"Andra" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 121.

  • PERSOEIRO

    Piloto mariño. Realizou diversas viaxes no vicerreinado de Perú, onde foi conselleiro dos presidentes e benemérito (1623). Nunha das súas viaxes foi saqueado por Drake (1591). Escribiu o diario Viaje y descubrimiento de la isla Salomón en el mar del Sur (1566).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Superficie plana que, debido a unha disposición topográfica endorreica e unha litoloxía impermeable, polo xeral de orixe sedimentaria, adoita estar asolagada.

    2. Tronco queimado de xesta ou de urce.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa editorial fundada en Pontevedra o 2 de abril de 1998. Desde un principio especializouse na edición de libros e contos infantís, caracterizados por unha coidada presentación e contidos novidosos. Presenta as coleccións: “Tras os montes”, “Demademora”, “Os contos do trasno”, “Biblioteca de Panteno”, “Maremar”, “Sondeconto”, “Minilibros para soñar”, “Seteleguas”, “Tiramillas” e “MAKAKIÑOS”. Entre outros galardóns, recibiu o Premio Nacional de Ilustración polas obras O coelliño branco (1999) e Onde perdeu Lúa a risa? (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo teatral creado en 1989 por Antón Lamapereira, Manuel F. Vieites e varios alumnos da Aula de Teatro da Escola de Maxisterio de Pontevedra. Entre os seus espectáculos destacan Tripi, Trapa e o pirata Malapata (1990), con dirección de Manuel F. Vieites, Lisquemos, Marqués, lisquemos (1991), con dirección de Antón Lamapereira, O ponche (1992), con dirección de Emilio Goyanes, O hobbit (1993), con dirección de João Luíz ou Narnia (1994), con dirección de Manuela Rodríguez Lorenzo. Posteriormente, a compañía centrou as súas actividades na realización de traballos de animación á lectura, de intervención escénica en diversas celebracións ou de promoción da tradición oral para, finalmente, potenciar a creación da editorial homónima.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CABOS

    Cabo máis occidental da Península Calcídica, na rexión de Macedonia, Grecia, proxectado cara ao Mar Mediterráneo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Peterburgo 1872 - Moscova 1952) Revolucionaria rusa. Tralo triunfo da Revolución de Outubro foi comisaria do pobo para a Asistencia Pública, cargo desde o que desenvolveu un traballo en prol de reformas sociais e institucionais, especialmente no que respecta á situación social e familiar da muller. Membro do Comité Central do PCUS (1918), foi apartada da política activa en 1924 por reclamar a democratización interna do partido e unha maior participación dos traballadores. Desde aquela dedicouse a exercer funcións de embaixadora no estranxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Kide 1925) Realizador cinematográfico húngaro. A súa obra afronta a problemática intelectual socialista en obras como Nehéz emberek (Os intratables, 1964), Falak (Os muros, 1968), Oktoberi vasárnap (Un domingo de outubro, 1979) e A vörös grófnö (A condesa vermella, 1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Froito do carballo e doutras árbores da familia das fabáceas, como a aciñeira e a sobreira, cuberto por unha casca dura rematada por un carapucho polo que está unido á árbore.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que reciben as plantas do xénero Mandragora, da familia das solenáceas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas perennes, da familia das solanáceas, que presentan as raíces napiformes e dispostas e as follas simples, oblongas, lanceoladas e roseta basal. As flores son campanuladas, pedunculadas e de cor violácea, e o froito en baga amarela ou alaranxada. Teñen propiedades narcóticas. Comprende dúas especies, M. officinarum, de Dalmacia, e M. autumnalis, da parte sudoccidental da Península Ibérica e doutras rexións mediterráneas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de San Cristovo de Cea baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ponte situada na parroquia de Mandrás, no concello de San Cristovo de Cea, sobre o río Barbantiño. Construíuse para dar continuidade ao Camiño Real de Ourense a Santiago. Ten un só van, de arco de medio punto de cantería.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que trae por armas un escudo acuartelado en cruz: primeiro e cuarto cuarteis, en campo de ouro, cun grifón de goles; segundo e terceiro cuarteis, en campo de azul, cunha faixa de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe galega que se asentou en Mondoñedo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Foi inquisidor de Galicia e València e cóengo lectoral e vigairo capitular de Santiago de Compostela. Escribiu Elucida et elegans interpretatio ad Bullam Alexandri III P.M. de Jubileo D. Jacobi unici Hispaniarum Patroni (1628) e Comentarios sobre las Constituciones capitulares.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nobre e militar galego, fillo de Rodrigo Osorio de Moscoso. Criado baixo a tutela de Álvaro Osorio de Moscoso, bispo de Astorga, en 1537 creou a escuadra galega. Os Reis Católicos destinárono a Italia, onde foi capitán do exército na Guerra de Gaeta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe con orixe en Betanzos. Trae como armas, en escudo partido: primeira partición, en campo de ouro, unha aguia, ao natural, voando, coroada de ouro, e seguda partición, en campo de sinople, dúas cabezas de dragóns, de ouro, engolando unha banda do mesmo metal; bordo de prata, coa lenda “Ave Maria gratia plena”, en letras de sable. Outros traen, en campo de goles, unha cruz flordelisada, de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso e escritor liberal. Estudou filosofía e teoloxía en Salamanca e Roma. No seu regreso a España instalouse en Madrid, onde realizou diversos estudos literarios e científicos, ata que conseguiu a secularización en 1792. Precursor do xornalismo na Coruña, o seu primeiro proxecto de obradoiro e semanario, El Curioso Herculino, fracasou en 1797. Os seus escritos, baixo o pseudónimo de León de Parma ou Pardo de Xas, tiveron moita aceptación na prensa madrileña. Publicou diversos poemas, relatos e folletos de contido político e de carácter anónimo, dos que destacan Os rogos d’un gallego establecido en Londres dedicado aos seus paysanos para abrirlles os ollos sobre certas inorancias, e o demais que verá o curioso lector (1813), un romance ideolóxico e propagandístico en que ataca a Igrexa e o absolutismo monárquico. Foi director de Diario de La Coruña (1808), o primeiro xornal coruñés; do Semanario Político, Histórico y Literario de La...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Física. Doutora en Física (1963) e catedrática da Universidade de Santiago de Compostela, ampliou estudos no Institut de Calorimetrie et de Thermogenese de Marsella e en 1964 introduciu a microcalorimetría en España. Realizou traballos sobre termodinámica aplicada, diversos estudos calorimétricos e determinacións de calor específica de sólidos e líquidos. Coordinou o equipo que elaborou o sistema experto para predicir o perigo de incendios forestais en Galicia e o proxecto THOR. Ademais, foi membro fundadora e presidiu, en dúas ocasións, o Comité Permanente da International Conference on Thermodinamics of Solution of non-electrolites; tamén presidiu a sección de Galicia da Real Sociedad Española de Física e o comité de dirección de EUROSTAR SCIENCE. É autora de La Era del vapor y el nacimiento de una nueva ciencia: la termodinámica (1990). Recibiu a Medalla de Ouro da Real Sociedad Española de Física (1992), o Premio Galicia de Investigación Antonio Casares y Rodrigo (1999) e a...

    VER O DETALLE DO TERMO