mancha negra no medio de cada costado e ser semellante ao bacallau. É abundante ao N do océano Atlántico, onde vive a moita profundidade.
-
PERSOEIRO
Arqueólogo e historiador da arte. En 1916 foi nomeado director do Museo Arqueológico Nacional. Catedrático de Arqueoloxía da Universidad Complutense de Madrid desde 1912, dirixiu as escavacións de Numancia e Mérida. Escribiu monografías e artigos sobre arqueoloxía e historia da arte. Publicou El sortilegio de Karnak (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de mellorar.
-
-
-
Obra teatral en que se asocian intimamente texto e música. Apareceu a mediados do s XVIII, e consistía na declamación do texto sobre un fondo musical instrumental. A obra máis característica deste xénero é Pygmalion (1762), de Jean-Jacques Rousseau.
-
Primitiva ópera italiana do s XVII.
-
-
Situación esaxerada ou falsamente patética.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao melodrama.
-
GALICIA
Filólogo e historiador. Doutorouse en Filosofía e Letras na Universidad de Madrid (1893), onde foi discípulo do profesor M. Menéndez Pelayo. Catedrático de Filoloxía Románica (1899-1939) na Universidad de Madrid, consagrouse ao estudo da épica medieval e emprendeu a investigación rigorosa das crónicas medievais, ademais de interesarse polos aspectos sincrónicos da lingua e da dialectoloxía. En 1901 foi elixido membro da Real Academia Española, que presidiu nos períodos 1925-1939 e 1947-1968. A partir de 1910 dirixiu o Instituto de Estudios Históricos e, en 1914 fundou a Revista de Filología Española. Durante a Guerra Civil refuxiouse en Cuba e Nova York, e ao seu regreso iniciou a publicación de Historia de España (1947), que dirixiu, e na que colaboraron máis de 250 especialistas españois e estranxeiros. A súa grande obra Cantar de Mio Cid (1908-1912), en tres volumes, contén o texto paleográfico e crítico do manuscristo da xesta e constitúe un estudo capital da lingua castelá da época,...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Espía, fillo de Caridad de Río Hernández. Foi axente do Narodnij Komissariat Vnutrennikh Del (NKVD), baixo o nome de Jacques Mornard, e conseguiu gañar a confianza de Lev Trockij, a quen asasinou en México o 20 de agosto de 1940. Foi xulgado e condenado a 20 anos de reclusión. Ao liberalo en 1960, residiu en URSS e posteriormente en Cuba.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro programa de voos espaciais tripulados de EE UU, levado a termo baixo a dirección da NASA, que tivo por finalidade experimentar a capacidade humana de adaptación á ingravitación e ao mesmo tempo iniciarse na tecnoloxía necesaria para as misións tripuladas posteriores de máis alcance. En conxunto efectuáronse varios voos, seis tripulados, dos que dous foron suborbitais, e os outros catro, orbitais. O programa comezou en 1958 e o primeiro voo suborbital tripulado por un ser humano tivo lugar en 1961, pilotado por Alan B. Shepard. En 1962 John H. Glenn fixo órbitas por primeira vez ao redor da Terra. O último dos seus voos tripulados acabou en 1963, e deu paso ao programa Gemini.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Madrid 19.02.1803 - 30.03.1882) Escritor. Iniciouse no campo da dramaturxia refundindo textos doutros autores, como Tirso de Molina ou Lope de Vega. Froito dese traballo foi a peza La señora de protección (1828). Colaborador da Revista española, especializouse na publicación de artigos costumistas co pseudónimo de El Curioso Parlante e fundou (1836) e dirixiu o Semanario pintoresco español. Influído por F. de Quevedo e R. de la Cruz, opúxose ao interese pola política do seu tempo e foi o promotor do costumismo español. No apartado sociopolítico foi deputado (1858) e cronista de Madrid (1864). Reflectiu de maneira maxistral escenas típicas do Madrid do s XIX, algunhas delas descritas en Manual de Madrid. Descripción de la Corte y de la Villa (1832). Da súa obra destacan fundamentalmente os seus artigos, recollidos en tres volumes, Panorama matritense (1835), Escenas matritenses (1842) e Tipos y caracteres (1862). Tamén publicou Recuerdos de viaje por Francia y Bélgica en 1840 y 1841 (1841),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica parecida ao do moldeado por vía seca, que se utiliza na produción de pezas metálicas. Baséase na compresión do metal en po dentro dunha matriz e posteriormente trátase tecnicamente a peza así moldeada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia descrita por Justin-Besaçon en 1964 que actúa como antiemético e acelera o tránsito intestinal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Madrid 1809 - València 1865) Relixiosa. Fundou a congregación de monxas adoratrices ou escravas do Santísimo Sacramento e da Caridade. A súa festividade celébrase o 29 de setembro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Unidade de masa equivalente a 10-6 g.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fórmula citolóxica que expresa a proporción porcentual das células que integran a medula ósea. A serie vermella constitúe o 20%, a serie branca o 70% e a serie retículo-endotelial e outras o 10% restante.
-
GALICIA
Entallador. Traballou no Hospital Real, na capela de santa Catarina e na caixa dun órgano da catedral de Santiago de Compostela. Tamén realizou un retablo para a capela de Santa Mariña Dozo de Cambados e unhas reixas de madeira para unha das capelas de Santa María a Maior de Pontevedra.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Filóloga e política. Foi alcaldesa de Ares (1983-1987), deputada ao Parlamento de Galicia (1989-1993), membro da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG-PSOE (1987-1994) e secretaria de Movementos Sociais e Participación Cidadá (1988-1995). Foi asesora na delegación social española no Parlamento Europeo (1995-1999) e deputada europea desde 1999.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte. Estableceuse en Barcelona en 1944 e especializouse na pintura hispánica do Renacemento, en Josep de Ribera, Francisco de Goya e Pablo R. Picasso. En 1985 dirixiu unha Historia Universal del Arte.
VER O DETALLE DO TERMO