"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cantiga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Un dos primeiros libros poéticos de Álvaro Cunqueiro (1911-1981) editado, xunto con Poemas do sí e non, en Santiago de Compostela en Ronsel polo alacantino Arturo Cuadrado en 1933. Neste poemario recolle vinte cantigas que o autor declarou ter escrito “en Compostela por Páscoa Frolida do mil novecentos trinta e tres” cando ademais estreaba “nunha primavera feliz, un corazón novo do trinque”. Ao parecer os poemas foron polo menos soñados nunha mesma xornada e levados ao papel en poucos días. O autor sentiuse influenciado polo que denominou “aquel fermosísimo vento da nosa literatura medieval”, un vento que mobilizou a outros escritores da súa época e que estaba en sintonía con importantes edicións dos anos 20 e 30 das cantigas de amor e de amigo, e tamén coas aulas que impartía o catedrático Armando Cotarelo Valledor. A pesar disto, o propio autor renegaba de ser reducido como poeta á categoría de neotrobadoresco, aínda que a súa poesía sempre se considerou fresca e lixeira, desprovista...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación cultural fundada na Coruña o 28 de decembro de 1916. A primeira formación, composta exclusivamente por homes, debutou no teatro Rosalía de Castro da Coruña en 1917 baixo a dirección de Mauricio Farto Parra. Pouco despois o grupo incorporou voces femininas. O seu primeiro presidente foi Eladio Rodríguez González. Composto por unhas 40 voces mixtas, posúe corpo de baile, grupo de gaitas e de percusión, e tamén grupo de teatro. Ao longo da súa historia traballou no labor de recoller, difundir e conservar a cultura galega, tanto no campo da música instrumental como no eido da canción, baile ou escenificación teatral. O seu repertorio musical componse de centos de alalás, foliadas, muiñeiras, alboradas, etc. O seu cadro dramático estivo estreitamente vinculado a Leandro Carré e Galo Salinas. O primeiro foi director do grupo e proporcionoulle pezas da súa autoría para o repertorio; eran pezas costumistas e maiormente cómicas entre as que destacaron Pra vivir ben de casados...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación cultural compostelá fundada en 1921 e impulsada por Salvador Cabeza de León, Camilo Díaz Baliño, Enrique S. Guerra e Bernardo del Río. Representou No quinteiro, de Xesús San Luís Romero, e O Alalá, de Francisco Porto Rey (1922); Axúdate, de Charlón Arias e Sánchez Hermida (1923); A lenda de Montelongo, de Rey Pose e Buhigas Alavarrieta, e Vaites...vaites!, de Frade Giráldez (1924); e Antón de Freixide de Manuel María González (1925). Despois dun parón na súa actividade, achegouse de novo ao teatro trala Guerra Civil. En 1959, R. López Veiga-Ponte asumiu a dirección do grupo, que puxo en escena, entre outras, Unha noite no muíño (1959) e O fidalgo (1967), ambas as dúas de San Luís Romero; Os vellos non deben de namorarse, de Castelao (1961); Catuxa de Houlihan, de W. B. Yeats (1966); A noite vai coma un río, de Cunqueiro (1966); As bágoas do demo, de Valenzuela (1967); A...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agrupación cultural lucense que formaba parte da Juventud Antoniana de Lugo e que se presentou ao público en 1916. O seu cadro dramático escenificou entre 1919 e 1925 pezas de Nan de Allariz, Manuel Lugrís Freire, Galo Salinas, Avelino Rodríguez Elías, e as zarzuelas Carmela e Amor na cume. Xa en 1943 puxo en escena Non chores Sabeliña, de José Trapero Pardo, en colaboración co coro Frores e Silveiras.
-
-
-
Instrumento de carpintería empregado para entallar dúas pezas de madeira, de xeito que quede enganchada a peza que ten unha parte saínte con outra que presenta un entrante do mesmo tamaño.
-
Instrumento empregado polos canteiros para labrar as pedras e poder xuntalas.
-
-
-
Escarpa rochosa de pendente bastante acusada, cortada na liña de contacto entre a terra e o mar e que constitúe a costa rochosa. É produto da erosión mariña, que socava a base do relevo na costa, retrocedendo por sucesivos derrubamentos.
-
Escarpa vertical producida pola erosión ou pola tectónica.
-
-
-
-
-
Composición poética breve destinada ao canto baseada na repetición do motivo temático principal, que adoita ser un lamento. Na métrica medieval francesa chámase cantilène e algúns filólogos franceses defenderon que era a precursora do cantar de xesta francés.
-
Composición épico-lírica que deu lugar á formación dos cantares de xesta, segundo a crítica romántica.
-
-
-
Canción monódica da Idade Media de melodía moi coñecida e que a miúdo tiña refrán.
-
Composición vogal melodiosa e lenta.
-
Parte superior dunha composición coral ou a parte que constituía a melodía principal.
-
Xénero polifónico ou a unha voz con contrapunto instrumental.
