"car" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3676.
-
-
Relativo ao carbono ou que contén carbono.
-
-
Relativo ao dióxido de carbono ou que contén dióxido de carbono.
-
ácido carbónico [H 2 CO 3 ]
Ácido que resulta da combinación do dióxido de carbono con auga. Compórtase como un ácido débil con dúas etapas de disociación que corresponden a dúas series de sales, os hidroxenocarbonatos ou carbonatos ácidos como o bicarbonato de sodio e os carbonatos neutros como o carbonato de sodio.
-
anhídrido carbónico/gas carbónico
Dióxido de carbono.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cuarto período xeolóxico do Paleozoico (ou Era Primaria) que vai desde o Devoniano ata o Permiano, e abrangue as idades comprendidas entre os 360 e os 286 Ma. Caracterízase polo desenvolvemento da oroxenia herciniana e polo grande incremento da flora terrestre que tivo como consecuencia a formación de grandes depósitos de carbón. Apareceron neste período os seres de respiración pulmonar, representados por anfibios estegocéfalos. Son abundantes nesta época os cefalópodos e os braquiópodos; os artrópodos evolucionaron en terra firme favorecidos polo clima cálido e a vexetación exuberante.
-
-
Que contén carbón.
-
Relativo ou pertencente ao Carbonífero.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
+ ación)
-
-
Ión derivado dun carbonilo.
-
Ión derivado dun carbonilo metálico. Os anións carbonilato obtéñense cando se trata un carbonilo con hidróxidos alcalinos ou con bases de Lewis, ou ao romper con sodio o enlace metal-metal dun carbono binuclear. Tamén se obteñen catións carbonilato cando se tratan os haluros dos carbonilos metálicos con determinados ácidos de Lewis. Reaccionan cos haluros orgánicos e cos inorgánicos e engaden o radical unido ao halóxeno; esta reacción é importante en química preparativa, especialmente cando o radical é un ión metálico, xa que permite obter compostos con enlaces metal-metal.
-
-
-
Radical bivalente positivo >C=O, que pode considerarse como derivado do ácido carbónico por perda de dous grupos OH. O cloruro de carbonilo, COCl 2 , é o fosxeno, e a amida, CO(NH 2 ) 2 , é a urea. En todos os compostos de carbonilo, COX 2 , a distancia C-O é máis longa ca a do dobre enlace C=O, e a distancia C-X, máis curta ca a correspondente a un enlace simple; polo tanto, cómpre considerar estes compostos como híbridos de resonancia.
-
Nome que recibe o monóxido de carbono, segundo a nomenclatura sistemática, cando forma parte dun complexo como ligando.
-
Grupo de fórmula >C=O, característico dos aldehidos e das cetonas. O dobre enlace carbono-osíxeno do carbonilo ten carácter polar. Isto fai que o grupo carbonilo sexa moi reactivo, susceptible de ataque nucleófilo sobre o átomo de carbono (deficitario de electróns) ou susceptible de ataque electrófilo sobre o átomo de osíxeno, que leva á subseguinte adición dun nucleófilo sobre o carbono.
-
Complexo metálico que contén monóxido de carbono como ligando. A maior parte dos metais de transición forman carbonilos metálicos; nestes, os metais presentan un estado de oxidación moi baixo, a miúdo igual a cero e incluso negativo, estado que lle conferiría ao átomo do metal unha densidade electrónica excesiva, a non ser que o ligando CO aceptase unha parte nos orbitais baleiros que posúe. O enlace resultante adquire, deste xeito, un carácter de dobre enlace. Hai carbonilos polinucleares que conteñen dous ou máis átomos de metal, nos que o ligando CO pode facer de ponte entre eles, ao unirse sempre polo átomo de carbono, pero nos que, ademais, teñen lugar interaccións entre os distintos átomos metálicos, que poden chegar a constituír realmente enlaces directos metal-metal. Os carbonilos metálicos son compostos de interese estrutural; moitos deles teñen importancia no eido industrial, principalmente na preparación técnica de metais en estado de gran pureza e na catalización de reaccións...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cementación dos metais ferrosos con carbono e nitróxeno. Este tratamento prodúcese nunha atmosfera de monóxido de carbono, amoníaco e hidrocarburos (polo xeral, propano e butano) a alta temperatura (700-875°C). Os aceiros carbonitrurados, de gran dureza, utilízanse para engrenaxes, parafusos sen fin, etc.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Efectuar unha carbonitruración.
