"CAD" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 940.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociacións cooperativas que non distinguían entre armadores e mariñeiros, que arelaban a mellora das condicións de vida do colectivo pesqueiro mediante o establecemento de socorros e seguros, a extensión cultural entre os asociados e o acceso ao crédito. Impulsados no devalo da Primeira Guerra Mundial polo capitán de corveta Alfredo Saralegui, estaban inspirados nas vellas confrarías de pescadores do Antigo Réxime. O funcionamento interno era de carácter corporativo, amosando un talante conciliador entre os intereses de armadores e mariñeiros e unha práctica oposta aos sindicatos de clase no mundo do mar. O primeiro que funcionou no litoral español foi o de Cambados, constituído en Nadal de 1917. Logo, aproveitando a persecución dos sindicatos durante a Ditadura de Primo de Rivera (1923-1930), estendéronse por toda a beiramar galega conformando, en 1925, a Federación Gallega de Pósitos Marítimos á que pertenceron en torno a medio centenar de colectivos. Tras a Guerra Civil Española (1936-1939),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Academia fundada en 1968 por Francisco Javier Nóvoa Rodríguez en Ourense. Dirixida polo seu fundador, nos seus inicios dedicouse á preparación de oposicións para o ingreso en Correos, pero despois ofreceu unha formación interdisciplinar no acceso ao sector público, ás novas tecnoloxías e aos idiomas, entre outras materias. Con centros nas principais cidades galegas, estase a implantar no N de Portugal. Para a formación das empresas creouse Postal Escuela de Negocios. Colabora coas multinacionais Cisco Systems, Sun MicroSystems, IBM e Microsoft, entre outras.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Amplificador previo disposto antes do amplificador propiamente dito, que amplifica o sinal antes de entrar no amplificador de potencia. Adoita incluír o ecualizador e a miúdo os controis de balance, de ton e de volume.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Combustión anormal nun motor de arranque por chispa, a causa dunha arrancada superficial que se produce antes do salto da chispa.
-
-
Aquilo que se afirma ou nega do suxeito dunha proposición.
-
Elemento sintáctico que ten por función dicir algunha cousa dun suxeito. O núcleo do predicado é o verbo, que pode levar ou non complementos, e concorda co suxeito mediante os morfemas verbais de persoa e número. Nas oracións O pai dorme, o prato é verde, a nena escríbelle unha carta á nai, os predicados son dorme, é verde, escríbelle unha carta á nai. Cando o predicado expresa unha calidade do suxeito por medio dun adxectivo ou un substantivo adxectivado e mais un verbo copulativo (ser ou verbos similares), o predicado denomínase nominal ou simplemente atributo. Se expresa unha acción do suxeito, recibe o nome de predicado verbal. En gramática moderna o predicado denomínase tamén sintagma verbal.
-
-
-
Que predica.
-
Persoa que ensina ou comenta a doutrina dunha relixión.
-
-
ENTRADA LARGA
Orde relixiosa mendicante fundada por san Domingos de Guzmán en Toulouse. Os seus membros son coñecidos tamén co nome de dominicanos. Xurdiu como réplica católica ao predominio da doutrina albixense, pero coa finalidade da predicación universal. Foi aprobada por Folquet, bispo de Toulouse, en 1215, e confirmada en 1216 polo Papa Honorio III. As constitucións recolleron a súa redacción definitiva en 1241, grazas ao mestre Reimundo de Penyafort (logo modificadas en 1924 e en 1968). Moitos dos seus membros, erixidos en defensores da pureza da fe católica, exerceron funcións xudiciais no Tribunal da Inquisición e, de feito, Reimundo de Penyafort, Nicolau Eimeric e Bernat Gui, organizaron xuridicamente esta institución, que desde ese momento quedou en mans da orde. No eido da teoloxía exerceron unha importante tarefa de divulgación a partir das figuras de santo Alberte o Magno e san Tomé de Aquino. Tiveron especial importancia os estudos xerais da orde en París, Oxford, Colonia,...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de prefabricar.
