"Bor" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 827.

    1. Acción e efecto de subordinar ou subordinarse.

    2. Estado de dependencia dunha persoa ou cousa con respecto a outra.

    3. Relación que se establece entre dúas ou máis oracións dentro dunha oración composta, cando unha delas (oración subordinada) depende lóxica e gramaticalmente da outra (oración principal).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia teolóxica que establece a subordinación do Fillo respecto do Pai. O subordinacionismo ortodoxo foi defendido por Xustino, Ireneo de Lyon, Clemente de Alexandría e, sobre todo, Oríxenes. Unha forma explícita de subordinacionismo foi defendida por Ario. Atacado por Atanasio, foi condenado no Concilio de Nicea (325). A finais do s IV foi aplicado ao Espírito Santo polos macedonianos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de subordinar.

    2.   Que presenta unha relación de subordinación con respecto a algo ou alguén.

    3. Que ou quen depende xerarquicamente de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que subordina.

    2. Aplícase ao elemento gramatical que subordina outro, como a oración principal nunha composta subordinada, ou que expresa formalmente a relación en subordinación, como algunhas conxuncións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pór baixo a dependencia de algo ou alguén.

    2. Clasificar algo como inferior en orde respecto a outra cousa.

    3. Supeditar a realización dunha cousa ao cumprimento doutra.

    4. Facer que unha palabra ou un grupo de palabras dependa doutra.

    5. Poñerse unha persoa ou cousa baixo a dependencia de algo ou alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode subornar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que ou quen suborna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Mercar os favores de alguén actuando de maneira ilícita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de subornar.

    2. Cousa con que se suborna.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jesper Svedberg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritora polaca. Das súas obras destacan Busco a palabra (1945), o poemario Por iso vivimos (1952), Preguntas formuladas a unha mesma (1954), todas elas na liña do realismo socialista. Escribiu tamén Sal (1962), Xente en el puente (1986) ou Fin e principio (1993). Recibiu o Premio Nobel de Literatura en 1996.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Outeiro cónico de Galilea, dunha altitude de 588 m, illado no extremo NL da chaira de Esdrelón. Mencionado a miúdo no Antigo Testamento, a tradición cristiá do s IV situou na súa cima a transfiguración de Xesús Cristo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Tanzania (76.151 km2; 846.000 h [2002]). A súa capital é Tabora (93.362 h [2002]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Tomiño baixo a advocación de san Miguel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada sobre o río Cereixo da Briña ao seu paso por Taborda (Tomiño). Trátase dunha ponte do s XVI dun só van realizada en cantaría irregular con muros de acompañamento. Atópase no antigo camiño de Hospital a Tui.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos taboritas.

    2. Seguidor da á radical husita, organizada por Jan Zižka na praza forte de Tabor (Bohemia) en 1420. Baixo a guía do seu sucesor Procopio o Rapad, en 1424 asediaron Nuremberg e obrigaron a Federico de Hohenzollern a asinar o Tratado de Heheimstein (1429-1430). En 1434 foron derrotados en Lipant, preto de Cesky Brod.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Grupo de instrumentos membranófonos de percusión formados por unha ou máis membranas vibratorias estendidas nunha ou máis aberturas dunha caixa de resonancia de materiais e formas diversas.

      2. Calquera dos diversos instrumentos membranófonos de percusión, provistos de caixa cilíndrica, formada por tres pezas xuntas por medio de dous círculos que fixan as peles. O instrumento é percutido na súa membrana superior con dúas baquetas, unha redondeada, que produce un son xordo, e outra máis lixeira, que produce un son feble. No que respecta ás dimensións, comprenden desde a caixa clara ata o redobrante, pasando polo timbal.

      3. Músico que toca este instrumento.

      1. Obxecto cilíndrico, especialmente baleiro, por analoxía cos tambores ou timbais.

      2. Dispositivo empregado para bordar a man no que o tecido se mantén tirante sostido por un círculo ou por unha correa.

      3. Peza do revólver, de forma cilíndrica, onde se aloxan as balas.

      4. Cilindro xiratorio sobre o que actúa a espiral dun mecanismo de reloxaría.

      5. Cilindro baleiro, fixo ou xiratorio, de diferentes tamaños, que forma parte de diversas máquinas ou electrodomésticos.

      6. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza de madeira coa que se sostén o mastro nalgunhas embarcacións.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Instrumento tradicional galego de percusión. Forma parte, igual ca o bombo, dos instrumentos de percusión bimembranófonos e a súa orixe está nas culturas antigas do Mediterráneo, desde onde se introduciu en Galicia. Inicialmente empregábase como base rítmica en distintas danzas e ritos máxicos, ata que comezou a utilizarse como acompañamento. Ata a aparición dos cuartetos tradicionais a principios do s XX o tamboril era o acompañamento case exclusivo e indispensable dos gaiteiros solistas. A catedral de Santiago de Compostela tiña un tamborileiro titular xa desde o s XVIII. Como instrumento de percusión é un dos encargados de marcar non só o ritmo, senón tamén as divisións rítmicas do fraseo dos instrumentos que tocan a melodía. Está formado por un corpo cilíndrico central, de madeira, máis longo ca ancho, e dous parches de pel de cabrito que cobren os extremos do cilindro. Os dous parches de pel axústanse ao corpo central con dous bastidores circulares de madeira que están unidos entre...

    2. Peixe mariño, de ata 50 cm de longo, co corpo afusado, sen escamas e na rexión ventral ten de 15 a 20 ringleiras de pequenas espiñas. Pode inchar o seu corpo con aire ou auga. Amosa color azulada co ventre e os lados prateados.

    VER O DETALLE DO TERMO