"Aïr" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 288.
-
REXIÓNS
Rexión da República do Zaire (503.239 km2; 5.432.000 h [estim 1994]). A capital é Kisangani.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Investigou sobre a estática dos fluídos, dilatación dos líquidos e gases, vapores saturantes e variacións da temperatura de fusión a fortes presións.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía norteamericana de transportes aéreos fundada en Nova York en 1930 e reorganizada en 1934.
-
PERSOEIRO
Nome empregado polo poeta vangardista francés Wilhelm-Albert-Wladimir-Apollinaris Kostrowitzki. Fillo natural dun nobre italiano e dunha polaca. En 1899 instalouse en París. En 1903 fundou Le Festin de Esope, onde publicou as primeiras prosas de L´enchanteur pourrissant (1909). Nese mesmo ano comezou a edición de textos satíricos e libertinos, onde reeditou a obra do marqués de Sade. Con Alcools (1913) comezou a ser considerado un dos grandes poetas franceses de todos os tempos. Publicou Méditations esthétiques (1913), o primeiro libro dedicado aos pintores cubistas. Declarouse futurista e, a partir de 1914, escribiu caligramas. No 1918 morreu víctima da gripe. Moito tempo despois da súa morte foron publicados Ombre de mon amour (1947) e Le guetteur mélancolique (1952). Rompeu coas formas poéticas clásicas, conservando a musicalidade dos simbolistas e a linguaxe da tradición popular e de Villon. Influíu moito o seu interese pola arte...
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arquitecto. Formado na Escola de Arquitectura de Barcelona, na súa práctica profesional optou pola defensa dunha arquitectura racional en equilibrio coa realidade do medio. O exemplo máis salientable do seu facer arquitectónico é a Casa de Vilasouto, no Incio (1975).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor e pensador. Formado polos xesuítas, de mozo introduciuse en ambientes mundanos e libertinos que lle inculcaron un certo esnobismo social. Estudiou Dereito sen moito entusiasmo e deuse a coñecer cuns versos satíricos que lle valeron durante os primeiros anos da Rexencia (1715-1718), diversos confinamentos e unha breve estadía na prisión da Bastilla. Unha traxedia neoclásica, Oedipe (1719), chea de alusións políticas e anticlericais, fíxoo popular entre a nobreza e recibiu protección do rexente e do Rei (concedéronlle dúas pensións en 1722). Insistiu na súa crítica subversiva no poema épico La Henriade (edición clandestina de 1723), malia o que seguiu frecuentando a corte e mesmo foi invitado á voda de Luís XV. Non obstante , a disputa co cabaleiro de Rohen (1726) reportoulle unha nova estadía na Bastilla e o exilio en Londres ata 1729. Este período inglés transformouno nun burgués consciente e combativo, máis sensible á historia e cultura estranxeiras -descubrimento...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Institución fundada no ano 1919 na cidade de Bos Aires, e que tiña como obxectivo sustentar economicamente á Real Academia Gallega, ao mesmo tempo que difundir as súas iniciativas na República Arxentina. Esta asociación tivo a súa orixe en 1908, cando a Asociación Iniciadora y Protectora da Academia Gallega na Habana nomeou unha delegación en Bos Aires, que no sucesivo se amosaría case inexistente; estes académicos na Arxentina tiveron como única actividade a promoción dunha suscrición popular para a construción do monumento a Curros Enríquez na Coruña. En 1919, a Real Academia Gallega enviou a Xulio Dávila coa intención de unir as iniciativas existentes en Bos Aires a prol da Academia. Xulio Dávila solicitoulle apoio económico á Casa de Galicia da capital, acordando esta ofrecer unha achega anual de 500 pesetas, ao mesmo tempo que permitía a constitución dunha comisión autónoma da Academia nas súas dependencias. Poucos días despois constituíuse oficialmente a Asociación, sendo o seu primeiro...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación internacional que tiña como filial en España á Aliança d’Intel-lectuais per a la Defensa de la Cultura, creada en València cara ao 1934. Adoptou o nome de Unión de Escritores e Artistas Proletarios (UEAP). Publicou as revistas Nueva Cultura e Cuadernos de Nueva Cultura. En plena Guerra Civil (1936-1939), acentuou as súas tendencias para favorecer o desenvolvemento da cultura catalá no País Valenciano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Frederick E. Austerlitz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Canle de Australia, no Océano Índico, que separa a illa de Kangaroo da península de Fleurieu, no estado de Australia Meridional.
