"qu" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4475.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural do Carballiño. As súas armas levan, en campo de azul, unha boqueira. Relaciónanse tamén con esta caste os apelidos Boqueiro e Boquela.
-
-
Burato realizado nas paredes dos prados para que poida pasar a xente, o gando ou a auga que vén dos camiños, polo xeral máis pequeno ca a boqueira.
-
Entrada con forma de oxiva, de máis de medio metro de alto e de ancho, polo que se introducen as pezas de olería para cocelas.
-
-
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de san Vicente, que lle dá nome ao concello de Boqueixón por ser onde se atopan as entidades que foron a capital municipal dende a súa constitución como axuntamento en 1835. A actual capital está na aldea de Forte.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca de Santiago, situado na provincia da Coruña no O da Comunidade Autónoma. Limita ao N cos concellos do Pino (comarca de Arzúa) e Santiago, ao S cos de Silleda (Deza), A Estrada (Tabeirós-Terra de Montes) e Vedra (Santiago), ao L cos de Touro (Arzúa) e Vila de Cruces (Deza) e ao O con Vedra e Santiago. Abrangue unha superficie de 73,2 km 2 cunha poboación de 4.437 h (2007), distribuídos nas parroquias de Boqueixón, Codeso, Donas, Gastrar, A Granxa, Lamas, Ledesma, Lestedo, Loureda, Oural, Pousada, Serguede, Sucira e Vigo. A capital, a aldea de Forte, na parroquia de Boqueixón, está a 42° 48’ 15’’ de latitude N e 8° 25’ de lonxitude O e a unha distancia de 16 km de Santiago de Compostela. Está integrado no partido xudicial de Santiago, na provincia da Coruña e na arquidiocese de Santiago.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O territorio municipal de Boqueixón encádrase dentro do dominio climático oceánico húmido, nunha área de transición entre o do litoral... -
-
Burato que se fai nun muro ou no peche de terreos rústicos para poderen pasar as persoas e animais.
-
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘escopeta’.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘tiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘tirador’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘disparar’.
-
-
Burato que hai ao pé ou mesmo debaixo da boca do forno.
-
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘revólver’.
-
-
DEPARTAMENTOS
Departamento da rexión occidental de Paraguay (91.669 km2; 34.205 h [estim 1998]). A súa capital é Filadelfia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
boquear.
-
-
Peza ou parte extrema dos instrumentos de vento que se introduce na boca e produce o son ao soprar.
-
-
Parte na que remata o cigarro, onde vai o filtro, e pola que normalmente se terma del.
-
Cano de resina, cana ou madeira, que se adapta ao extremo do cigarro ou do pito para fumalo.
-
Parte das pipas de fumar que está en contacto coa boca do fumador ou calquera outra cousa semellante á boquilla do cigarro.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que fai boquillas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica decorativa da cerámica consistente na incisión duns riscos. Recibe tamén o nome de punto en raia. O punzón ou espátula, sen erguerse da pasta e presionado de xeito intermitente, deixa un trazo que presenta no fondo uns furadiños. Así vai quedando unha raia de sección irregular.
-
PERSOEIRO
Duque de Sevilla. Almirante e político, neto de Carlos IV. Home de ideas liberais e afiliado á francmasonería. O 31 de decembro de 1845 publicou un manifesto onde propoñía o seu matrimonio coa Raíña Isabel II. O goberno entregoulle o mando do buque Manzanares e enviouno a Galicia, onde apoiou o levantamento progresista de 1846. Foi desterrado de España o 20 de marzo de 1846 e marchou a Francia e a Inglaterra. Á caída de Isabel II, foi partidario de Espartero. Perdeu a vida nun duelo co conde de Montpensier.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Nobre francés, duque de Enghien. Fillo único do príncipe de Condé, Luís Enrique Xosé de Borbón-Condé. Partiu ao exilio por mor da Revolución Francesa e combateu no exército dos emigrados. Despois da disolución deste exército (1801) retirouse a Ettenheim, gran ducado de Baden, país neutral. Napoleón Bonaparte, sospeitando que conspiraba contra el, fíxoo raptar (violando o dereito internacional), xulgar por un consello de guerra e executar o mesmo día da súa chegada.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Lleida, Catalunya, cabeceira da comarca de Les Garrigues (5.190 h [1996]). A súa base económica é a agricultura, predominando o cultivo das oliveiras, dos cereais e das froiteiras. A gandería céntrase no armentío porcino e nas aves de curral. As actividades industriais redúcense á transformación dos seus produtos agropecuarios, destacando a refinería de aceite e algunha factoría téxtil. É sede dun centro de investigación dos cereais. A autoestrada do Ebro e a estrada de Tarragona a Lleida atravesan o termo. Dependente de Lleida durante a Idade Media e o Antigo Réxime, debeu o seu crecemento ao desenvolvemento da industria aceiteira ao remate do s XIX (o seu aceite, tradicionalmente moi apreciado, posúe Denominación de Orixe dende 1998). Durante a Guerra Civil Española, e despois da batalla do Ebro, as forzas do xeneral republicano Enrique Líster, comunista galego, resistiron na cidade fronte ao asedio do exército nacional ata o 5 de febreiro de 1939; con todo,...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Escultor. Estudiou Deseño e Decoración en Madrid. Nos anos setenta asentouse en Galicia. Foi profesor de Arte na Universidade Laboral de Ourense. Traballa tanto sobre madeira como sobre aceiro, na procura dunha escultura arquitectónica onde os efectos sobre os materiais sinteticen as formas case abstractas dos apeiros de labranza. A influencia de Oteiza ou Chillida reflíctese no tratamento dos espacios interiores e exteriores das súas pezas, moitas veces resoltas seguindo fórmulas industriais. Expuxo na Mostra Atlántico-83 e na Expo-92 de Sevilla.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Filósofo. Destacado idealista británico de inspiración hegeliana, no campo da Lóxica (The Essentials of Logic, 1895), a súa orientación foi máis ben ética, Psychology of Moral Life (Psicoloxía da vida moral, 1897). Colaborou na London Ethical Society e na Charity Organization Society.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Lei que resulta de observar a analoxía entre a definición de relutancia e a lei de Ohm: a forza magnetomotriz Fm dun circuíto magnético é Fm = Rm Φ, onde Rm é a relutancia e Φ o fluxo magnético de Fm.