"AN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

    1. Relativo ou pertencente á cidade de Canopo e aos seus habitantes.

    2. Habitante da cidade de Canopo.

    3. aso funerario exipcio que contén as vísceras embalsamadas dun defunto. A tapa podía ter forma zoomórfica ou antropomórfica. O uso destes vasos é común a todo Exipto desde o 2000 a C. A partir do s XVI a C substitúese na tapa a cabeza coa figura do morto polas dos catro fillos de Horus. Imset, con cabeza humana, contiña o estómago e o intestino groso; Qebašenuef, o falcón, a vesícula viliar e o fígado; Hapi, o babuíno, o intestino delgado; e Duamutef, o chacal, o corazón e os pulmóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estrela de primeira magnitude, α da constelación da Carena, e segunda estrela máis brillante despois de Sirius. Ten unha declinación de 52° 40’ S e un ángulo sidéreo de 264°.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘mentir’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á ave que canta de forma melodiosa e agradable.

    2. Aplícase á voz humana ou, en sentido figurado, á poesía ou á música que resulta harmónica e agradable ao oído.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido orixinado nun topónimo abundancial, formado sobre cana: ‘lugar no que abundan as canas’. Documéntase no s XVIII: “Domingo Canosa” (doc ano 1752 en La Coruña 1752 según las Respuestas Generales del Catastro de Ensenada, p 193). A mesma orixe ten o apelido Canoso, aínda que non se pode descartar a posibilidade de que nalgún caso sexa unha castelanización do adxectivo cano; en tal caso, a súa orixe sería un alcume.

    2. Liñaxe que leva como armas, en campo de prata, un castelo da súa cor, ameado e con cachotería de sable. Outros traen, en campo de prata, unha torre da súa cor, con dúas bandeiras de goles, saíndo polas troneiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa situada no esteiro do río Miño, dividida territorialmente entre as parroquias de San Miguel de Tabagón (concello do Rosal) e Salcidos (concello da Guarda). Formada por depósitos aluviais, a súa superficie varía en función das dinámicas fluvial e mareal. Carece de asentamentos de poboación e aprovéitase con fins gandeiros. Constitúe unha importante área de invernada para as aves migratorias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Realizou estudios de enxeñería de camiños, canais e portos na Coruña. Publicou Bramido maino (1997), A pedra de seixo (1997) e Á espreita na penumbra (1999). Ademais participou en varias obras colectivas como Dezaseis relatos (1995), Rumbo ás illas (1997), O trasno rebuldeiro (1997), Nós (1997) ou Mini-relatos (1999). Recibiu premios en diversos certames literarios, como os da A. C. Xermolos e O Facho, así como dúas mencións especiais no Premio Rúa Nova.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e economista. Estudiou na Escola de Comercio da Coruña, na Escuela Central Superior de Comercio de Madrid e na Universitat de Barcelona. Foi delegado do goberno na Bolsa libre de Barcelona, conselleiro do estado no Banco de España, director xeral de Banca e Bolsa e vicepresidente da delegación do goberno no Banco de Crédito Industrial. Publicou La intervención del Estado en la Bolsa libre e Historia menuda de un pueblo gallego. Exerceu tamén como membro correspondente da Real Academia Galega. Recibiu o Premio Pérez Lugín da asociación da prensa da Coruña en 1950 e a Cruz do Mérito Civil.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘vara do paraugas’.

    2. Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘barba’.

    3. Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘barba’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘barbería’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Termo da xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘barbeiro’.

    2. Termo do verbo dos daordes ou xerga dos telleiros que corresponde á voz ‘barbeiro’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sombreiro de palla de ala recta e coa copa plana e baixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Talo das plantas herbáceas, especialmente a da col e a do toxo.

      1. Talo do millo e doutros cereais que fica na terra tras apañalo.

      2. Parte do tronco dunha árbore que queda unida á raíz ao cortala polo pé.

      1. Eixe central da mazaroca do millo despois de debullala.

      2. Parte central das froitas que non teñen carabuña.

    2. Pedúnculo groso e curto de certas inflorescencias e froitos.

    3. Estado de formación da pluma das aves consistente nunha vaíña pequena e aguda que, chegado o momento, racha e permite o desenvolvementeo da plumaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Talo das plantas herbáceas, especialmente a da col e a do toxo.

      1. Talo do millo e doutros cereais que fica na terra tras apañalo.

      2. Parte do tronco dunha árbore que queda unida á raíz ao cortala polo pé.

      1. Eixe central da mazaroca do millo despois de debullala.

      2. Parte central das froitas que non teñen carabuña.

    2. Pedúnculo groso e curto de certas inflorescencias e froitos.

    3. Estado de formación da pluma das aves consistente nunha vaíña pequena e aguda que, chegado o momento, racha e permite o desenvolvementeo da plumaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte inferior do talo dos cereais que queda na terra despois de apañalo.

    2. Nome que reciben as algas pardas do xénero Laminaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do muíño, consistente nunha caixa en forma de pirámide invertida, aberta por abaixo para que caia o gran que se vai moer.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural dos arredores de Mondoñedo. As súas armas levan, en campo de ouro, tres granadas, ao natural, medio partidas e ben ordenadas. Outra variante trae, en campo de ouro, unha montaña de sinople, cargada dunha flor de lis de prata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ser etéreo que, segundo a tradición popular, habita nos bosques, campos e augas. Provoca pesadelos e feridas de morte aos nenos que están no colo dos seus pais, e delirio aos enfermos. Podería identificarse cun tardo en forma de can.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultor italiano. É un dos máximos representantes da plástica neoclásica. Discípulo de Guiseppe Bernardi, a produción da súa primeira etapa en Venecia continúa a tradición italiana do settecento: Euridice e Orfeo (1773), Dédalo e Ícaro (1778). En 1779, despois dunha viaxe a Nápoles, Herculano, Pompeia e Roma, e influído por Johann Joachim Winckelmann, iniciou o seu período de madurez, dentro xa do neoclasicismo. En 1781 estableceuse en Roma e alí realizou, entre outras obras, Teseo e o Minotauro (1782), os mausoleos dos papas Clemente XIV (1783-1787), na igrexa dos Santos Apóstolos, e de Clemente XIII (1787-1792), en San Pedro, e Amor e Psique (1792?), ademais de exercer o seu maxisterio sobre artistas de diversos países. Durante a invasión francesa, estableceuse en Viena onde realizou na Augustinerkirche o mausoleo de María Cristina (1798). De regreso a Roma, esculpiu Perseo (1801) e Os loitadores (1802). En 1802 Napoleón...

    VER O DETALLE DO TERMO