"Aman" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 250.

  • [sánscr: brāhman]

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto e pintor italiano. Está considerado como o iniciador do Renacemento romano. Aprendeu no obradoiro de frei Bartolommeo de Urbino, quen o iniciou na pintura. A súa primeira obra foi a decoración da igrexa de Santa Maria della Bella. En Urbino, iniciouse tamén na arquitectura, sendo seus o pazo de Torriglione e as igrexas de San Bernardino e da Nosa Señora del Piratello, en Imola. Trasladouse a Milán en 1472, onde coñeceu a Leonardo da Vinci, quen influíu nas súas ideas arquitectónicas. En Milán realizou a igrexa de Santa Maria presso San Satiro, na que reflecte un novo xogo de perspectivas, e Santa Maria delle Grazie; outras obras súas en Milán son a Casa dos Cóengos ou a tumba de Ludovico il Moro, ademais de participar na elaboración dos planos da catedral de Pavia xunto con Francesco di Giorgio e de Amadei. Da súa pintura lombarda quedan poucos testemuños: Homes de armas e filósofos e Cristo na columna. En 1499 chegou a Roma, onde se adicou intensamente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Bartolomeo Suardi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do departamento de Santander, Colombia, nos contrafortes da Sierra Oriental (508.240 h [1997]). É unha das principais cidades do país, de economía baseada no comercio e na industria, e que está situada á beira de importantes vías de comunicación (autoestradas e ferrocarrís). Posúe aeoporto. É tamén un centro de ensino superior, sede da Universidad Industrial de Santander, fundada en 1947, e da Corporación Universitaria Autónoma de Bucaramanga, fundada en 1955. Miguel de Trujillo e Andrés Páez de Sotomayor fundaron a cidade no 1622.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Soprano. Formada no conservatorio do Liceu de Barcelona, actuou no Gran Teatre del Liceu cun gran número de óperas e en concertos no Palau de la Música Catalana, así como noutras cidades europeas e asiáticas. Gañadora do Orphée d’Or pola súa actividade discográfica, dedicouse tamén ao ensino do canto. Recibiu a Creu de Sant Jordi en 1992.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Bibliotecario. Foi director da biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela e profesor de diplomática e paleografía na universidade compostelá. Realizou o Catálogo de la Biblioteca América de la Universidad de Santiago (1927-1929) e o Catálogo general alfabético de autores de la biblioteca del Doctor Lago (1929). Así mesmo, a partir de 1944, publicou os Catálogos de la Biblioteca Universitaria, que recollían toda a obra impresa na biblioteca da Universidade de Santiago de Compostela dende o s XV.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Fillo de emigrantes santanderinos, chegou a Vigo en 1921 pensionado polo goberno cubano. En 1922 realizou a súa primeira exposición en Vigo, posteriormente expuxo en España e Cuba. Foi fundamentalmente un paisaxista, nas súas obras empregou unha técnica tendente ao impresionismo. Retirouse da pintura en 1967.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Benedictino. Foi abade dos mosteiros de San Salvador de Lérez e San Martiño Pinario, e catedrático de Prima na Universidade de Santiago de Compostela. Escribiu: Oracion funebre en las honras que a la Magestad Catholica de Don Philipe Quarto (1666) e Oracion panegyrica y evangelica a la Inmaculada Concepcion de María Santissima Señora Nuestra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político xamaicano. En 1938 fundou o Sindicato Industrial Bustamante e, en 1943, o conservador Partido Laborista de Xamaica. Foi ministro de Comunicacións de 1943 a 1953 e, durante o goberno autónomo, primeiro ministro entre 1953 e 1955; en 1962, trala independencia da illa, volveu ser primeiro ministro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Porto do Son baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido que pode ter a súa orixe nun alcume ou nun topónimo. Algunhas teorías fano derivar do antigo adxectivo camaño, procedente, á súa vez, do latín quam magnu. As documentacións que se atopan deste apelido presentan unha forma xa moi próxima á actual: “Johan de Camaño” (doc ano 1457 en F. R. Tato Plaza Libro de Notas de Álvaro Pérez, notario da terra de Rianxo e Postmarcos (1457), 1999, p 927). Unha variante deste apelido é Camaño.

