"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Poeta ruso, membro do Proletkul’ t. Autor de Vosstanije (A insurrección, 1919), Utro (A mañá, 1921) e Veter (O vento, 1925), cultivou temas inspirados na Guerra Civil deses anos e nos problemas do traballo na nova sociedade soviética.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político chileno, fillo dun inmigrante italiano. En 1920 chega á presidencia como candidato da Alianza Liberal, opoñente da coalición das dereitas. Tentou unha serie de reformas, pero as cámaras, controladas polos conservadores, impedíronlle toda actuación coherente, dificultada ademais pola inestabilidade do goberno, a crise económica e as reivindicacións obreiras. En 1924 un comité militar fíxose cargo do poder. Alessandri exiliouse en Europa, pero pouco tempo despois un novo golpe militar de tendencia liberal devolveuno á presidencia (marzo de 1925) o que lle permitiu a aprobación dunha nova constitución presidencialista e laica (agosto de 1925). Alessandri demitiu en outubro do mesmo ano. Despois da denominada república socialista (1931), foi elixido de novo presidente nunha coalición de concentración nacional (1932-1938). Neste mandato creou a milicia republicana (1933) e puxo fin á lexislación social instaurada no decenio 1920-1930 (leis do salario vital e de medicina preventiva)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político, enxeñeiro e home de negocios, fillo de Arturo Alessandri Palma. Gañou as eleccións presidenciais de 1958. En 1964 foi substituído por Eduardo Frei. Actuou como vicepresidente do Banco de Sudamérica e como director e accionista dunha rede de fábricas de papel e de refinerías de azucre; colaborou coa ditadura do Xeneral Pinochet cando era presidente do Consello de Estado ata que demitiu (1976-1981).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto inglés. Foi mestre de obras da catedral de Worcester (1224-1240). A súa obra é moi característica do Gótico primitivo inglés.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ARQUIPELAGOS

    Arquipélago da costa pacífica de América do norte, Alasca, EE UU. Esténdese de N a S dende o Cross Sound ata a Dixon Entrance e está formado por unhas 1.000 illas, de relevo abrupto e costas moi recortadas. As illas principais son Baranof, Chicagof, Admiralty, Kupreanof, Prince of Wales e Revillagigedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto norteamericano. Teórico e investigador. Levou a cabo o seu labor no Center for Environmental Struture e na Universidade de Berkeley. Propuxo modelos de aplicación universal no campo do deseño.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección do sistema nervioso, de etioloxía e patoxenia descoñecidas. As súas manifestacións inícianse na infancia, coa detención do crecemento, retardo psicomotor, convulsións e macrocefalia precoz e progresiva.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Psicanalista norteamericano de orixe húngara. En 1930 trasladouse aos EE UU onde organizou o Instituto de Psicanálise de Chicago (1932), que dirixiu ata 1956, e presidiu tamén a Asociación Americana de Psicanálise (1938-1939). Os seus campos de interese foron a aplicación dos principios psicanalíticos á criminoloxía, á medicina psico-somática e á psicoterapia analítica breve. Entre outras obras é autor de Fundamentals of Psychoanalysis (1984), Psychosomatic Medicine (1950) e The Scope of Physhoanalysis: 1921-1961 (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar británico, primeiro conde Alexander of Tunis. Estudia en Harrow e en Sandhurst. Serviu en Francia durante a Primeira Guerra Mundial e formou pate do exército letón na loita contra a URSS. Entre 1932 e 1938 comandou as tropas británicas no NO da India. Durante a Segunda Guerra Mundial, como lugartenente xeral, mandou o primeiro corpo de exército: organizou a defensa e despois a evacuación (1940) de Dunkerque. Foi axudante de Eisenhower nas campañas de Túnez, Sicilia e Italia (1943); en 1944, trala caída de Roma, asumiu o mando das forzas aliadas no Mediterráneo. Ao acabar a guerra, convértese en gobernador do Canadá (1945-1952) e máis tarde en Ministro de Defensa (1952-1954) do goberno de Churchill. Publicou as súas memorias (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo australiano. Profesor en Manchester (1893-1924). O seu pensamento forma parte do movemento realista principiado con Moore, Russell e o neorrealismo. Escribiu Moral Order and Progress (1888), Space, Time and Deity (1920) e Beauty and Other Forms of Value (1933).