"URA" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1529.
-
VER O DETALLE DO TERMO
galadura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada no verán de 1992 en Santiago de Compostela. Editada por Alveiro SL, estaba dirixida por Antón Rozas Caeiro. Todos os seus artigos estaban escritos en castelán e ían acompañados da súa correspondente tradución ao inglés. Incluíu información sobre a arte e a arquitectura de Galicia, referencias a museos e pintores, ademais de datos sobre gastronomía e actividades de ocio en Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de carácter literario editada en Ourense a partir de 1889. Fundouna e dirixiuna Xoán Neira Cancela.
-
-
Parte do tronco dunha árbore onde se dividen as ramas.
-
Bifurcación dunha rama.
-
-
PERSOEIRO
Pintora. Formouse con María Corredoyra. As súas obras, realizadas ao óleo, caracterízanse polo realismo e pola experimentación da perspectiva, a cor e os elementos pitóricos. Cultiva a paisaxe, o bodegón e as escenas de interior inspiradas no mundo galego. Realizou exposicións en Galicia e Catalunya e participou, entre outras mostras colectivas, na Semana da Galiza no Gran Casino de Estoril (1981) e no Salón de Arte Contemporánea dos Países Celtas no Festival Interceltique de Lorient (1992). A súa obra está, entre outras coleccións, no Museo de Pontevedra e no Museo das Mariñas de Betanzos.
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión do N de Sardeña, Italia, (2.143 km2). Está aberta ao mar e posúe unhas costas moi articuladas. A súa agricultura baséase no cultivo de uvas e na cortiza, xa que non é unha zona moi fértil. O seu gando é ovino e bovino. Olbia é a cidade máis importante.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación de carácter cultural creada en 1964 por universitarios en Santiago de Compostela co obxectivo de potenciar a cultura galega, e no caso do teatro a creación dramática e a realización teatral. Foi responsable da convocatoria do Concurso Castelao de Teatro Galego en 1964, 1965 e 1966, e doutras iniciativas como a Agrupación Dramática Galega, que dirixía Rodolfo López-Veiga.
-
PERSOEIRO
Político. Militou no Partido Conservador e no ano 1922 foi nomeado director xeral de prisións. Deputado desde 1914, representou o distrito do Carballiño entre 1918-1923.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Carpinteiro. De nome Luís Costa García, foi membro das Juventudes Libertarias. En xullo de 1937 foi detido e condenado a morte, pena conmutada por cadea perpetua. Liberado en 1943, colaborou na clandestinidade co Comité da CNT galaica e nos contactos co Partido Galeguista para conformar a Alianza Nacional de Fuerzas Democráticas, ata a súa detención en 1946. Logo de pasar tres anos na cadea, conseguiu fugarse e pasar a Francia. A partir dos anos cincuenta residiu en Australia, Uruguay e nos EE UU. Das súas obras destacan Pola Liberdade: a loita antifranquista de Luís Costa (2001, primeira edición en castelán 1956); Bibliografía de la Guerra Civil española: 1936-1939 (1964) e La Guerra Civil española. Fuentes (1985).
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pintora e mestra. Formouse coa pintora compostelá María Jesús Reboredo. Traballa ao óleo, carbón e pastel. Cultiva unha pintura realista, cunha certa influencia impresionista, na que reflicte escenas da vida cotiá e paisaxes.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico e xornalista. Foi redactor de El Liberal Coruñés e de La Mañana (1896), e colaborador do Diario de Avisos. Sucedeu a Marcelino Dafonte na dirección de La Voz de Galicia. Foi correspondente da Real Academia Galega e escribiu Historia de la Guerra de la Independencia en Galicia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? - Lorca 1150) Rei de Navarra (1134-1150), bisneto de García IV. De nome García Ramírez, foi recoñecido como rei trala morte de Afonso I de Aragón. Nun principio para preservar a súa independencia fronte a Aragón prestou vasalaxe ao rei castelán Afonso VII, a quen cedeu Zaragoza (1135). Enfrontado co monarca castelán por cuestións fronteirizas, tivo que facer fronte ao ataque conxunto de Afonso VII e Ramiro II, que se repartiran Navarra no Tratado de Carrión (1140). Tralas Treguas de San Esteban de Gormaz (1146), asinou a paz con ambos monarcas e participou xunto a Afonso VII na conquista de Almería.
-
GALICIA
Deseñadora e pintora. Coñecida como Nena Ventura, a súa obra foi seleccionada polo Instituto de Comercio Exterior para participar no pavillón español de Frankfurt 90.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de servicios enerxéticos que centrou a súa actividade no aprovisionamento, comercialización e distribución de gas natural en España e Latinoamérica. Creouse en 1991 coa fusión de Catalana de Gas, Gas Madrid e os activos de gas canalizado de Repsol Butano. Posteriormente adquiriu ENAGAS e en 1992 iniciou a actividade en Arxentina. En 1996 entrou en funcionamento o gasoduto Magreb-Europa que conectou a Península Ibérica cos xacementos africanos e impulsou a extensión do gas natural polo resto de España. En 1997 a compañía iniciou a súa actividade en Brasil, Colombia e México.
-
PERSOEIRO
Pintor croata. Coñecido como Giulio Clovio, traballou en Italia. Cultivou a miniatura e inspirouse en modelos de Michelangelo Buonarroti e Rafaello Sanzio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cronista oficial da corte portuguesa. Exerceu o seu labor durante o reinado de Afonso V e escribiu a terceira parte da Crónica de D. João I (1450), tamén titulada Crónica da tomada de Ceuta, obra iniciada por Fernão Lopes. Ademais compuxo diversas crónicas de persoeiros nobres.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de gordo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de gradar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de coloración descrita por H. C. J. Gram, que se emprega para diferenciar distintos tipos de bacterias. Baséase na diferente afinidade aos colorantes básicos das bacterias. En primeiro lugar fíxanse as mostras bacterianas por medio de calor, tínxense cunha solución de colorante básico (violeta cristal) e despois retírase con auga; a continuación colócanse nunha solución iódica, faise outro lavado con auga e despois trátanse con alcohol-acetona (un decolorante), e finalmente contratínxense cun colorante vermello. As bacterias Gram-positivas conservan a cor do primeiro colorante e aparecen de cor azul escura ou violeta, mentres que as Gram--negativas se tinxen co segundo colorante e aparecen con cor vermella. O distinto comportamento das bacterias Gram--positivas e Gram-negativas atribúese á distinta estrutura química dos peptidoglicanos que constitúen as paredes bacterianas. A clasificación das bacterias patóxenas en Gram-positivas e Gram-negativas é de grande importancia clínica,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de gramar.