"AN" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Biólogo. Catedrático de Ecoloxía e director do departamento de Bioloxía Fundamental e da área de Ecoloxía da facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela, dirixiu proxectos de investigación dedicados á biomonitorización da contaminación metálica nas rías galegas, da calidade das augas superficiais, da calidade do aire e do ozono troposférico en Galicia, e participou na creación do Banco de Espécimes Ambientais de Galicia. Escribiu numerosos artigos sobre a alelopatía, bioclimatoloxía e ecotoxicoloxía, entre os que sobresaen “Defining phytoclimatic units in Galicia (Spain) by means of multivariate methods” (1991) publicado no Journal of Vegetation Science, e “Influence of watershed lithology on heavy metal levels in estuarine sediments and organisms in Galicia (North West Spain)” (1996), publicado en Marine Pollution Bulletin. Ademais, publicou, entre outros libros, Bioclimatología de Galicia (1983).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista de orixe galega. Tivo o primeiro contacto coas ideas libertarias en Arxentina, onde estivo embarcado. Instalado dende o ano 1923 na barriada barcelonesa de Gracia, adquiriu notoriedade como membro dos Comités de Defensa da CNT durante a Segunda República, período no que o detiveron en diversas ocasións. Participou activamente na Guerra Civil dende postos de responsabilidade na CNT barcelonesa. Á fin da guerra trasladouse ao sur de Francia, onde continuou a militancia confederal na Federación Local de Toulouse e no Secretariado Intercontinental do Movimiento Libertario Español.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xosé Francisco Gómez de la Cueva.
-
GALICIA
Escritor. Sacerdote membro da congregación da Misión de San Vicente de Paúl, licenciouse en Historia e Teoloxía pola Universidad Complutense de Madrid en 1954. Posteriormente, ampliou estudios en Barcelona, Salamanca e Roma, e exerceu a docencia entre os anos 1965 e 1985 en Salamanca e Vigo. Colaborou en diversas publicacións (A Nosa Terra, A trabe de ouro, Encrucillada, etc), con artigos como os titulados: “A igrexa ante o Estatuto de Autonomía de 1936”, “A década 1976-1986: problemática permanente e coxuntural”, “A nación galega e o nacionalismo: democracia e realismo histórico como eixos dunha teoría para a construción da nación”. Foi presidente do consello de administración de Promocións Culturais Galegas e presidente da Asociación Cultural de Vigo. Participou nos volumes colectivos Castelao sen manipulación (1984), A nosa literatura (1988), Historia de Galicia (1-2) (1991) e Doce anos na búsqueda da nosa identidade (1991),...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Animador cultural e teatral. Fixo unha versión do texto de Molière Le medecin malgré lui que titulou O menciñeiro á forza (1971). Escribiu as pezas Bon nadal? (1982) e Dous vellos e unha soia soidade, en colaboración con Marica Campo, e as narracións Parábolas chairegas (1981). Foi, ademais, director de diversos grupos afeccionados de teatro entre os que destacan: Crecente Vega, Os Valuros, A Roga, Alborada ou Malveira.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xornalista e político, marqués de Brabazón. Catedrático de Historia do Instituto de Lugo e deputado progresista entre 1854 e 1856. Foi redactor, entre 1848 e 1865, do Boletín Oficial del Ministerio de Comercio, Industria y Obras Públicas e da revista de carácter industrial El Fomento (1862), e director do diario madrileño La Nación (1850). Ademais foi o tradutor da novela de António Augusto Teixeira de Vasconcellos La ermita de Castromino (1880).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor. En 1683 realizou as andas da efixie da confraría de san Xulián e en 1684 pintou o retablo e as imaxes da capela da confraría das Ánimas en Santiago de Compostela. En 1689 traballou na capela maior do mosteiro de Santa María de Oseira e entre 1693 e 1704 realizou diversas obras na catedral compostelá.