-
Aplícase á construción efectuada polo sistema de prefabricación.
-
Material de construción composto de varios elementos e preparado nunha fábrica.
-
-
-
Que é santificado ou consagrado por adiantado.
-
Liturxia de comuñón, semellante a unha misa (pero sen consagración), para facilitar aos fieis a participación na eucaristía os días alitúrxicos en que non está permitida a celebración da misa. Comúngase con hostias consagradas anteriormente. En Occidente está restrinxida ao Venres Santo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou quen prevarica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa comercial creada en 1976 para reorganizar as actividades do grupo francés Carrefour e do español Simago. Ten a súa orixe nas actividades de Ibérica de Hipermercados SA constituída en 1973. Absorbeu diversas empresas locais, que en 1981 unificou baixo a marca Pryca. En 1999 fusionouse con hipermercados Continente e en 2000, Pryca e Continente empezaron a utilizar o nome Carrefour. Simultaneamente, os supermercados procedentes de ambas as dúas empresas unificaronse baixo o nome Champion.
-
-
Que ou quen incita ou provoca.
-
Que ou quen provoca disturbios ou actos violentos.
-
-
PERSOEIRO
Arquitecto, historiador da arte e político. Estudou arquitectura e ciencias exactas en Barcelona e doutorouse en Madrid en 1888. Establecido en Barcelona, dirixiu a construción da casa Martí (1985) e realizou a Casa Amatller (1900) e a casa Terrades (1905), e os proxectos da Exposición Internacional de 1915. Proxectou o enlace da Via Laietana co sector da capela de Santa Àgata (1914) e o arranxo da praza de Catalunya (1923). Cofundador da Lliga Regionalista (1901) e rexedor do Ajuntament de Barcelona (1902-1905), axudou a E. Prat de la Riba i Sarrà na súa tarefa cultural e foi presidente do Institut d’Èstudis Catalans. Foi designado segundo presidente (1917) e presidente (1919-1923) da Mancomunitat de Catalunya. A Guerra Civil Española obrigouno a fuxir e estableceuse en Francia. Bo coñecedor da arte medieval catalá, escribiu L’arquitectura romànica a Catalunya (1909-1918, con A. de Falguera e J. Goday) e La geografia i els orígens del primer art romànic (1930).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Que purifica.
-
Pano de liño que na misa serve para limpar os vasos sagrados despois das ablucións.
-
Lenzo que emprega o sacerdote para limpar os dedos.
-
Aparato que serven para depurar ou purificar, lavar ou filtrar, especialmente algún fluído.
-
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago e hsien do mar da China Meridional, situado no estreito de Taiwán, entre esta illa e o continente (127 km2; 89.181 h [estim 1999]). Consta de 21 illas. A súa capital é Makung (15.000 h [1995]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de rabicos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cadea privada de emisoras de difusión nacional. Como Cadena Ibérica foi a primeira emisora que comezou a funcionar en España, o 10 de novembro de 1924, baixo o indicativo EAJ-2. Emitiu desde Madrid ata o 5 de abril de 1925, data en que suspendeu as súas emisións. Reiniciou a programación a partir de 1927. Tras numerosas dificultades económicas, pasou a ser xestionada pola sociedade Unión Ibérica de Radio, sociedade titular de Radio España. O 20 de setembro de 2001, a sociedade xestora da cadea e Onda Cero chegaron a un acordo para a difusión da programación de Onda Cero a través das 19 emisoras de Radio España, complementando os seus contidos coa programación de Onda Cero Música e Europa Fm.
-
-
Utensilio que serve para rascar.
-
Pa ou espátula que se utiliza para raspar cousas pegadas a unha superficie.
-
Ferramenta lítica de fragmento de bordo recto ou curvo ao bisel que se obtén mediante un retoque unifacial.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Marca superficial que queda sobre algo feita por un corpo áspero ou cortante.
-
-
Utensilio que serve para rascar.
-
Pau que se utiliza para mover as brasas do forno.
-