"ALE" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2433.
-
PERSOEIRO
Escultor, ilustrador e poeta. De formación autodidacta, comezou a expoñer de xeito regular en 1980. Participou en varios proxectos expositivos relevantes da década dos noventa como Loairas (1993), organizado pola Deputación de Pontevedra no castelo de Soutomaior, Coincidencias (1994) e Galicia. Terra Única (1997), organizados pola Xunta de Galicia. Emprega a pedra, a madeira e as pezas de bronce e ferro, moitas veces reutilizadas e ensambladas no obxecto escultórico. A súa obra está cargada dunha ironía e dunha lírica próximas á creatividade popular e á reinterpretación da natureza, como na serie Avelaíñas (2000). Aínda que as súas pezas adoitan ser de formato pequeno ou medio, co proxecto de escultura pública Porta da Luz Salgada (Vilagarcía de Arousa, 2001) achegouse aos grandes formatos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Pavel Aleksejevič Čerenkov.
-
PERSOEIRO
Ebanista inglés. Creador do estilo chippendale, caracterízase pola harmonía e a sobriedade, malia as influencias orientais, holandesas e rococós, e polo emprego da madeira de caoba. Os mobles realizados neste estilo teñen as patas de dobre curva rematadas en forma dunha garra que suxeita unha esfera e os apoios están decorados con lacería xeométrica. Publicou The gentleman and Cabinet Marker’s Director (Directorio do ebanista e do cabaleiro, 1754), unha obra con 160 gravados.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Nicaragua (6.378 km2; 144.635 h [1995]). Formado por pequenos outeiros cubertos de pastos, coñecidos como as Llanerías de Chontales, está drenado polos ríos que descenden da cordilleira Chontaleña, como o Acoyapa. A agricultura (millo, café, arroz) e a gandería son as principais actividades económicas, ademais da explotación de pequenos xacementos de magnesio e lignito. A capital é Juigalpa (25.625 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político italiano, conde de Cortellazzo. En 1930 casou con Edda, filla de Mussolini, quen o nomeou subsecretario de Estado, ministro de Prensa e Propaganda (1935) e de Asuntos Exteriores (1936). Propugnou a política imperialista da Italia fascista. Mussolini retirouno do ministerio e nomeouno embaixador no Vaticano. Na reunión do Gran Consello Nacional fascista (25 de xullo de 1943) encabezou o grupo de xefes fascistas que votou a favor do derrocamento de Mussolini. En Verona, foi detido e xulgado por un tribunal especial; condenado a morte, fusilárono o 11 de xaneiro de 1944. Nos seus Diarios relata o funcionamento interno da Italia fascista.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Valladolid, Castela e León, drenado polo río Pisuerga (2.620 h [1996]). Os principais recursos económicos son a agricultura (cereais, patacas, viña) e a gandería lanar. Ten gran tradición a elaboración de viños claretes que están protexidos coa Denominación de Orixe Cigales.
VER O DETALLE DO TERMO -
XACEMENTOS
Xacemento arqueolóxico ibérico localizado preto de Mula (Murcia). Está constituído por un santuario, do que proceden numerosas esculturas de pedra que representan principalmente cabalos, unha necrópole dos ss IV-III a C e un poboado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Persoa que toca os címbalos.
-
Instrumento de percusión de orixe oriental consistente nun mango que sostén un tipo de cúpula, na parte superior, e unha media lúa, na inferior, onde hai colgados axóuxeres e campaíñas que soan ao batelos. Nos ss XVIII e XIX utilizouse nas bandas militares.
-
-
PUBLICACIÓNS
Publicación do Cineclub do Carballiño que complementaba unha exposición de carteis, dentro do marco de Xociviga 1989, coordinada por Eduardo Galán Dudi e na que participaron Cubero, Fran Jaraba, Xan López Domínguez, Xaquín Marín, Carlos Silvar, Fausto, Varela Ferreiro, Ricardo Lázaro, Xosé Guillermo e o propio Dudi. Estes autores participaron tamén nunha mesa redonda na que se trataron distintos aspectos do cine e do humor.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente a Sri Lanka, antiga Ceilán.