    2. Liñaxe que, segundo a tradición, descende do príncipe Sicambre, bisneto do último rei dos troianos que desembarcara en terras galegas. A súa primeira casa foi o castelo de Castro Camaño, en Noia, e a ela pertenceron Sancho García de Caamaño, que participou como capitán no sitio de Almería (1147) e na conquista de Andújar (1155), Garci Fernández de Caaamaño, que acompañou a Fernando III o Santo nas conquistas de Córdoba e Sevilla, e Vasco Fernández de Caamaño, quen apoiou a Pedro I o Cruel e logo tivo que marchar para Portugal. Establecéronse en Vista Alegre e Barrantes, de onde procede García de Caamaño Mendoza Soutomaior, cardeal arcebispo de Compostela, Fernando Caamaño de Andrade e Soutomaior, bispo de Palencia e Sigüenza e capitán xeneral do Reino de Galicia en Rubiáns, e Fernando de Caaamaño e Figueroa, cardeal de arcebispo de Compostela. Tamén se asentaron noutros moitos lugares de Galicia como Vilanova de Arousa, Rubiáns, Pontevedra, Romelle (Samos), Rianxo, Baión...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Cronista oficial de Cambados. Desenvolveu o seu labor profesional como comisario de policía. Colaborou como xornalista en La Voz de Galicia e no Faro de Vigo. Amais de numerosos artigos xornalísticos, escribiu: Cambados a la luz de la historia (1933), El Grove, su historia (1964) e Rosalía en el llanto de su estirpe (1968). Foi membro da Real Academia Galega e, dende 1973, da Real Academia da Historia. Recibiu un premio nos Xogos Florais da Coruña do ano 1948 pola súa obra El periodismo gallego en relación con el periodismo español.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Poeta. Colaborou en diversos xornais e revistas da emigración galega, principalmente con composicións poéticas. Publicou o poemario Marisqueiras.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arqueólogo. Profesor de arqueoloxía na Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en diferentes aspectos da romanización en Galicia dende que en 1976 defendeu a súa tese sobre La vía romana número 18 del Itinerario Antonino a su paso por la provincia de Ourense. Dirixiu a escavación do campamento romano de Cidadela (Sobrado dos Monxes) e do xacemento de Temes (Carballedo). Foi director do departamento de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Santiago de Compostela e membro da comisión técnica de arqueoloxía da Xunta de Galicia e colaborou nas revistas Gallaecia, Larouco, Lucus, Cuadernos de Estudios Gallegos, Boletín Auriense, Conimbriga, Boletín do Museo Provincial de Lugo e Cadernos de Arqueoloxía. É autor dos libros Guía del campamento romano de Cidadela (1994), As vías romanas (1998) e La vía Nova (18 Itinerario Antonino) su tramo galaico (2000). Pertenceu ao...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Historiador. Catedrático de Historia da Arte na Universidad Complutense de Madrid. Especializouse na arte gótica galega, tema da súa tese Contribución al estudo del gótico en Galicia (1959), e realizou numerosos estudios, entre os que destaca “Pervivencias y ecos del Pórtico de la Gloria en el gótico gallego” (1991). É colaborador de Cuadernos de Estudios Gallegos, Archivo Español de Arte, Boletín del Seminario de Estudios de Arte y Arqueología e Cuadernos del Arte Español. Ademais participou en congresos e obras colectivas como Arte Galega: estado da cuestión (1990). Entre as súas obras cómpre salientar Historia del Arte Español (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Economista ilustrado, conde de Maceda e Fefiñáns, marqués de Figueroa e da Atalaia e grande de España. Desempeñou o cargo de alguacil maior do Santo Tribunal da Inquisición do Reino de Galicia e vogal perpetuo da Xunta de Comercio e Navegación. Nas súas obras, defendeu que o comercio e a industria non deberían estar gravados con demasiadas cargas tributarias. A súa actividade económica comezou en 1792, cando fundou unha fábrica con once teares para obxectos de seda, ouro e fío. En 1797, por mor da súa defensa ante o rei do porto de Ferrol, foi nomeado pola corporación da cidade rexedor perpetuo da vila. Publicou: Representación (...) sobre el estado de las pesquerías nacionales, causas de su decadencia y medios de establecerlas (1807) e Reforma que deberá darse a la Marina española para que llegue a florecer entre las primeras naciones de Europa (1814). Foi membro da Sociedad Cantábrica, da Sociedade do Reino de Galicia e cabaleiro da orde de san Xoán de Malta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Arquitecto. Profesor de construción rural galega na Escola Universitaria de Arquitectura Técnica. Investigador das construcións populares galegas, participou no Congreso Europeo do Hórreo na Arquitectura Rural (1985) e colaborou na obra Doce anos na busca da nosa identidade (1991). Entre outras obras, publicou Pro e contra da liturxia en galego: historia dunha polémica, (1980), Sobre Galicia, con responsabilidades (1989), A casa vivenda (1997), A casa popular (1999) e As construcións adxectivas (1999). Paralelamente, foi un activo militante galeguista, iniciando a súa andaina en Barcelona, onde foi vicesecretario do Centro Galego de Barcelona e fundou a Mocedade Galega en 1960. En 1964 instalouse na Coruña e ingresou no Partido Socialista Galego, ao que pertenceu ata 1980. Presidiu a Agrupación Cultural O Facho ata 1979. Ademais, foi vicepresidente da coral polifónica Follas Novas, membro dos consellos editoriais de Sept e Galaxia, un...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. En 1606 dourou e pintou o retablo da capela de San Froitoso, na catedral de Santiago de Compostela, e o retablo principal de Santo Estevo de Covas (Ames). Está documentado que en 1620 estivo preso no cárcere da Torre da Praza por causa dunha querela imposta polo escultor Francisco de Antas, aínda que este retirou a denuncia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo. A súa dedicación á fotografía comezou no ano 1924 de forma autodidacta. Anos máis tarde pasou varios invernos en Santiago onde aprendeu co fotógrafo Ksado. Ao longo da súa vida, sempre na Costa da Morte, foi retratando as súas paisaxes así como o xeito de vivir dun pobo e todos os aspectos relacionados coas súas actividades laborais e sociais. Na súa obra reflectiu os traballos do mar e do campo, as actividades manuais dos carpinteiros, toneleiros, palilleiras, a actividade nas feiras e nas oficinas, a vida nas escolas; tamén as procesións e peregrinacións, os velorios, as festas e romarías, o teatro, os faladoiros e o deporte. O seu estilo baséase na sinxeleza de medios. Interesouse polo cine e proxectou películas polas vilas da área de Corcubión dende o ano 1927. Publicou fotografías en diversos xornais e revistas como ABC, Ahora, Céltiga, La Voz de Galicia, El Ideal Gallego, La Noche, España y América, Finisterre, Stampa, Vida Gallega, Hijos de Mugía e Alborada (estas dúas...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xaquín Ramón Pérez Caamaño.

    VER O DETALLE DO TERMO