"Ede" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 837.
-
-
Que implica pouco movemento.
-
Que se desenvolve ou ocorre nun mesmo lugar, sen necesidade de desprazamento.
-
-
Relativo ou pertencente aos individuos ou aos pobos que practican o sedentarismo, en oposición ao nomadismo.
-
Individuo dun pobo que practica o sedentarismo.
-
-
Aplícase á orde, á especie ou aos individuos con hábitat fixo ou que permanecen fixos sobre un substrato, plantas, rochas ou cunchas doutros animais, como as esponxas, moitos hidrozoos ou os corais.
-
-
Relativo ou pertencente aos sedentarios.
-
Anélido do grupo dos sedentarios.
-
Grupo de anélidos poliquetos integrado por animais que teñen o corpo subdividido en diversas rexións con metamerización heterónoma, coas branquias limitadas a un certo número de metámeros e sen trompa evaxinable. Son sésiles, habitan dentro duns canos construídos por eles mesmos ou en galerías escavadas na area. Nútrense de detritos ou de plancto e algúns son comensais ou parasitos.
-
-
...
-
-
-
Calidade de sedentario.
-
Sistema de vida de moitos grupos humanos que, en oposición aos nómades, fixan a súa residencia nun lugar, se non para sempre, cando menos durante longas tempadas. Iniciouse co descubrimento do cultivo da terra. O paso do nomadismo ao sedentarismo caracteriza o principio dun desenvolvemento cultural.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que está sentado, especialmente referido á estatua que representa unha persoa nesta posición.
-
-
Que ten moita sede ou necesidade de auga.
-
Que sente un desexo moi forte dalgunha cousa.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Santiago de Compostela 1.6.1949) Historiador. Doutor en Historia de América (1990), foi profesor na Universidad Católica de Uruguay (1980, 1982) e desde 1991 exerce na Universidade de Vigo. Estudou, entre outros temas, a emigración galega cara a América. Foi presidente do consello asesor de RTVE en Galicia e secretario xeral técnico da Fundación Celso Emilio Ferreiro. Coautor de diversos libros e publicacións, como Galicia & América. Five Centuries of History (1992), El Tercio de Voluntarios Gallegos en la defensa de Buenos Aires (1996), Consolidación republicana en América Latina (2000) e Asociacionismo galego no exterior (2001), das súas obras destacan San Cristobo de Xavestre. Chequeo a unha comunidade rural (1982), Alfredo Somoza. Encadramento histórico dunha figura esquecida do galeguismo (1987), El Brasil de Vargas (1998), A Emigración (1989) e Galeguidade e cultura no exterior...
-
PERSOEIRO
Psicólogo. Principal popularizador do condutismo, centrouse no estudo dos procesos de aprendizaxe e descubriu un novo tipo de condicionamento da conduta animal, denominado operante ou instrumental. A súa contribución máis coñecida é a caixa de Skinner, unha gaiola para ratas provista dunha panca que, ao ser premida, lles fai chegar o alimento. Promoveu o ensino programado e insistiu no reforzamento como elemento fundamental. Escribiu Science and Human Behaviour (1953), Analysis of Behaviour (1961), escrita xuntamente con J. G. Holland, Beyond Freedom and Dignity (1971) e About Behaviorism (1974).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e químico inglés. Estudou na University College de Gales e na Oxford University. Traballou con E. Rutherford na McGill University de Montréal (1900), con W. Ramsay na Universy College de Londres (1902), na University de Aberdeen (1914) e na Oxford University (1919-1936). Xunto con E.Rutherford estudou a desintegración atómica dos elementos radioactivos, con W. Ramsay investigou a transformación do radio en helio mediante a espectroscopia e propuxo o concepto de isótopos. Escribiu Radioactivity, Chemistry of the Radioactive Elements e The Story of Atomic Energy (1949). En 1921 recibiu o Premio Nobel de Química polas súas investigacións sobre as substancias radioactivas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase aos mamíferos ungulados perisodáctilos que teñen un só dedo en cada pé, protexido por un pezuño.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello das Pontes de García Rodríguez baixo a advocación de san Mamede.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Sanguiñedo (Dozón). O seu cumio acada os 734 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautora. Coñecida como La Negra, está considerada unha das voces máis destacadas da música hispanoamericana. En 1963 participou na creación do Movimiento Nuevo Cancionero, unha corrente renovadora do folclore. Exiliouse en 1979 en París e Madrid por mor da ditadura en Arxentina. Actuou por todo o mundo e participou en diversos filmes, como Güemes, la tierra en armas (1971) e Historias de Argentina en Vivo (2001). Da súa ampla discografía destaca, Canciones con fundamento (1965), Para cantarle a mi gente (1967), El grito de la tierra (1970), Homenaje a Violeta Parra (1971), Traigo un pueblo en mi voz (1973), Mercedes Sosa interpreta a Atahualpa Yupanqui (1977), De mi (1991), Al despertar (1998) ou Misa criolla (2000). Recibiu a medalla de ouro da Orde do Comendador das Artes e das Letras do Ministerio de Cultura de Francia (1989), a Orde do Mérito da República Federal de Alemaña...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantante e guitarrista de rock. Coñecido como Bruce Springsteen ou The Boss, da súa discografía destacan Greetings From Asbury Park, N.J. (1973), Born to Run (1975), The River (1981), Born in the USA (1984), Tunnel of Love (1987), Lucky Town (1992), The Ghost of Tom Joad (1995), The Rising (2002) e Devils & Dust (2005). Obtivo un Oscar á mellor canción por “Streets of Philadelphia” (1992) e doce premios Grammy (1984-2004).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mezzosoprano. Estudou en Nova York e debutou no Metropolitan Opera House (1970). Especializada en obras de Mozart, Rossini, Massenet e Debussy, da súa discografía destacan Hänsel und Gretel (1979), Pélleas et Melisande (1986), Chérubin (1991), Across Your Dreams (1996) ou Edimburg 1976 (1999).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Condesa de Albany, filla do príncipe Gustavo-Adolfo de Stolberg-Gedern. Casou co pretendente ao trono inglés, Carlos Eduardo Stuart.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Profesora. Doutora en Filosofía e Ciencias da Educación, presidiu a Nova Escola Galega. Das súas obras destacan Institución escolar e medio ambiente (1982), Deseño curricular e investigación do medio (1990) e A educación en España durante o Sexenio Revolucionario (1868-1874), debates, aspiracións e realidades (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acontecer un suceso.
-
Ir unha cousa despois doutra.
-
Pasar a ocupar unha persoa o lugar que ocupaba outra nun cargo, nunha dignidade ou nun título.
-
Ir unha cousa, temporal ou espacialmente, despois doutra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Jesper Svedberg.
-
VER O DETALLE DO TERMO
József Szathmári.
-
GALICIA
Pintora. A súa obra encádrase dentro do postexpresionismo, influída polas últimas tendencias de Henri Matisse. Caracterízase polo uso dunha gama de cores planas, das que destacan os verdes, amarelos e carmíns, cun debuxo mínimo e onde a cor é a protagonista. Participou, entre outras exposicións, na Mostra Unión Fenosa e en 1991 obtivo o primeiro premio no concurso Carlos Maside do concello de Pontecesures.
VER O DETALLE DO TERMO