"AGN" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 267.

    1. Acción de diagnosticar.

      1. diagnose diferencial

        Determinación da enfermidade que sofre un paciente despois do estudio comparativo dos seus síntomas e dos signos biolóxicos e clínicos, xunto cos das diversas afeccións de sintomatoloxía similar que poderían aflixilo.

      2. diagnose prenatal

        Conxunto de técnicas diagnósticas practicadas durante o embarazo para determinar algunha malformación ou anomalía que puidese producir un defecto no seu desenvolvemento, en especial alteracións cromosómicas ou metabólicas.

      3. Coñecemento do estado psicofísico do organismo adquirido a través da observación de diversos signos diagnósticos. Este coñecemento obtense por medio do interrogatorio do enfermo, da súa observación clínica e do seu estudo analítico. O interrogatorio do enfermo é o que en termos clínicos se denomina historia clínica. A observación clínica do enfermo pode ser ocular, por palpación, por percusión e por auscultación. Os estudios analíticos poden ser biolóxicos, anatómico-patolóxicos ou radiolóxicos. A través dos datos conseguidos da clínica e destas exploracións especializadas, é posible determinar non só o tipo de enfermidade, senón tamén definir o seu estado evolutivo. A catalogación da enfermidade ten lugar da comparación que o médico fai cuns prototipos de enfermidade preestablecidos. Pódese dispoñer actualmente do uso de aparatos electrónicos que recollen, ordenan e seleccionan datos que lles foron proporcionados, ao mesmo tempo que ofrecen imaxes de comparación que permiten ao...

      4. diagnose topográfica

        Diagnose que determina o lugar onde está a enfermidade.

    2. Descrición concisa dos caracteres dun organismo ou dun grupo taxonómico.

    3. Estudio do estado do tempo mediante as relacións existentes entre todos os elementos que o determinan. Os observatorios meteorolóxicos plasman diariamente a súa expresión gráfica a través dos mapas sinópticos. A diagnose sucesiva do estado do tempo permite determinar o prognóstico ou predición do tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer a diagnose dunha enfermidade.

    2. Determinar algo despois de analizar a súa situación.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á diagnose.

    2. Acción e efecto de recoñecer a natureza dunha enfermidade polos seus síntomas e signos.

    3. Formulación dunha hipótese a partir da observación de certos indicios.

    4. Diagnóstico que reúne diversos métodos e actividades que examinan a acción pedagóxica nos seus efectos. Aplica coñecementos do diagnóstico psicolóxico, como poden ser as diferencias individuais e cuestiona, por exemplo, as causas do éxito ou fracaso na aprendizaxe. Polo xeral, os diagnósticos pedagóxicos pasan por catro fases: descrición (recompilación de xuízos sobre o estado de coñecementos, as condicións de aprendizaxe e historial do alumno); interpretación (interpretación dos determinados resultados da aprendizaxe); prognóstico (predicir o futuro éxito da aprendizaxe) e control (o diagnóstico pedagóxico axuda tanto ao autocontrol do discente coma ao enxuizamento por parte de terceiros, base para mellorar as alternativas didácticas).

    5. Diagnóstico que reúne os métodos de determinación das diferencias inter e intraindividuais respecto das distintas variables psicolóxicas. Francis Galton (1822-1911), que defendía o estudo sistemático da problemática psicolóxica e que sentou as súas bases, foi o seu iniciador. O diagnóstico psicolóxico pode aplicarse de diferente maneira: preparación e regulación de medidas destinadas a producir un cambio de conduta na que o ensino, a aprendizaxe ou o asesoramento poden influír nos cambios de determinadas disposicións individuais, selección e clasificación pola que debe decidirse se un suxeito pode ser admitido ou non nun “determinado esquema de tratamento” (treatment ‘escola’) previamente dado, ou ben en cál dos distintos tratamentos posibles debe ser remitido para acadar un maior éxito; investigación científica, as pecularidades que se detecten nos diagnósticos psicolóxicos poden ser importantes para o desenvolvemento de teorías psicolóxicas e os test como medios auxiliares do...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao diamagnetismo.

    2. Que presenta diamagnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Propiedade dos materiais pola que se magnetizan debilmente en sentido oposto ao campo magnético aplicado; dise que estes posúen susceptibilidade magnética negativa. Cando a unha substancia se lle aplica un campo magnético, ao movemento natural dos seus electróns ao redor do núcleo se lle superpón un movemento de precesión dos mesmos electróns ao redor da dirección do campo aplicado, de xeito que se orixina un campo magnético oposto ao campo aplicado. Como consecuencia o corpo queda imantado en sentido oposto ao indutor. É unha forma débil de magnetismo presente en todos os materiais, aínda que pode quedar enmascarada por outras formas máis fortes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico e oceanógrafo. Profesor na Universidade de Lund (1910-1939), centrou os seus estudios na dinámica das correntes oceánicas. A súa obra permitiu ofrecer unha explicación cualitativa da distribución das correntes oceánicas e tivo unha gran repercusión na meteoroloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de árbores, da familia das eleagnáceas, ao que pertence a árbore do paraíso.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ás eleagnáceas.

    2. Planta da familia das eleagnáceas.

    3. Familia de árbores e arbustos, da orde das proteais, de follas enteiras e flores hermafroditas, actinomorfas e tetrámeras, que dan lugar a froitos en aquenio ou drupa. A familia está composta por unhas 50 especies, pertencentes aos xéneros Hippophae, Elaeagnus e Shepherdia, propias das zonas temperadas do hemisferio norte, da costa de Australia e das illas do sueste Asiático.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplicación da electricidade para facer a diagnose dunha enfermidade; emprégase, especialmente, para o estudo da excitabilidade neuromuscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á electrodiagnose.

