"AVI" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 908.

  • Liñaxe antiga que se asentou en Pedrafita, Santiago de Parada, concello de Nigrán. Un dos seus sucesores, Isidro de la Cueva, casou na casa de Molanes con María Rodríguez, que tamén aparecen entre os ascendentes dos Ávila y la Cueva. Estes dous apelidos, oriúndos de Jerez de la Frontera, entroncaron cos Fernández de Valvieja, da xurisdición da vila de Ayllón, no bispado de Sigüenza. En 1790 foille outorgada real provisión de fidalguía, pola Real Chancelería de Valladolid, ao escribán tudense Xoán Antonio Ávila y la Cueva. Outras figuras destacadas desta familia foron Francisco Xosé Vicente Ávila y la Cueva, quen escribiu Historia Civil y Eclesiástica de la ciudad de Tuy y su Obispado; e Xosé Ávila y Lamas, bispo de Plasencia e Ourense. Houbo tamén en Vigo unha familia chamada Da Vila, De Avila ou Dávila á que pertencía Alonso de Ávila, que probou a súa fidalguía en 1551. Membros desta liñaxe foron donos do pazo casa do Casal, na freguesía de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bailarina e profesora de danza. Iniciou a súa carreira profesional no corpo de baile do Liceo, e ascendeu a primeira bailarina en 1939. Foi nomeada profesora do Instituto de Teatro da Deputación de Barcelona e en 1954 abriu un estudo de danza clásica en Zaragoza para dedicarse plenamente ao ensino. En 1982 fundou e dirixiu o Ballet Clásico de Zaragoza. Entre 1983-1987 foi directora do Ballet Nacional de España. En 1989 creou o Joven Ballet de María de Ávila, e ese mesmo ano o Ministerio de Cultura concedeulle a medalla de ouro das Belas Artes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Aliñamento montañoso da provincia de Ávila, que forma parte da serra de Gredos e que ten unha dirección L-O. É un horst granítico, separado da serra de La Serrota pola fosa tectónica de Amblés-Corneja.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén adquira maneiras de vilán.

    2. Converterse en vilán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico norteamericano. Traballou como asistente de dirección, director de fotografía e produtor asociado. No seu cine obsérvase un intento por profundizar na realidade social americana, tal é o caso de Joe (1970), acompañado doutro estilo no que acción é calidade básica, con títulos tan coñecidos como Karate Kid (O neno karateka, 1984) e Rocky (1976), filme co que gañou un Oscar e a súa consagración como realizador. Dirixiu tamén Turn on to love (Cambio no amor, 1967), Neighbours (Veciños, 1982), Power of one (O poder do un, 1992) e Eight seconds (Oito segundos, 1994).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da Comunidad Autónoma de Asturias, na costa cantábrica e na ribeira da ría de Avilés (85.696 h [1996]). Nó de comunicacións -ferrocarril de viaxeiros e mineiro- e centro comercial, pesqueiro e industrial, é a sede dunha importante industria siderúrxica, que ten a súa orixe no establecemento da Real Compañía Asturiana de Minas (1858). En 1940 instalouse Cristalería Española e en 1946 a siderúrxica ENSIDESA. Máis tarde diversificaríase a súa produción industrial nos sectores químico, alimentario, téxtil e de maquinaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antón Avilés Vinagre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e heraldista castelán. Marqués de Avilés. Tenente coronel de dragóns do exército de Filipe V en Catalunya. É autor do tratado: Ciencia heroica reducida a las leyes heráldicas del blasón (1725).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ou Antón Avilés de Taramancos (Taramancos, Noia 6.4.1935 - A Coruña 22.3.1992) Escritor. Fixo estudios de Náutica na Coruña, onde contactou co movemento galeguista de esquerdas. Emigrou despois a Colombia durante vinte anos. Neste período mantivo un silencio literario que se rompeu trala súa volta definitiva a Galicia en 1980. Nos seus últimos anos desenvolveu unha constante actividade cultural -con colaboracións en diversos medios como Grial, Dorna ou Luzes de Galiza- e política, chegando a ser concelleiro en Noia polo BNG en 1987. En 1986 foi elixido Presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega. Na súa primeira etapa publicou os poemarios As moradías do vento (1955) e A flauta i o garamelo (1959), e obtivo o Premio da Colección Brais Pinto co relato “Pequeño canto”. Despois da súa estadía americana deu ao prelo o poemario O tempo no espello (1982), que recolle toda a produción anterior á etapa americana,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e funcionario. Marqués de Avilés, fillo de José de Avilés e Iturbide. Marchou a América para exercer o cargo de tenente coronel de dragóns (1769). Tomou parte na represión do alzamento de Tupac Amaru (1780-1781). Chegou a ser gobernador de Chile (1796), e vicerrei do Río da Prata (1799) e do Perú (1801).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ávila ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Ávila.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de aviñar.

    2. Que está mesturado ou impregnado de viño.

    3. Aplícase a quen perdeu o dominio de si mesmo por beber excesiva cantidade de viño.

    4. Dise da froita que xa está madura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de avinagrar ou avinagrarse.

    2. Que sabe a vinagre. Aplícase á bebida alcólica, especialmente o viño, que se volve agre.

    3. Aplícase á persoa de carácter rudo e áspero, caracterizada por ser negativa e que manifesta esa actitude.

    4. Dise da persoa que se anoxou, que está de mal humor.

    5. Alteración do viño producida polo desenvolvemento dunha fermentación acética. Contrólase empregando gas sulfuroso, que mantén as condicións anaeróbicas necesarias para este tipo de reacción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de avinagrar ou avinagrarse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tornar agre un viño ou outro líquido.

    2. Facer que unha persoa ou o seu carácter se tornen agres.

    3. Tornarse agre o viño ou calquera outro líquido.

    4. Tornarse irritado e alporizado o carácter de alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Pisar o bagazo cando sobe durante a fermentación.

    2. Impregnar ou mesturar con viño.

    3. Inxerir excesiva cantidade de viño, coa conseguinte perda das facultades.

    4. Madurar a froita.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de avir ou avirse.

    2. Que se axustou a unha norma ou acordo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga parroquia do concello de Valdoviño baixo a advocación de san Miguel, integrada na de Valdoviño en 1895.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da Provenza, capital do departamento francés da Vaucluse, situada na ribeira do Ródano (86.939 h [1990]). Centro de veraneo. A situación da cidade influíu notablemente na súa historia. Aliada de Roma e profundamente romanizada, a pequena Avennio acadou unha grande importancia no tempo das invasións xermánicas debido á súa situación privilexiada, doadamente fortificable. Ao declinar o Imperio Romano de Occidente pasou ao dominio dos burgundios (413). Pertenceu sucesivamente aos reis da Borgoña Cisxurana, de Arlés, das Dúas Borgoñas e finalmente aos condes da Provenza. En setembro do 1125 foi repartida entre o conde de Barcelona Ramón Berenguer III, esposo da herdeira da Provenza, e Afonso Jordà, conde de Tolosa. Próspero centro comercial, a cidade desenvolveu cedo unha poderosa clase burguesa consciente dos seus dereitos que, dende 1198, lle deu un goberno amplamente autónomo. En tempos da cruzada albixense, Aviñón púxose ao carón da casa de Tolosa, e no 1226, logo dun curto...

    VER O DETALLE DO TERMO