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. Licenciado en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago de Compostela, exerceu como catedrático de Latín no ensino medio. Colaborador en distintas publicacións (Grial, Trebo, etc), destaca como autor de literatura infantil e xuvenil. Publicou: O xílgaro pintor (1987), Os gazafellos (III Premio Barco de Vapor, 1986), Andainas de Pedro Chosco (1989), O talismán dos druídas (1989), Investigación 091 (1989), Os enredos de Olalla (1990), O deus desaparecido, en colaboración con Andrés García Vilariño (I Premio Barco de Vapor, 1990), A fraga misteriosa (1992), S.O.S. (1994) e Romaxe de desventuras (1997), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Anión orgánico no que a carga negativa se localiza nun átomo de carbono. Os carbanións son especies químicas de vida moi curta que aparecen, de forma transitoria e en concentracións mínimas, no transcurso de certas reaccións. Son reactivos nucleófilos e a súa estabilidade relativa depende da deslocalización da carga provocada polos grupos substituíntes que conteñen, dos catións presentes no medio e, en especial, da natureza do solvente no que se leva a cabo a reacción. Moitas reaccións de substitución electrónica catalizadas por bases teñen carbanións como intermediarios, xa que os reactivos básicos favorecen a súa formación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo mosteiro beneditino situado en Silleda. O cenobio fundouse sobre unha antiga ermida dedicada a san Lourenzo que pertencía ao eremita Egica. O conde don Gonzalo e a súa dona, a condesa dona Tareixa, compraron a ermida e as granxas anexas, segundo consta nunha carta de dotación do 936. O bispo de Lugo consagrou a primitiva igrexa en presenza de san Rosendo e do primeiro abade Fiz. Despois da súa destrución por parte de Almanzor no 997, restaurouno o bispo Pedro de Mezonzo no 999 e, na mesma data, Vermudo II concedeulle un privilexio. Non obstante , o mosteiro continuou recibindo doazóns e privilexios dos monarcas e de moitos particulares ao longo da súa historia. Coa reforma da orde beneditina en 1500 pasou a ser un priorado do mosteiro de San Martiño Pinario. A desamortización do s XIX provocou a venda das súas pertenzas e o seu progresivo abandono ata quedar en ruínas. A construción do mosteiro estivo condicionada polo lugar no que se localiza, un terreo de diferentes alturas á beira...
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Rodeiro. A primeira noticia documental corresponde á acta fundacional do mosteiro de San Pedro de Vilanova de Dozón (1154), ao que foi doada en 1156. A primitiva fábrica constaba dunha nave e unha ábsida rectangular cuberta cunha bóveda de canón. Da nave só queda unha colección de canzorros variados: vexetais, aves, figuras humanas e cuadrúpedes. Os muros transformáronse ao abrirse portas e ventás. No interior destaca a ábsida, cuberta cunha bóveda de canón semicircular reforzada por un arco faixón. O arco triunfal, de medio punto e dobrado, descansa sobre columnas con capiteis figurados.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Composto químico pertencente ao grupo dos carbamatos que actúa como fumigante polivalente sistémico ou por contacto. Ten un amplo espectro insecticida sobre o pulgón, as moscas e os miriápodos. Deixa de ser tóxico para o ser humano despois de 60 días da súa aplicación.
-
-
Composto constituído por boro, carbono e hidróxeno no que os átomos de boro e os de carbono forman unha unidade estrutural poliédrica, que se pode considerar derivada dun hidruro de boro, por substitución dun grupo BH - por un CH. Os carboranos prepáranse por reacción do acetileno (ou dos acetilenos substituídos) con hidruros de boro, mediante o uso de catalizadores básicos ou da descarga eléctrica silente.
-
Cada un dos tres isómeros do carbono do dicarbadodecaborano B 10 C 2 H 12 , nos que os átomos de boro e de carbono se colocan en forma de estrutura icosaédrica. O isómero orto- ou carborano normal é o máis coñecido dos tres; o isómero meta- ou neocarborano e o isómero para- obtéñense por reordenación térmica do primeiro. O núcleo destes carboranos resiste fronte ao ataque dos ácidos, dos álcalis e dos oxidantes, e unicamente orixina reaccións de substitución de átomos de hidróxeno no ataque con cloro.