-
-
Aquilo que se repite moitas veces e causa molestia e fastío.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, na marxe dereita do río Guadalquivir e atravesado polo río Viar (8.930 h [1996]). No seu termo está a lagoa e o encoro do mesmo nome. A economía é principalmente agrícola e destínase ao cultivo de cereais, laranxas, viño e pasas. Na industria destacan as fábricas de xabón, tecidos de la e augardente.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista inglés de orixe irlandesa. A súa obra Essai sur la nature du commerce en général (Ensaio sobre a natureza do comercio en xeral, 1720) foi considerada a primeira visión global do sistema económico. Afirmou que o valor provén da terra e do traballo e que se fixa polos seus custos. Analizou os efectos dun aumento da oferta monetaria e definiu os efectos diferenciais do case automático aumento de prezos que comporta, o que denominou efecto Cantillon.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
asilla para levar auga, xeralmente en viaxes e excursións, aplanada e co colo estreito como o dunha botella; normalmente recóbrese de coiro, aínda que as máis modernas son de aluminio e recubertas de feltro ou de plástico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar público que xeralmente forma parte dun cuartel, dunha estación, dunha universidade ou doutro establecemento, no que se venden bebidas e algúns comestibles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Muller que tiña por oficio servir bebidas aos soldados, mesmo durante as accións de guerra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que ten ou atende unha cantina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mario Moreno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe que leva como armas, en campo de goles, un merlo de sable.
-
-
-
Acción e arte de proferir sons musicais coa voz, xa sexa vocalizando, cantaruxando ou articulando palabras. O seu valor artístico está condicionado pola respiración, a emisión da voz e o seu timbre, o fraseo e os matices expresivos. Segundo as épocas e os distintos pobos, concibiuse de xeitos diferentes (nasal, gutural, palatal, etc). Como forma de expresión humana, o canto uniu as denotacións de dous tipos de expresión: a linguaxe e a música, por iso tivo un papel cultural de grande alcance en moitas civilizacións (as orientais en xeral, a grecolatina e, aínda que con menos importancia, tamén a europea occidental) que lle concederon unha importancia pedagóxica de primeira orde. Entre os exipcios, os hebreos e os gregos cultivouse axiña profesionalmente. En Occidente, na liña da tradición culta, tivo moita relevancia na Idade Media o canto litúrxico das igrexas cristiás (canto plano). O nacemento da polifonía e a arte dos trobadores son outros testemuños medievais do cultivo do...
-
Actividade ou arte de cantar.
-
Serie de sons musicais que se emiten cando se canta.
-
Melodía principal nun fragmento ou nunha peza musical de diversas partes, situada xeralmente na máis aguda.
-
canto de órgano
Canto que se compón de notas con distinta duración.
-
canto plano
Canto monofónico da liturxia cristiá, orixinalmente sen acompañamento. O termo refírese en particular aos repertorios con textos latinos das liturxias cristiá-occidentais, e nun sentido máis restritivo ao repertorio do canto gregoriano.
-
canto silábico
Canto no que cada nota musical corresponde a unha sílaba.
-
-
Composición poética en ton solemne destinada a ser cantada en honra ou louvanza de algo ou de alguén.
-
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pedra pequena que ten forma redonda e lisa polos efectos erosivos.
-
-
Aresta dun ángulo que forman dúas caras contiguas dun obxecto poliédrico.
-
Cara estreita dun obxecto delgado que ten unha dimensión moito máis pequena ca as outras caras e que delimita a súa forma.
-
-
Ángulo que forman dúas paredes no lugar en que se unen.
-
Esquina que se forma na parte interior dunha superficie, como resultado da unión de dúas paredes.
-
-
As tres partes externas do libro que se opoñen ao lombo.
-
-
-
(Medina del Campo, Valladolid s XVII) Impresor. En Santiago de Compostela imprimiu en 1660 o libro Los Páramos, de Cazalans, e en 1683 o Espejo Seráfico, do P. Díaz. Coa axuda do seu irmán José del Canto y Sierra imprimiu en 1668 o Sermón fúnebre, predicado polo cóengo de Tui Antonio Tubia y Vallejo.
-
Forma que expresa cantidade ou número e posúe variación de xénero e número (canto, canta, cantos e cantas). Pode ter como antecedente un substantivo, co mesmo significado ca a expresión todo o que (coas súas variacións de xénero e número); pero tamén pode aparecer reforzado por todo (
-
Forma que pregunta polo número ou pola cantidade dalgunha cousa ou persoa, e que pode aparecer coas correspondentes variacións de xénero e número (
-
Forma que expresa a cantidade ou o número que hai dalgunha cousa ou persoa. Tamén pode aparecer coas variacións de xénero e número correpondentes (
-
Forma que expresa número indeterminado. OBS: Sempre se utiliza en plural e precedido de un, unhas (
-
Forma que expresa a cantidade ou intensidade dunha acción (
-
-
-
Forma que expresa cantidade ou número e posúe variación de xénero e número (canto, canta, cantos e cantas). Pode ter como antecedente un substantivo, co mesmo significado ca a expresión todo o que (coas súas variacións de xénero e número); pero tamén pode aparecer reforzado por todo (
-
Forma que pregunta polo número ou pola cantidade dalgunha cousa ou persoa, e que pode aparecer coas correspondentes variacións de xénero e número (
-
Forma que expresa a cantidade ou o número que hai dalgunha cousa ou persoa. Tamén pode aparecer coas variacións de xénero e número correpondentes (
-
Forma que expresa número indeterminado. OBS: Sempre se utiliza en plural e precedido de un, unhas (
-
Forma que expresa a cantidade ou intensidade dunha acción (
-