"AP" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2743.

  • Institución norteamericana fundada en 1852 en Nova York como centro de investigacións e que ten como obxecto recompilar e distribuír os coñecementos xeográficos. Entre as súas publicacións cabe mencionar Geographical Review, Focus e Current Geographical Publications, ademais de coleccións de mapas e atlas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sociedade norteamericana fundada en 1885, con domicilio en Nova York. Está especializada no campo da electrónica e das súas aplicacións industriais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Doutrina profesada polos anabaptistas, que nega a eficacia do bautismo administrado aos nenos antes do uso da razón e esixe rebautizalos de adultos para que dean testemuño da súa fe. Herdeira dos movementos “espirituais” da Idade Media, a súa orixe histórica é complexa. Aparecen diferentes grupos ao comezo da Reforma Protestante, entre os que hai que destacar o de Thomas Münzer, o dos anabaptistas suízos e alemáns que fixeron a primeira profesión de fe en Schleitheim (1527) e os dos menonitas ou discípulos de Menno Simons, un frisio que restaurou a ortodoxia dos anabaptistas. Representaba un movemento espiritualista, de piedade e misticismo, máis que teolóxico ou propiamente doutrinal: comunidade de bens, predicións apocalípticas, pacifismo e, nalgúns casos, a poligamia. Estivo moi perseguido polos católicos e polos protestantes. En 1572, o sector máis tolerante adoptou o nome de baptistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Individuo que profesa o anabaptismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Andhra Pradēsh, India, ao N de Bangalore (174.792 h [1991]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao anapesto.

    2. Composto dun ou varios anapestos.

    3. Ritmo de marcha conseguido con anapestos, usado nos cantos militares dóricos e, máis tarde, na comedia e na traxedia grega. Por extensión, desígnase ás veces deste xeito, o verso escrito en lingua románica que ten o acento na terceira sílaba precedida de dúas átonas ou debilmente acentuadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pé métrico da poesía greco-latina composto de tres sílabas, as dúas primeiras breves e a última longa. Oponse ao dáctilo.

    2. Na comedia grega é a parte principal da parábase ou discurso do corifeo ao público, a causa do ritmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tipo de libro que ten as follas escritas ou impresas por unha soa cara.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cambios celulares que implican perda do carácter diferenciado e capacidade proliferativa nas células afectadas. É característica dos tecidos tumorais, polo que a súa detección é importante na diagnose de cancros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á familia das anaplasmatáceas.

    2. Rickettsia da familia das anaplasmatáceas.

    3. Familia de rickettsias parasitas dos eritrocitos, de aspecto semellante a algúns virus e mesmo a certos protozoos (piroplasmas) tamén parasitos dos eritrocitos. Atacan sobre todo os ruminantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección por rickettsias do xénero Anaplasma, propia dos bóvidos dos países cálidos. Comporta, a miúdo, ictericia e anemia. O tratamento desta enfermidade limítase a repouso absoluto e á administración de tónicos xerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía plástica coa que se pretende restablecer unha parte mutilida do corpo ou realizar algunha modificación nel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Non apodíctico, indemostrable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do estado de Maryland, nos EE UU, á beira da baía de Chesapeake (33.187 h [1990]). Fundada contra o ano 1649 polos puritanos, no 1783 foi ratificada no Tratado de París, coa que se rematan as hostilidades coa Gran Bretaña. Tres anos máis tarde, a Convención de Anápole preparou a futura Convención Federal de 1787.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do estado de Goiás, Brasil, ao SO de Brasilia (160.520 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que pertence á clase dos anápsidos.

    2. Réptil da subclase dos anápsidos.

    3. Subclase de réptiles caracterizados pola ausencia de fosas temporais. Comprende os quelónidos e dúas ordes extinguidas: cotilosauros e mesosauros.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase ao son vocálico motivado por unha anaptixe.

    2. Relativo ou pertencente á anaptixe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma particular da epéntese que determina a introdución dun son vocálico, favorecido por determinadas facilidades articulatorias de orde orgánica entre outros dous consonánticos, sendo un destes líquido; por exemplo, corónica por crónica.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Primate fósil da familia dos anaptomórfidos.

    2. Familia fósil, procedente do Eoceno de Europa e Norteamérica, de primates braquicéfalos da suborde dos lemuroideos, coa porción anterior das órbitas moi grandes, sen sínfise mandibular e con dentición en parte de tipo insectívoro. Pertencen a esta familia os Anaptomorphus. Serviron para relacionar a orde dos primates cos insectívoros.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que perdeu ou tende a perder as flexións.

    VER O DETALLE DO TERMO