-
-
-
Aplícase ás substancias que conteñen hidrocarburos e son actas para a carburación.
-
Combustible líquido, constituído fundamentalmente por hidrocarburos, que se utiliza nos motores de combustión interna. A principal característica que ten que posuír, para que o motor acade a potencia máxima, é a de resistir compresións elevadas sen producir detonacións. Ao superar unha determinada relación de compresión do motor, a mestura carburante-aire acéndese espontaneamente (autoarranque) e produce unha onda expansiva que fai que diminúa o rendemento. Os diferentes hidrocarburos teñen unha resistencia á detonación crecente segundo a orde: parafinas, isoparafinas, olefinas, cicloparafinas e aromáticos. O poder antidetonante dun carburante, que se mide polo índice de octano, pódese mellorar variando a composición química ou por adición de pequenas cantidades de certos compostos orgánico-metálicos, como o tetraetilchumbo, que inhiben a formación de peróxidos explosivos. Non obstante , estanse deixando de utilizar estes aditivos polo seu alto poder contaminante; isto supón unha...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sociedade industrial constituída en Madrid en 1897 que iniciou a súa actividade coa produción e venda de carburos de calcio na fábrica de Berga (Catalunya). En 1903 instalou en Brens (Cee) unha fábrica de ferroaliaxe e un laboratorio de investigación. Despois dun proceso de expansión xeográfica (ten delegacións e fábricas por toda España) e industrial, estruturouse ao redor de catro divisións: gases comprimidos (gases do aire, anhídrido carbónico, acetileno, etc), gases licuados (gases do aire, anhídrido carbónico, dióxido de carbono, dióxido de xofre, etc), soldadura ou ferroaliaxes e médica. En 1982, Air Produts adquiriu o 15% do capital de Carburos Metálicos polo que se converteu no principal accionista e trasladou a súa sede central a Barcelona.
-
-
Embarcación de gran tamaño e peso, e de construción rústica.
-
e
-
Dise da persoa desleixada ou patexa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
François Carcopino-Tusoli.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Empregou o pseudónimo de Francis Carco e publicou os poemarios La bohème et mon coeur (A bohemia e o meu corazón, 1912); os libros de memorias De Montmartre au Quartier Latin (De Montmartre ao Barrio Latino, 1927) e Bohème d’artiste (Bohemia de artista, 1946); as novelas Jesús la Caille (1914), L’equipe (A banda, 1919), L’homme traqué (O home acosado, 1922) e Perversité (Perversidade, 1925); e a biografía novelada Le roman de François Villon (A historia de François Villon, 1926), entre outras obras.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Xunta universal do tipo máis simple que consta de dúas pezas en forma de forcado, cada unha montada sobre un dos extremos de cada árbore, e unha cruceta. Fai posible a transmisión dun movemento entre dous eixes que non están alineados.
-
PERSOEIRO
Médico, matemático e astrólogo italiano. Licenciouse en Medicina en Padua (1526) e residiu dende 1532 en Milán. En 1541 foi nomeado catedrático de Medicina en Pavia e en 1562 en Boloña. En 1570 foi encarcerado, acusado de herexía e obrigado a abxurar privadamente. Formou parte do grupo renacentista que fundamentou a álxebra simbólica. Na súa obra Arts Magna (Arte Magna, 1545) solucionou a ecuación de terceiro grao a partir da fórmula de Tartaglia e a ecuación de cuarto grao a partir da fórmula do seu discípulo Ferrari; tamén presentou o primeiro cálculo sistemático de probabilidades en Lieber de ludo aleae. En medicina describiu o tifo exantemático, estudiou o tratamento da sífilis e investigou sobre os soños e as determinacións do carácter polos trazos faciais. No campo da mecánica atribúeselle a invención do sistema de articulación e de suspensión coñecido como cardán que lle permite a un obxecto conservar sempre a horizontal. Ademais, publicou De subtilitate...
VER O DETALLE DO TERMO