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro sueco. Emigrou aos EE UU en 1901. Inventou alternadores de alta frecuencia para as comunicacións transoceánicas e foi (1930) un dos pioneiros da televisión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Tsarina de Rusia (1894-1917), filla do gran duque Luís IV de Hessen-Darmstadt. En 1894 casa co futuro Tsar Nicolao II de Rusia, sobre o que exerceu unha grande influencia. Introduciu na Corte o célebre Rasputin, a quen lle outorga unha gran confianza aumentando por iso o desprestixio do réxime tsarista. Na Primeira Guerra Mundial o Tsar déixalle a Alexandra a dirección da política interior. Ao estoupar a Revolución do 1917, foi arrestada e executada no 1918 con toda a súa familia en Ekaterinburgo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • o Grande (? 356 - Babilonia 323 a C) Rei de Macedonia (336-323), fillo do Rei Filipo de Macedonia e de Olimpia, a súa dona. Foi educado por Aristóteles. No 340 a C o seu pai noméao rexente. No 338 comandou a cabalería macedónica na Batalla de Queronea. Cando herdou o reino, rebelóuselle a Grecia sometida por Filipo, pero Alexandre conquistou e destruíu Tebas e fíxose nomear Xeneral en Xefe dos exércitos gregos e principiando a guerra contra Persia para recuperar as colonias gregas de Xonia (Asia Menor). No 334 pasou o Helesponto e principiou a conquista da costa de Asia Menor. A primeira batalla foi no río Granico, vitoria que lle permitiu liberar as satrapías de Xonia e Lidia. Tomou logo Frixia e a súa capital, Gordion, onde cortou o nó gordiano (segundo a lenda, quen o desenleara sería o amo de Asia). Conquistou Cilicia e atravesou o monte Tauro. O exército persa agardouno en Siria e deulle combate en Issos (333), batalla que foi unha gran desfeita para os persas, na...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fundado en maio de 1990 por Marcos Valcárcel. Está presidido por César Ansias, e contribúe á dinamización da vida cultural ourensá colaborando con outras asociacións a prol da normalización cultural e lingüística do país. Organiza encontros de escritores, homenaxes a persoeiros destacados da cultura ourensá, debates, exposicións de libros, fotografía e caricatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Entidade fundada o 3 de abril de 1992 e declarada de interese cultural galego. Está presidida por Fernando Quintela Novoa e actúa como secretario Xosé Castro Ratón. Entre os seus obxectivos destacan o seu interese pola promoción e defensa da cultura e da lingua galega, e do galeguismo. Para iso organizan conferencias, seminarios e actos de homenaxe a políticos e intelectuais galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    O Eséxeta (Afrodisia s II - III d C) Filósofo e matemático grego discípulo de Herminio e de Arsitocles de Messina. Ocupou entre o 198 e 211 a cátedra peripatética de Atenas. Destacou polos seus comentarios a Aristóteles, especialmente un que fixo á súa Metafísica, que influíron ata o Renacemento e orixinaron unha nova corrente dentro do aristotelismo: o alexandrismo, segundo o cal só o entendemento activo é separado e inmortal, a diferenza do pasivo (a alma individual). No seu Tratado sobre o destino e o libre albedrío combatía o fatalismo estoico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Alexandre de París (ss XII - XIII) Poeta francés. Interveu na elaboración do Roman d´Alexandre, da que reescribiu a primeira parte, uniu a cuarta desas partes -na que se trata a morte do protagonista- e traballou sobre o resto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo inglés. Mestre de Bonaventura na Universidade de París; fíxose franciscano (1231) e inspirouse filosoficamente en fontes agustinianas pero tamén aristotélicas. Foi coautor dunha Summa universae theologiae.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Médico bizantino, o máis importante da súa época. É o autor de Biblíon Therapeutikón en 12 libros, que resume os coñecementos da patoloxía e da terapéutica coñecidos daquela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pedagogo escolástico, escritor, profesor de gramática e franciscano. Autor do Doctrinale Puerorum (1209), onde expón toda a gramática latina en 2.645 versos hexámetros, que serviron para ensinar a gramática durante 300 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO