"lla" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2798.

  • PERSOEIRO

    Poeta francés. Coñecido como Vaillant, recibiu a influencia de Alain Chartier. É autor dos poemas Mon temps perdu (O meu tempo perdido), Mon temps recouvré (O meu tempo recuperado) e Cornerie des anges, poema burlesco sobre o Xuízo Final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta do extremo sudoriental da Illa de Arousa (na parroquia e concello homónimos), situada ao O da punta Arnelas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Profesor coruñés que impartiu clases na Escola Normal de Lugo e da Coruña. No 1882 acudiu ao primeiro Congreso Pedagógico Español (1882), organizado pola ILE. Publicou Congreso Nacional Pedagógico. Memoria acerca de las discusiones y trabajos verificados por dicha Asamblea (1883) e, dentro da literatura, Fábulas y poesías morales y religiosas (1888).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Peza estreita de madeira que suxeita o xugo á cabezalla do carro ou ao temón do arado cando se coloca no loro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (2.534 h [1996]). A súa economía baséase na agricultura   (oliveiras e cítricos). Antiga poboación mourisca, sufriu unha gran decadencia trala expulsión dos mouriscos no s XVII

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante, litógrafo e ilustrador. Coñecido como Paul Gavarni, traballou nas revistas La Mode, Charivari e L’Illustration. En 1883 fundou o Journal des gents du monde para o que compuxo textos e ilustracións. Publicou as series Les Étudiants (Os Estudiantes, 1838-1840), La prison de Clichy (A prisión de Clichy, 1840), Les lorettes (As damas, 1841), Carnaval (Carnaval, 1841-1843) e os debuxos Masques et visages (Máscaras e rostros, 1851-1858). Durante a súa estancia en Inglaterra (1847-1851) analizou e comparou a vida dos pobres e dos ricos en Gavarni en Londres (1849).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FAMILIAS

    Familia de mecenas italiana orixinaria de Siena. Localizada en Alemmano (1277), o nome provén dun neto deste, Chigio. En 1377 adquiriron o grao de nobreza sienesa e en 1509 engadiron o apelido de Della Rovere. Agostino Chigi o Magnífico (Siena 1465 - Roma 1520) banqueiro da corte dos papas, instalouse en Roma en 1485. Baixo a súa protección, Baldassare Peruzzi construíu a Villa Farnesina. Fabio Chigi (Siena 1599 - Roma 1667) accedeu ao solio pontificio co nome de Alexandre VII e formou a Biblioteca Chigiana, incluída na Vaticana. Fabio Chigi (Siena 1631-1693) e Segismondo Chigi (? 1649 - 1677) mandaron construír o palacio Chigi en Roma, no que traballaron Giacomo della Porta, Carlo Maderno e Felice della Greca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Rillador de ata 30 cm de lonxitude, cos ollos grandes e as orellas arredondadas. O seu pelame, longo, sedoso e moi suave, é un dos máis apreciados en peletería. É unha especie monógama. Viven en zonas restrinxidas dos Andes de Chile, Bolivia, Arxentina e Perú, a unha altitude de 3.000-5.000 m, especialmente en paraxes rochosas, pero practicamente extinguidas en estado salvaxe, por mor da intensa caza á que se veñen sometendo para obter a súa pel. Actualmente, existen granxas de chinchillas en distintos lugares do mundo que satisfán as necesidades do mercado.

    2. Pel deste animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Albacete, Castela-A-Mancha, situado ao SL da cidade de Albacete (3.153 h[1996]). A economía baséase na agricultura de secaño (cereais e vides) e na gandería. A vila de Chinchilla, que foi cabeza de marquesado de Villena, conserva edificios góticos e renacentistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero das algas verdes unicelulares e inmóbiles, da orde das clorococais, que ademais de vivir de xeito libre, é a alga predominante na simbiose con organismos de augas continentais. Vive no plasma de protozoos, esponxas, celentéreos e cilióforos, pero tamén aparece na simbiose de fungos liquenizados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ruído producido polo movemento dos chocallos que levan pendurados ao cinto do seu traxe os cigarróns e os choqueiros.

    2. Chiste groseiro ou broma descortés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de herbáceas da familia das asteráceas. Posúe follas en roseta basal, capítulos de flores liguladas de cor amarela e froitos en aquenio cun anel de escamas sobre o bico. En Galicia está presente a especie C. juncea, en espacios abertos e áridos da metade oriental do país.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Documento escrito polo crego Bernardo. Trátase da obra máis antiga na que hai noticias sobre a igrexa de Santiago de Compostela, con informacións que chegan ata o ano 1126.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Sobrado baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritora. Da súa produción destaca El cinturón traidor de Cuba y otros cuentos de invierno (1985), O vasalo da armadura de prata (1987), Arte de acecho (1990) e Feitura de lume (1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Arquipélago que pecha a ría de Vigo formado por tres (morfoloxicamente dúas) illas principais: a illa de Monteagudo ou do Norte; a illa do Faro ou do Medio; e a illa de San Martiño ou do Sur, ademais dunha serie de illotes menores como o de Ruso, o dos Viños, Boeiro e Carabelos. O extremo setentrional do arquipélago é a punta Escodelo, na illa de Monteagudo, a 42° 15’ 8’’ de latitude N, mentres que o confín meridional está nos illotes que rodean a illa Boeiro, situada a 42° 10’ 44’’ de latitude N. O cabo dos Bicos, no S da illa de San Martiño, é o punto máis oriental (8° 53’ 17’’ de lonxitude O) e a punta do Cabalo, no N da illa de Montegudo, é o máis occidental (8° 55’ 3’’ de lonxitude O). As dúas illas de maior extensión, Monteagudo e O Faro, presentan unha orientación N-S e están unidas por unha formación sedimentaria cuaternaria de area, a Barra de Rodas, na que se establece o sistema de dunas de Figueiras-Mixueiro e dá lugar á lagoa dos Nenos. Administrativamente, constitúe unha parroquia...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calquera cousa de pouca importancia, moi pequena ou que non ten valor.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Porción de comida que levan as aves no peteiro para as súas crías.

    2. Cousa escasa, de pouco valor ou de pouca importancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ariante do nome Icía.

    VER O DETALLE DO TERMO