    2. electrodiagnose.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao electromagnetismo.

    2. Que se produce por electromagnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Magnetismo producido por unha corrente eléctrica.

    2. Parte da electricidade que estudia conxuntamente os fenómenos eléctricos e magnéticos, unificándoos nunha síntese teórica única. Historicamente, os resultados experimentais básicos conseguiunos cara ao 1820 H. C. Ørsted e A. M. Ampère, que descubriron os efectos magnéticos da corrente eléctrica e puxeron de manifesto a íntima relación existente entre os dous conxuntos de fenómenos. O efecto contrario, é dicir, a produción de corrente eléctrica a partir do magnetismo, coñecido como indución electromagnética, foi descuberto por M. Faraday no ano 1831. J. C. Maxwell conseguiu a síntese teórica de todo este labor experimental e resumiu o comportamento das accións electromagnéticas en catro ecuacións, coñecidas como ecuacións de Maxwell. O campo electromagnético componse de dúas entidades físicas, o campo electrostático E e o campo de indución magnética B . En cada punto do espacio están definidos os dous vectores E e B...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • santo (Arles 473? - Pavia 521) Escritor e orador latino. Mestre de retórica en Milán, recibiu o diaconado en 493 e foi bispo de Pavia (513). En tempos do Emperador Anastasio viaxou dúas veces a Constantinopla (515 e 517) por orde do Papa Hormisdas, co fin de achegar as dúas igrexas, a occidental e a oriental. A súa obra comprende 297 cartas e unha serie de pequenos tratados en que combina a cultura cristiá e a pagá. No martiroloxio aparece o 17 de xullo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e filósofo alemán. Estudiou literatura e filosofía e doutourouse cunha tese sobre C. Brentano. Membro do Grupo 47, viviu en Noruega, Italia, EE UU e Cuba. A súa obra inclúe poesía, ensaio, pensamento filosófico e científico, drama, reportaxe, reflexión política e narración. Colaborador do xornal El País, percorreu España durante tres meses e publicou as súas reportaxes en Cristales rotos de España (1985). Asesor da editorial Suhrkamp de Frankfurt dende 1960, a partir de 1965 editou a revista Kursbuch. Entre as súas obras destacan: Detalles (1969), Política e delito (1968), O afundimento do Titanic (1984), Europa, Europa! (1989), Perspectivas da guerra civil (1994), O diabo dos números: un libro para todos aqueles que temen as matemáticas (1997), Onde estiveches, Robert? (1999) e Diálogos entre inmortais, mortos e vivos (2001). Recibiu, entre outros, o Premio Büchner (1963), o Premio...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brión hidrófilo, do xénero Sphagnum, que normalmente non supera os 30 cm de longo -aínda que algunhas especies chegan ata os 100 cm-. O caulidio presenta dous tipos de pólas -unhas perpendiculares e outras pendurantes-, dispostas en fascículos laterais, que na parte apical forman unha mouta de pólas curtas, denominada capítulo; neste sitúase o esporanxio -en forma de cápsula esférica de cor escura, sostido por un pequeno pé- que libera as esporas por abertura violenta da cápsula ata distancias de 200 mm. O esfagno presenta unha capa superficial de células mortas e transparentes en que pode entrar e saír a auga grazas á presenza de poros, polo que poden acadar 20 veces o seu peso seco. Dependendo da intensidade de luz que reciben, pigméntanse as células, ben de cor verde ou verde amarelenta, ben de tons arrubiados. Estes brións van medrando polo ápice, mentres a parte inferior vai morrendo para dar lugar á formación da turba. Forman céspedes ou almofadiñas en turbeiras,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar francés. Coñecido como Charles d’ Espagne, trala Revolución Francesa trasladouse cos seus pais ao Reino Unido e en 1792 a Mallorca. Loitou xunto aos exércitos españois durante a Guerra da Independencia, polo que recibiu o título de conde de España (1817). Apoiou a reacción absolutista de Fernando VII e durante o Trienio Liberal exiliouse a Menorca. Tralo restablecemento do absolutismo foi capitán en Aragón (1824), e en 1827 combateu en Catalunya a sublevación dos Malcontents. En 1832 foi nomeado capitán xeneral de Catalunya, onde destacou polos seus duros castigos. Pouco tempo despois foi substituído e tivo que fuxir a Italia ante a persecución popular. En 1838 adheriuse ao carlismo e foi nomeado capitán xeneral da zona carlista de Catalunya. Restableceu a orde con dureza, feito que lle valeu a súa destitución e posterior asasinato.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático italiano. Estudiou o problema da rectificación da elipse e da parábola, e na Opere mathematiche probou que, dada a diferenza de lonxitudes de dous arcos, existen infinitas solucións para determinalos sobre estas curvas. Leonard Euler baseouse nos seus métodos para a demostración do teorema de adición das integrais elípticas. Foi membro da Royal Society.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao ferrimagnetismo.

    2. Aplícase á substancia que presenta ferrimagnetismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno intermedio entre o ferromagnetismo e o antiferromagnetismo que se presenta nas substancias que conteñen ferro trivalente (Fe3+) e outro metal divalente (como Fe2+, Ni2+ ou Mn2+), como é o caso das ferritas. Desaparecen ao alcanzar unha temperatura determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase ao mineral que contén ferro e magnesio como catións principais. Son exemplos as micas, os anfíbolos, os piroxenos e as olivinas.

    VER O DETALLE DO TERMO