-
-
Acción e efecto de carbonizar ou de carbonizarse.
-
Operación pola que se trata a madeira con lume para que a capa carbonizada a protexa contra a humidade e os insectos.
-
-
Operación destinada a reducir a materia orgánica a carbón ou ben a aumentar o contido de carbono dun material parcialmente carbonizado. Realízase por destilación seca, por combustión completa ou, nalgúns casos, polo ataque de reactivos químicos deshidratantes.
-
carbonización da madeira
Proceso de descomposición térmica da madeira polo que se reduce a carbón vexetal, por medio do quentamento da mesma sen contacto co aire. A pouco máis de 100°C empezan a producirse descomposicións, que van cambiando de natureza coa temperatura ata que, arredor dos 270°C, as reaccións exotérmicas predominan e permiten chegar á carbonización completa, sen a necesidade dun abastecemento posterior de enerxía. O procedemento máis antigo para carbonizar a madeira é o da carboeira. Non obstante, hai outros métodos como os dos fornos de carbonización continua e a destilación seca da madeira, nos que se aproveitan tamén os gases que se desprenden do proceso.
-
carbonización da hulla
coquización.
-
-
Operación á que se someten os tecidos de la para a eliminación das impurezas vexetais que poden ter entre as súas fibras. Consiste en somerxer os tecidos nun baño ácido (de ácido sulfúrico ou clorhídrico) que transforma a celulosa dos residuos vexetais en hidrocelulosa. Esta hidrocelulosa convértese en carbón e despois elimínase por batedura. Por último, o tecido sométese a un baño neutralizador de solución de carbonato sódico.
-
Proceso de transformación da materia orgánica vexetal en carbón de pedra. A acumulación de restos vexetais efectúase en concas continentais e mariñas. A carbonización prodúcese despois desta fase de sedimentación e caracterízase esencialmente por un enriquecemento en carbono e unha perda de osíxeno. Pódense distinguir dúas etapas: primeira, un estadio de carbonización bioquímica, e segunda, unha de carbonización xeoquímica. Na primeira etapa, un conxunto de reaccións anaeróbicas en augas quietas e en presenza dunha flora bacteriana abundante produce desprendemento de dióxido de carbono nos tecidos vexetais e chega a formar turbeiras. Na segunda etapa, continúa a transformación a través de procesos químicos e metamórficos como a compactación e a litificación, a perda de auga e de compoñentes volátiles, etc. As turbeiras transfórmanse, así, en lignitos, carbóns e antracitas.
-
-
-
Que carboniza.
-
Aparello destinado a efectuar unha carbonización que pode ser de diversos tipos, como fornos, retortas ou simples campás portátiles con regulación do paso de aire que substitúen as carboeiras.
-
-
-
Transformar un corpo orgánico en carbón.
-
Queimar algunha cousa na súa totalidade.
-
Someter os tecidos de la ao proceso de carbonización.
-
Transformarse en carbón algunha cousa.
-
Queimarse algo por completo.