-
Individuo do grupo étnico maioritario en Sri Lanka, antiga Ceilán.
-
Pobo oriúndo da India que conquistou Sri Lanka cara ao 550 a C desprazando a poboación local, os veddas. Ocupa a rexión central e meridional de Sri Lanka e as illas Maldivas. Distribúense polas terras baixas e dedícanse ao comercio, á agricultura e á pesca. Posúen un considerable desenvolvemento cultural. En Sri Lanka constitúen a maioría da poboación (73,9 %) e están enfrontados coa poboación támil, de relixión hinduísta e chegados do S da India durante a ocupación británica. Os conflitos desencadeáronse con virulencia despois da independencia, acadada no 1948, cando o Partido da Liberdade (procingalés) e os socialistas radicais acadaron a vitoria e estableceron como lingua oficial da administración e da universidade o cingalés. Os támiles opuxéronse e asasinaron o primeiro ministro Bandaranaike en setembro de 1959, pero o partido continuou no goberno ata 1977 cunha política de educación e emprego procingalés. O conflito étnico acentuouse polo deterioro económico que experimentou a poboación...
-
Lingua da familia indoeuropea pertencente ás linguas indoarias. É a lingua oficial de Sri Lanka (aínda que só a fala o 75% da poboación, principalmente na metade sudoccidental). Os primeiros testemuños escritos do cingalés datan do s XIII. A partir deste momento a lingua literaria foise separando progresivamente da lingua coloquial.
-
-
PERSOEIRO
Escultor e ourive. Entre as obras que realizou en Italia destacan a decoración de Villa Castello e do Palacio Vecchio, e a tumba do cabaleiro Serguidi da catedral de Volterra. O cardeal Rodrigo Fernández de Castro encargoulle un crucifixo (1595) para o colexio da Nosa Señora da Antiga de Monforte de Lemos, conservado na capela do Cristo e caracterizado polo detallismo anatómico e o tratamento das pregas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Xerusalén s IV) Bispo de Xerusalén e mártir baixo Xuliano o Apóstata. Na iconografía represéntase con mitra e báculo de bispo, e leva como atributo a santa Cruz do Gólgota.
-
PERSOEIRO
Tratadista, crítico de arte e político. Iniciou os estudios de arquitectura na Universitat Autònoma de Barcelona (1935) e, exiliado en 1939, estudiou historia da arte en Montpellier e París. En 1941 regresou a Barcelona, onde se doutorou en Historia (1971) e exerceu como catedrático de Historia Xeral da Arte na Universitat de Barcelona (1981). Centrou a súa investigación na análise estrutural da arte. A súa actividade política levouno a ser senador do Partit Socialista de Catalunya (PSC) en 1978, e como membro da Comisión Constitucional do Senado conseguiu a aprobación da enmenda que aboliu a pena de morte. Colaborou en diversas revistas (Ariel, Domus, Art Actuel International) e publicou, entre outras obras, Picasso antes de Picasso (1946), Miró y la imaginación (1946), Tàpies, testimoni del silenci (Tapies, testemuña do silencio, 1970), El arte modernista catalán (1951), El surrealismo (1949), Art i societat...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo. Patriarca de Alexandría (412) e un dos grandes padres da Igrexa oriental. O 17 de outubro de 412 sucedeu na sé patriarcal de Alexandría o seu tío Teófilo. Defensor da fe ortodoxa, foi un violento antisemita e combateu a herexía nestoriana. No Concilio de Éfeso (431), conseguiu a condena, deposición e exilio de Nestorio, patriarca de Constantinopla dende o 428, así como a aprobación da doutrina ciriliana sobre a unidade da persoa de Cristo. Dende o punto de vista doutrinal, dedicouse á elaboración da doutrina da Encarnación. Entre os seus escritos destacan os comentarios sobre as Sagradas Escrituras (evanxeos de san Lucas e san Xoán e o Pentateuco), tratados de teoloxía dogmática, cartas e sermóns. A lenda conta que resucitou a tres mortos. Na arte iconográfica viste os ornamentos dos bispos orientais (palio máis longo e ancho ca en Occidente), vai sempre barbado, e leva como atributo unha representación da Virxe co Neno nun taboleiro coa inscrición “Nai de Deus”...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Xerusalén 315? - 386?) Bispo de Xerusalén (350) e doutor da Igrexa. Combateu o arianismo. Logo de ser nomeado bispo, foi deposto por un concilio de corenta bispos e sufriu tres exilios (357, 360 e 367); ata o ano 378 non recuperou a súa sé. Asistiu ao Concilio de Constantinopla (381) e defendeu a fe de Nicea. Compuxo unhas Catequeses, que se presentaron nun dobre libro; o primeiro recolle 18 homilías coresmais destinadas aos candidatos ao bautismo e o segundo 5 homilías para os novos bautizados. A súa festa celébrase o 18 de marzo
