"llo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 1518.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Decoración gravada a base de figuras xeométricas entrelazadas. Realízanse, sobre todo, con buril sobre o metal pero tamén se emprega nos taraceados.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Planta arbustiva da familia das rosáceas, que pertence aos xéneros Amelanchier e Cotoneaster. A especie Amelanchier ovalis é un arbusto non espiñoso, de 1-3 m de altura, de follas caducas, simples, coa marxe finamente dentada, as flores en acios corimbiformes, brancas, de sépalos curtos e agudos, pétalos estreitos, carpelos biovulados e estilos libres ou soldados. O froito é globoso e de sabor doce. A especie Cotoneaster granatensis é un arbusto non espiñoso, de 2-6 m de altura, caducifolio, coas follas coa marxe enteira e pecíolo curto, flores pequenas e o froito carnoso de cor vermella.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Javier Varela Guillot.
-
-
Lámina cortante que cae guiada por dous carrís verticais, empregada para decapitar os condenados a morte. Este instrumento de suplicio foi proposto no ano 1789 por Joseph-Ignace Guillotin á Asemblea Nacional francesa, como a medida de suplicio única a fin de evitar sufrimentos aos condenados. Adoptada en 1792, quedou en desuso cando foi abolida a pena de morte en Francia (1981).
-
Máquina para cortar papel, cartón, madeira ou outra cousa, formada por unha coitela grande que baixa verticalmente.
-
-
-
Aplicar a pena capital mediante a guillotina.
-
Cortar con guillotina.
-
-
PERSOEIRO
Investigador e crítico literario. Cofundador e director da revista Literatura, publicou, entre outras obras, Las secretas galerías de Antonio Machado (1958), Galdós, novelista moderno (1960), El último Juan Ramón (1968) e La novela lírica (1984). En 1989 recibiu o Premio Príncipe de Asturias de las Letras.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Denominación de varios insectos coleópteros, da familia dos curculiónidos, que se caracterizan por presentar unha cabeza que remata en pico onde se atopa a boca. Son moi daniños porque atacan os grans de cereais e legumes.
-
Insecto coleóptero que ataca a semente do trigo.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar da terra onde nace a agua facendo gurgullas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
2gurgullo.
-
PERSOEIRO
Político, diplomático e militar, segundo conde de Olivares, fillo de Pedro de Guzmán y Zúñiga. Ao servizo de Carlos I, acompañou ao futuro Filipe II na embaixada a Inglaterra que concretou o casamento do infante con María I de Inglaterra (1554). Participou na Batalla de Saint-Quentin (1557) e foi embaixador en Roma (1582-1590) e vicerrei de Sicilia (1591-1594) e Nápoles (1595-1599). De volta a Madrid, foi membro dos consellos de Estado e de Guerra e presidente da Cámara de Contas de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(? 1204 - Kirkwall, Orcadas 1263) Rei de Noruega (1217-1263), fillo ilexítimo do Rei Haakon III. De nome Haakon Haakonsson, foi recoñecido pola Igrexa norueguesa en 1247. Incorporou á coroa os territorios de Groenlandia (1261) e Islandia (1262) e enfrontouse aos escoceses polo control das Illas Hébridas. Morreu á volta da expedición ás illas Orcadas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo de aliaxes de níquel con molibdeno, ferro, cromo e silicio, moi resistentes á corrosión polos ácidos.
-
CAPITAIS
Capital do estado de Sonora, México, situada á beira do río Sonora (609.829 h [2000]). Importante centro agrícola e comercial, é o segundo produtor de trigo de México. Fundada en 1700 polos xesuítas, a cidade recibiu en 1828 o nome do xeneral insurxente J. Mª. González Hermosillo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Neurofisiólogo inglés. Realizou numerosos traballos sobre a fisioloxía nerviosa fundamental. En 1939 perfeccionou as técnicas para a medida directa de potenciais celulares (células nerviosas xigantes). Das súas obras destaca Condución do impulso nervioso (1964). Recibiu, xunto con Eccles e Huxley, o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta e crítico literario. O seu primeiro volume, Poems (1954), estivo influído polo grupo poético The Mouvement, do que se independizou en Planet of Winds (1977). Tamén publicou crítica literaria, como Narrative and Struture (1979) e The Slumber of Apollo (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio da área metropolitana e da provincia de Barcelona, Catalunya (239.019 h [2001]). Vinculado historicamente á cidade de Barcelona, o seu desenvolvemento económico e urbano está en estreita relación co da capital, pois debido ao seu carácter limítrofe converteuse nunha das primeiras áreas de expansión residencial e localización industrial periférica. Esta expansión desembocou nunha auténtica conurbación; malia todo, puido manter a súa identidade municipal, incluso cando en 1974 se integrou na entidade supramunicipal da área metropolitana de Barcelona. Do seu patrimonio cultural destacan as ermidas románicas de Santa Eulàlia de Provençana e de Bellvitge e as construcións industriais modernistas Can Serra e Can Espanya, declaradas Ben de Interese Cultural (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lugar onde nace auga.
-
Terreo moi húmido.
-
Orificio do mión onde encaixa o eixe da roda do carro.
-
-
MONTES
Monte que constitúe a máxima elevación da serra de Illoa, situado na parroquia de Lama, no concello de Láncara. O seu cumio acada os 624 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
SERRAS
Pequena aliñación montañosa situado entre os concellos de Láncara e Baralla. A súa liña de cumes sitúase ao redor dos 600 m de altitude, e culmina no monte de Illoa, de 624 m.
VER O DETALLE DO TERMO -