-
-
-
Elemento non metálico pertencente ao grupo IV da táboa periódica, de peso atómico 12,011 e número atómico 6. O carbono terrestre componse dos núclidos 12 (98,9%) e 13 (1,1%), e do gas carbónico atmosférico (CO 2 ); contén, ademais, unha pequena pero constante porcentaxe de carbono 14 (isótopo radioactivo). Este núclido radiactivo natural ten unha vida media de 5.580 anos. Fórmase continuamente na atmosfera pola acción dos neutróns que proveñen dos raios cósmicos sobre o nitróxeno: 14 7 N+ 1 0 n → 14 6 C+ 1 1 p, e a súa desintegración prodúcese segundo a reacción: 14 6 C → 14 7 N+ -0 1 e. Ademais, como as reaccións se producen á mesma velocidade, a proporción de carbono 14, dentro do dióxido de carbono atmosférico, mantense constante. As plantas absorben por fotosíntese o gas carbónico atmosférico; polo...
-
Técnica de análise realizada sobre mostras de coláxeno humano para estudar a dieta alimenticia e mostrar a importancia relativa que o consumo cárnico ou de vexetais tiña nos grupos humanos prehistóricos. O fundamento deste procedemento analítico é o diferente contido que os animais e plantas consumidos teñen do isótopo carbono 13, que queda fixado no coláxeno humano.
-
Método de datación absoluta baseado na radioactividade atómica do carbono proposto por W. Libby (1950) que permitiu datar a morte dos seres vivos e obter, por vez primeira, datas absolutas válidas para determinados períodos da Prehistoria, o que facilitou unha mellor valoración da cronoloxía prehistórica. As datacións do carbono 14, sen embargo, teñen un límite temporal situado ao redor de 40.000/50.000 BP (Musteriense) debido a que para datas maiores a proporción de radiación adoita ser demasiado pequena para ser medida con fiabilidade. Este método resulta especialmente útil desde o Paleolítico superior ata o Bronce ou Ferro, xa que a partir desas épocas os sistemas tradicionais de datación histórica son, polo xeral, máis precisos ca o carbono 14. Utilízase tamén para materiais posteriores, procedentes de territorios xeralmente non europeos, que non teñen posibilidades cronolóxicas derivadas dos métodos arqueolóxicos. Os laboratorios proporcionan a data media Before Present (BP...
-
Átomo de carbono enlazado a catro átomos ou grupos diferentes. Un átomo de carbono asimétrico confire unha disimetría á molécula que o contén e, como consecuencia, esta molécula presenta actividade óptica. A distribución diferente dos catro substituíntes do carbono asimétrico (formando dúas moléculas con configuracións que teñan a mesma relación que hai entre un obxecto e a súa imaxe nun espello) dá lugar á existencia de dous isómeros opticamente activos.
-
-
Conxunto de estadios polos que pasa o carbono ao longo do proceso pechado ao que se somete pola acción dos seres vivos. A significación biolóxica deste ciclo é moi importante, xa que sinala, en liñas xerais, os sistemas de aproveitamento da enerxía por parte da biosfera, enerxía que conteñen os compostos máis ou menos reducidos de carbono, así como a súa utilización como material constitutivo dos seres vivos. O carbono, procedente do dióxido de carbono do aire, da auga ou do bicarbonato da auga, entra nos seres vivos autotróficos (produtores primarios) grazas a reaccións de síntese (fotosíntese, quimiosíntese). Os mesmos organismos oxidan unha boa parte da materia orgánica sintetizada. Do resto, unha parte libérase ao medio e a outra vólvese constitutiva do organismo sintetizador e adoita incorporarse aos organismos heterotróficos. Finalmente, toda a materia mineralízase ben en vida dos organismos que a absorberan ou grazas á actividade de axentes como bacterias ou fungos, entre outros,...
-
Conxunto de procesos bioquímicos realizados polos organismos fotosintéticos durante a fase escura da fotosíntese, na que o carbono inorgánico en forma de CO 2 pasa a formar parte de diversos glícidos por redución.
-
-
Gas incoloro que ten un olor picante e sabor ácido, bastante soluble en auga, produto da combustión do carbón e da materia orgánica en exceso de osíxeno, descuberto por J. B. van Helmont (1630) e analizado por A. L. Lavoisier (1783). Está presente na atmosfera, nunha proporción sensiblemente constante do 0,03% en volume, malia as transformacións ás que se ve sometido, como a fotosíntese e a respiración. Localízase nos gases volcánicos, en mesturas gasosas de minas de hulla e disolto a presión en numerosas augas minerais, das que se desprende cando chega ao aire libre. Obtense industrialmente como subprodutor en diversas industrias: síntese do amoníaco, fermentación alcohólica dos azucres, fabricación do cal e dos cementos, etc; sepárase dos gases cos que está mesturado por disolución en auga a presión e despois descomprímese a solución. No laboratorio pódese producir por descomposición térmica do bicarbonato de sodio: 2NaHCO 3 →Na 2 CO 3 +H 2...
-
Líquido inflamable de olor etéreo; o produto comercial ten un olor desagradable a causa da presenza de impurezas sulfuradas. Descuberto por Lampadius en 1796, obtense actualmente por síntese directa como consecuencia da acción do vapor de xofre sobre coque: C+S 2 → CS 2 (?H=-50kJ). Ferve a 46,5°C, o seu punto de inflamación é -30°C e forma co aire mesturas detonantes. Úsase na vulcanización do caucho en frío, na manufactura do raión, do celofán, do tetracloruro de carbono, como axente de flotación e tamén como disolvente de graxas, resinas e gomas.
-
Filamentos de carbono que se utilizan na fabricación de materiais compostos, co fin de darlles lixeireza ademais de rixidez e resistencia. As fibras de carbono obtéñense mediante o quentamento dos filamentos dun material que contén carbono ata que desaparecen todos os elementos agás el, momento en que se embebe nunha matriz de resinas. Fabrícanse, polo xeral, a partir de fibras celulósicas ou de fibras acrílicas, mesmo de brea de hulla ou de polímeros termicamente estables. Polas propiedades térmicas, mecánicas e de fricción que presentan, ademais da súa baixa densidade, utilízanse especialmente na industria aeronáutica, na automobilística e na fabricación de artigos deportivos.
-
...
-
-
-
Que contén carbón.
-
Que é semellante ao carbón.
-
-
-
Composto constituído por boro, carbono e hidróxeno no que os átomos de boro e os de carbono forman unha unidade estrutural poliédrica, que se pode considerar derivada dun hidruro de boro, por substitución dun grupo BH - por un CH. Os carboranos prepáranse por reacción do acetileno (ou dos acetilenos substituídos) con hidruros de boro, mediante o uso de catalizadores básicos ou da descarga eléctrica silente.
-
Cada un dos tres isómeros do carbono do dicarbadodecaborano B 10 C 2 H 12 , nos que os átomos de boro e de carbono se colocan en forma de estrutura icosaédrica. O isómero orto- ou carborano normal é o máis coñecido dos tres; o isómero meta- ou neocarborano e o isómero para- obtéñense por reordenación térmica do primeiro. O núcleo destes carboranos resiste fronte ao ataque dos ácidos, dos álcalis e dos oxidantes, e unicamente orixina reaccións de substitución de átomos de hidróxeno no ataque con cloro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abrasivo artificial constituído por carburo de silicio que se fabrica ao quentar unha mestura de coque pulverizado e area silícica a unha temperatura de 2.000°C nun forno eléctrico. Ten unha dureza entre 9 e 10 na escala de Mohs. OBS: Tamén se coñece como carborundum.
-
VER O DETALLE DO TERMO
+ amida)
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mestura de osíxeno (95%) e de anhídrido carbónico (5%). É un estimulante enérxico da función respiratoria.
-
VER O DETALLE DO TERMO
+ osí(xeno) + hemoglobina)
-
VER O DETALLE DO TERMO
Introdución dun ou máis grupos carboxilo nunha molécula orgánica.