anabaptismo

anabaptismo

(

s m [RELIX]

Doutrina profesada polos anabaptistas, que nega a eficacia do bautismo administrado aos nenos antes do uso da razón e esixe rebautizalos de adultos para que dean testemuño da súa fe. Herdeira dos movementos “espirituais” da Idade Media, a súa orixe histórica é complexa. Aparecen diferentes grupos ao comezo da Reforma Protestante, entre os que hai que destacar o de Thomas Münzer, o dos anabaptistas suízos e alemáns que fixeron a primeira profesión de fe en Schleitheim (1527) e os dos menonitas ou discípulos de Menno Simons, un frisio que restaurou a ortodoxia dos anabaptistas. Representaba un movemento espiritualista, de piedade e misticismo, máis que teolóxico ou propiamente doutrinal: comunidade de bens, predicións apocalípticas, pacifismo e, nalgúns casos, a poligamia. Estivo moi perseguido polos católicos e polos protestantes. En 1572, o sector máis tolerante adoptou o nome de baptistas.

Palabras veciñas

Anabaena | ANABAM | anabántido | anabaptismo | anabaptista | anabar | Anabar