-
PERSOEIRO
Matemático e astrónomo. Ingresou na Académie des Sciences no ano 1731 polo seu traballo, realizado aos dezaseis anos, sobre liñas de dobre curvatura. En 1736 participou na expedición, dirixida por P. L. de Maupertuis, a Laponia, para medir un grao de meridiano. Defendeu a hipótese do achatamento polar do globo terráqueo, a consecuencia das medidas dos meridianos, e remarcou que a Terra está formada por capas que están máis achatadas canto máis afastadas estean do centro. En 1758 calculou a data de retorno do cometa Halley. Entre as súas obras cómpre destacar Recherches sur les courbes à double courbure (Investigacións sobre as curvas na dobre curvatura, 1731), Théorie de la figure de la terre (Teoría da figura da Terra, 1743) e Théorie de la lune (Teoría da Lúa, 1752).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. Foi discípulo de Eugène Carrière en París e traballou a pintura mural en Roma. Colaborou con Gaudí no palacio Güell (1889-1890) e na Pedrera (1909-1910). A súa pintura é dun expresionismo tenebroso e persoal. Deseñou mobles e foi director e propietario da revista Hispania.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mestre. Discípulo de Panteno, dirixiu a escola catequética de Alexandría desde o ano 200. Foi mestre de Oríxenes, quen o substituíu na dirección da escola. Comprendeu a necesidade dunha teoloxía especulativa capaz de dialogar coa cultura clásica e comezou a elaborala utilizando amplamente a filosofía grega. O eixe desta síntese é a noción do logos ou palabra divina, que outorgou, ao mesmo tempo, a razón filosófica aos pagáns e a lei aos xudeus e que, todo encarnado en Cristo, se manifesta plenamente nos homes. Seguindo esta teoría, no Protéptico exhorta os pagáns a converterse e no Pedagogo, a ver a Cristo como o educador moral da humanidade, á que achega a lei do amor. A colección de ensaios dos Stromata (‘Tapices’) precisa o concepto de gnose verdadeira, que presupón a fe respecto da unidade (contra os gnósticos). Os seus escritos foron copiados durante toda a Idade Media, pois Clemente de Alexandría foi un dos grandes pais da patrística...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador grego da época helenística. A súa obra Historias de Alexandre, escrita entre o 280 e o 270 a C, toma elementos da obra de Calístenes e destaca polas anécdotas e os detalles curiosos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de debate político constituído en 1986, tralo éxito electoral de Coalición Galega en 1985, para estruturar un galeguismo consciente e asumible como fórmula política. A idea xurdiu de Luciano García Alén, galeguista histórico que actuou de presidente durante a primeira andaina do grupo, e de Perfecto Yebra Martul-Ortega, responsable da elaboración do programa político de Coalición Galega en 1985 e que asumiu o secretariado. Como primeiros integrantes do clube figuraban Barreiro Fernández, Couceiro Rivas, García Iglesias, Gómez Segade, González Reboredo e Sobrino Manzanares. A incidencia no debate público que pretende establecer na sociedade galega, realízao a través de conferencias e táboas redondas. Entre os conferenciantes que empregaron a tribuna do Clube cómpre salientar a Barreiro Fernández, Barreiro Rivas, Beiras Torrado, Fernández del Riego, Méndez Ferrín ou Nogueira Román, entre os políticos e intelectuais galegos, e Saraiva de Carvalho ou Roca Junyent, entre as personalidades...