"Sar" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 930.

  • CAPITAIS

    Capital da prefectura de Moyen-Chari, Chad (75.496 h [1993]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • estido feminino, polo xeral de seda ou algodón, liso estampado ou adornado con ouro, que se leva en India, Paquistán e Sri Lanka. Consta dunha soa peza de tea (de 5,20 m por 1,12 m) axustada ao redor do corpo sen costura nin agullas. A cor varía segundo as rexións e as circunstancias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do ostān de Māzandarān, Irán, situada na beira O do río Tālār (195.882 h [estim 2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, escudo medio partido e cortado: 1, de ouro, cunha banda de sinople; 2, de goles, cunha estrela de prata de oito raios; 3, de prata, con tres cunchas de vieira de ouro, perfiladas de sable, colocadas en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de León, Castela e León, situado ao NO da capital provincial e drenado polo río Bernesga (3.011 h [2001]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peza de madeira do tear formada por varias aspas que xiran con rapidez e envolven o fío en madeixas.

    2. Armazón de madeira feita con varios paus entrecruzados que se coloca enriba da lareira para pendurar chourizos e outros alimentos mentres curan.

    3. Torno accionado por unha manivela que se emprega para levantar pesos.

    4. Cousa ou conxunto de cousas moi enleadas ou mesturadas sen orde.

    5. Persoa que non para quieta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Chantada baixo a advocación de san Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huesca, Aragón, situado en Los Monegros e drenado polo río Alcanadre (3.950 h [2001]). Destaca a industria fariñeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Emirato dos Emiratos Árabes Unidos (2.600 km2; 491.000 h [estim 1999]). A súa capital é Al-Sāriqa (125.149 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei canónica do Islam. Fundamentada na revelación contida no Alcorán, na sunna e nos ḥ adī ṯ , regula o conxunto de actividades públicas e privadas de todo fiel musulmán. No seu sentido máis técnico designa o conxunto da lei canónica tal como a presentan os textos elaborados nas catro escolas de dereito coñecidas como as ortodoxas do Islam (hanefita, malikita, xafiita, hanbalita). Está vixente, en teoría, en todos os países islámicos, aínda que nos primeiros tempos da expansión musulmá complementouse con outras leis, que non son competencia do cadi. Modernamente, adoptáronse leis de tipo occidental, sobre todo na adecuación do código penal e na fixación de impostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unha das Illas Anglonormandas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. De nome completo Nicolas Paul Stéphane Sarkozy de Nagy-Bocsa, graduouse en dereito civil pola Universidade de París X Nanterre e exerceu como avogado especializado en dereito familiar e de empresa. Comezou a carreira política con 22 anos ao ser elixido concelleiro da cidade de Neuilly-sur-Seine, da que tamén foi alcalde de 1983 a 2002. En 1988 conseguiu a acta de deputado no Parlamento Francés. Nos anos 1993-1995 foi ministro de Finanzas e portavoz do Executivo no gabinete de Édouard Balladur. En 2002 foi nomeado ministro do Interior durante o mandato de Jean-Pierre Raffarin, posto que desempeñou ata marzo de 2004, cando pasou a ser ministro de Economía, Finanzas e Industria. En novembro de 2004 dimitiu do seu cargo por ser designado líder de Unión por un Movemento Popular (UMP). En maio de 2005 retomou o ministerio baixo o goberno de Villepin, durante o período de disturbios nos suburbios das grandes cidades francesas. En maio de 2007 foi elixido presidente da República Francesa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sármatas.

    2. Individuo do pobo sármata.

    3. Pobo iránico que procedía de Caucasia e da actual Ucraína e que se estableceu entre o Vístula e o Volga. Coñecidos por Herodoto e Ptolomeo, na época postalexandrina anularon aos escitas (200 a C). Ocuparon as terras do alto e medio Danubio e foron dominados polos godos (ss III-IV). Divídense xeograficamente en tribos de diversas características étnicas: estonianos, eslavos e xermánicos. Xunto cos godos e os hunos, baixo Radagais, entraron en Italia (405).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á provincia sarmática.

    2. Provincia da rexión bioxeográfica eurosiberiana, que ocupa gran parte de Rusia, ata os Urais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • LIÑAXES

    Liñaxe de orixe galega que trae por armas, en campo de goles, trece besantes de ouro, colocados en tres paus de catro, cinco e catro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista anual publicada pola Universidade de Vigo a partir de 1997. Subtitulouse “Anuario Galego de Historia da Educación”. Inclúe ensaios e traballos sobre a pedagoxía e a historia da educación, con particular atención a Galicia. O seu consello editor está conformado polos profesores universitarios galegos con docencia no campo da educación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Dereito pola Universidad de Oviedo, especializouse en xornalismo deportivo e desenvolveu boa parte da súa traxectoria profesional en Asturias, nos xornais Región, La Voz de Asturias ou La Nueva España. Colaborador de publicacións como El Noticiero Universal, La Voz de Galicia, La Voz de Madrid e Marca, e do espazo radiofónico Cabalgata Fin de Semana, foi redactor xefe de Informaciones (1965) e un dos fundadores e redactor xefe de AS (1967), do que foi subdirector (1975) ata a súa xubilación (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Nobre, primeiro conde de Gondomar, fillo de García Sarmiento de Soutomaior. Foi gobernador de Baiona, cabaleiro da orde de Calatrava (1593), corrixidor de Toro (1597), contador maior do reino (1600), corrixidor de Valladolid (1602-1605), membro do Consello de Portugal (1609), embaixador en Londres (1613-1617 e 1620-1622), conselleiro de Estado (1623) e gobernador e capitán xeneral do Reino de Galicia (1625). En 1623 obtivo a recuperación do voto en Cortes do Reino de Galicia. Humanista, bibliófilo e mecenas, restaurou e ampliou a torre e o pazo de Gondomar e protexeu os irmáns García de Nodal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Navegante, historiador e cosmógrafo. Explorou con Álvaro de Mendoña o Pacífico Sur (1567-1569) e descubriu as illas Salomón. Explorou o estreito de Magallanes (1579) e en 1584 fundou as cidades de Nombre de Jesús e Rey Don Felipe. Foi o primeiro que empregou a distancia angular do Sol á Lúa para determinar a latitude no mar. Como cartógrafo, sinalou a situación de Australia e determinou as correntes do Pacífico sur. Escribiu, entre outras obras, Relación y derrotero al estrecho de Magallanes e Historia Indica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Profesou no convento beneditino de Samos, onde foi abade e xeneral da orde (1721), ademais de bispo de Jaca (1728) e Mondoñedo (1728-1751). Foi o primeiro en realizar a ofrenda ao apóstolo Santiago con Oración panegírica que en la solemme oferta que en nombre del serenísimo Príncipe de Asturias nuestro señor, tributó y dijo en su templo al Apóstol Santiago el Mayor... (1734). Escribiu tamén Manifesto canónico, legal y apologético... (1742).

    VER O DETALLE DO TERMO