-
-
Parte dun río polo que a auga discorre máis lentamente.
-
Construción feita para deter o paso da auga e poder utilizala para outros fins.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome das dúas celebracións principais do Islam nos países de lingua turca: a festa pequena, do final do xexún Küçuk bayram (ár: ‘īd al- ṣ a ḡ īr), e a grande ou do sacrificio, Büyük bayram (ár: ‘īd al-Kabīr).
-
PERSOEIRO
Físico. Foi un dos pioneiros da televisión que en 1922 comezou a investigar a posibilidade de transmitir imaxes a distancia e en 1926 obtivo un sistema práctico do que fixo a primeira demostración en Londres. En 1928 logrou transmitir imaxes de Londres a Nova York. Tamén inventou un procedemento para obter imaxes en color e tridimensionais (1944), un aparello de infravermellos, capaz de recoller imaxes na escuridade, e un sistema de reprodución estereofónica.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Naturalista. Ao longo da súa vida reuniu unha importante colección de animais norteamericanos. Foi profesor da Universidade de Nova York e director do Museo de Historia Natural de Nova York. Entre as súas obras cómpre sinalar A history of north american birds (Unha historia das aves nortemericanas).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor. Orixinalmente autor de estilo Neoclásico, evolucionou cara ás técnicas dodecatónicas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome co que se coñece o grito de independencia que marca o comezo do alzamento definitivo en Cuba (23.2.1895). As concesións ofrecidas polo goberno español no mes de xaneiro non convenceron os secesionistas que, liderados por Martí, decidiron iniciar a loita para abolir o réxime colonial.
-
PERSOEIRO
Matemático. No École Normale foi discípulo de Tannery e, en Italia, de Volterra e Dini. Exerceu como profesor de análise en Dijon entre 1905 e 1914. Descubriu as funcións que levan o seu nome e investigou as ecuacións en derivadas parciais. Está considerado, xunto con Poincaré, Borel e Lebesgue, como un dos fundadores da actual análise de variable real.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Baixo Congo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade bancaria fundada en Bos Aires o 6 de novembro de 1905 por un grupo de financeiros galegos entre os que cómpre salientar a Manuel Casas e Juan G. Molina.
-
PERSOEIRO
Escritor francés. Cursou estudios en Lyon (1832-1836) e París (1836-1839). Despois dunha viaxe á India, motivada polo enfrontamento co seu padrasto, o coronel Aupick, estableceuse en París frecuentando os ambientes bohemios. En 1845 comezou a publicar poemas en revistas, artigos de crítica de arte en forma de artigos ou panfletos -foi un gran defensor de Delacroix-, un único conto La Fanfarlo (1847), e a partir de 1848, a longa serie de traducións de obras de Edgar Allan Poe. En 1857 apareceu a primeira edición de Les fleurs du mal (As flores do mal), libro que foi obxecto dun proceso e dunha sentenza condenatoria por ofender a moral pública e os bos costumes. Como consecuencia, obrigóuselle a retirar do libro seis poemas: “Les bijoux”, “Le Léthé”, “A celle qui est trop gaie”, “Lesbos”, “Femmes damnées” e “Les Metamorphoses du vampire”. Só a partir de 1911 apareceron edicións completas da obra e o proceso foi considerado nulo pola Corte Suprema en 1949. Na poesía francesa...
VER O DETALLE DO TERMO