"Ōta" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 576.
-
CAPITAIS
Capital de Colombia e do departamento de Cundinamarca, constitúe ao mesmo tempo, un distrito especial (4.945.448 h [estim 1997]). Situada a 2.640 m sobre o nivel do mar, o clima é temperado. A cidade é un núcleo industrial importante, especialmente químico, téxtil, papeleiro e cervexeiro; ademais, é moi característica a súa industria de sombreiros. Así mesmo, co obxecto de recibir novos investimentos económicos, abriuse unha zona franca. Na cidade están, entre outras, as sedes da Universidade Nacional de Colombia, fundada no 1867, e da Pontificia Universidade Javeriana, fundada no 1622. Na cidade hai algunhas igrexas que se remontan ao s XVI. Entre os edificios civís, destaca o pazo de San Carlos. Fundada p
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Novena sesión da Conferencia Panamericana, organismo da Unión Panamericana, celebrada en Bogotá (abril de 1948). Nela decidiuse a creación da Organización dos Estados Americanos (OEA).
-
-
Relativo ou pertencente a Bogotá.
-
Natural ou habitante de Bogotá.
-
-
-
Calzado forte de coiro ou doutra materia que cobre o pé ata os tornecelos e ás veces tamén parte da perna.
-
Calzado que se utiliza nas especialidades deportivas que demandan unha protección especial ou un determinado reforzo para os pés, como os deportes de montaña, os deportes de neve, as actividades subacuáticas e os deportes practicados en campo ou en pista.
-
Calzado empregado para a equitación, que se leva enriba do pantalón e que cobre gran parte da perna.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Recipiente de coiro pequeno, con forma de pera, utilizado para o viño, cosido por un lado e cun buraquiño moi estreito no extremo, empregado para beber por el directamente, levantándoo cara ao alto e apertándoo coas mans.
-
-
Acción de sementar.
-
Período anual no que se realiza a sementeira.
-
Xermolo dos vexetais que orixina novas pólas, follas e flores.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
de botar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa que bota coa man a semente na terra.
-
-
Acción de botar unha embarcación.
-
Momento no que unha embarcación recentemente construída ou reparada entra na auga. A botadura sempre se fai mediante unha acción de escorregamento, xeralmente pola popa, aínda que en ocasións poida facerse pola proa ou polo costado. A botadura é o único xeito de poñer unha embarcación na auga, salvo que se efectúe por medio dun guindastre especial para tal efecto.
-
Período extraordinario para a sementeira dun froito.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ara de madeira cunha mecha no extremo para prender lume a distancia nas pezas de artillería.
-
-
Obxecto que consiste nun recipiente con tampa e unhas cadeas, no que se queima incenso e co que se espalla polo templo; pode ser de man ou estar colgado do teito.
-
Nome tradicional do incensario de grandes dimensións que se emprega na catedral de Santiago de Compostela. Está sostido por unha armazón de ferro dourado colocada na cúpula da nave central e apoiada nos catro capiteis que parten dos ángulos da pendente. Para bambealo precísanse seis homes e no seu voo describe un semicírculo de 80 m de diámetro. A súa función orixinal era purificar o aire do templo ante a aglomeración de peregrinos que visitaban a tumba do Apóstolo, e que ata a construción do hospital real no s XIV, pernoctaban na súa tribuna. É o máis grande de todos os incensarios do mundo e arrandéase ao longo da nave do cruceiro, de N a S, entre as portas da Azabachería e das Praterías. Está feito de latón prateado e pesa arredor de 80 kg. O botafumeiro que había no século XVI era unha especie de gran caldeiro de prata, feito con outros incensarios existentes na capela da catedral, e desapareceu durante a Guerra da Independencia de 1809, supoñéndose que as tropas napoleónicas se apoderaron...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Restaurante situado en Barcelona, fundado en 1973 e dirixido por José Ramón Neira, membro da Asociación de Restaurantes Gallegos ‘Lareira’. Desde a década dos anos oitenta é un dos restaurantes emblemáticos desta cidade, pola súa infraestrutura, calidade e por ser insignia da cociña típica galega.
-
-
Anaco de tea ou coiro empregado para tapar os buratos dos odres ou pelellos.
-
Anacos de madeira que serven para cubrir ocos nas botas ou nas cubas de viño.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Medio arco que ten a función de estribo.
-
PERSOEIRO
Anatomista. Fixo a descrición do orificio de comunicación interauricular do corazón do feto dos mamíferos e tamén do conduto que no feto comunica a arteria pulmonar coa aorta.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Percha redonda ou pau que, nos barcos de vela, serve para aguantar as ás ou o foque; no primeiro caso é unha prolongación dunha verga e, no segundo, do bauprés.
-
Cada unha das perchas que nacen na cuberta ou no costado do casco dun barco de guerra, que serven para amarrar embarcacións menores.
-
Pao situado na proa da embarcación que serve de prolongación do bauprés, empregado nos barcos de grandes dimensións para soster ese mesmo bauprés.
-
Cada unha das dúas perchas horizontais e perpendiculares na eslora que, nos bous, saían da orla e servían para aguantar e manter separados os extremos das pernas na arte.
-
Estrutura lonxitudinal formada por unha ou dúas trabes, que sae fóra do casco dalgunhas aeronaves e que actúa como soporte dos empenamentos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe natural de Vigo. As súas armas levan, en campo de azul, un veleiro co seu botaló.
-
-
Apelido de difícil interpretación. Podería tratarse dun descendente da voz común bota, polo que a súa orixe estaría nun antigo alcume ( Boto).
-
Liñaxe que se estableceu en Santiago de Compostela. Entroncou cos Saavedra, naturais do lugar de Peniche, en Vigo. Relaciónase tamén con esta caste o apelido Botaina. As súas armas levan, en campo de goles, unha pipa de viño cun remendo de coiro.
-
-
PERSOEIRO
Catedrático de Dereito. Posúe a cátedra de Dereito Mercantil da Universidade de Santiago de Compostela, a licenciatura en Dereito Canónico pola Universidad Pontificia de Comillas e a de Dereito pola Universidad Complutense de Madrid. Exerceu o seu labor docente na Universidade de Santiago de Compostela. Ten publicado moitos dos seus traballos sobre Dereito Industrial na revista Actas de Derecho Industrial e colaborou na revista estranxeira Universitas. Publicou, ademais de numerosas monografías, Contribución al estudo del Tratado de Cooperación en materia de Patentes (1978) e Hacia un nuevo sistema de Patentes (1982). Como asesor, participou no Anteproxecto de Lei de Marcas do ano 1980, no Anteproxecto de Lei Xeral de Publicidade de 1984 e no Anteproxecto de Lei Galega da Publicidade de 1986.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xornalista e locutor de radio. Comezou a súa carreira no xornal El Correo Gallego de Santiago de Compostela, onde alcanzou a responsabilidade de redactor-xefe. Foi director en funcións de La Noche ata que no 1972 se fixo cargo da dirección da emisora da SER Radio Galicia de Santiago de Compostela. No ano 1976 foi director de Radio Sevilla e director rexional da SER en Andalucía. En 1988 volveu a Compostela para responsabilizarse da dirección do circuíto de emisoras da SER en Galicia e para dirixir Radio Galicia de Santiago. Entre 1985 e 1988 foi presidente da Asociación de Prensa de Sevilla e directivo da Federación de Asociaciones de la Prensa de España. Ten no seu haber varios premios literarios e xornalísticos.
VER O DETALLE DO TERMO