"Arce" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 252.
-
GALICIA
Actor e director teatral. Comezou a súa actividade no grupo de teatro da Universidade Laboral da Coruña no ano 1976 e posteriormente participou en numerosos grupos como Danthea, Escola Dramática Galega, Ollomol Teatro Submarino, O Moucho Clerc, Teatro do Atlántico, Centro Dramático Galego, Teatro do Aquí, Ollomoltranvía e Mofa e Befa. Con estas compañías traballou en diversos espectáculos como Os perxuicios do tabaco, de Chejov (1976); Adeus Madelón, de Manuel Lourenzo (1987); Moleques, de Marcos Orsi (1989); O Rousinhol da Bretanha, de Quico Cadaval (1991); Historia de Neera, de Roberto Salgueiro (1990); O incerto señor Don Hamlet, de Álvaro Cunqueiro (1991); Anxeliños, de Vidal Bolaño (1997); Para ser exactos, creación do grupo Ollomoltranvía (1997); Commedia (un xoguete para Goldoni) (1993) e Raíñas de pedra (1994), ambas as dúas de Cándido Pazó; tamén participou na representación de Clownfutbol...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sindicalista e político. Obreiro metalúrxico e militante comunista dende 1935. Nos anos sesenta foi un dos fundadores do sindicato Comisiones Obreras (CC OO), do que foi secretario xeral (1976-1987) e presidente honorífico (1987-1996). O seu activismo político e sindical levouno ao cárcere en varias ocasións entre 1967 e 1976. Foi deputado por Madrid do Partido Comunista de España (PCE) na lexislatura constituínte (1977-1979) e na primeira lexislatura (1979-1982). Escribiu Charlas en la prisión (1974), onde evoca a loita antifranquista e os seus longos encarceramentos, e Confieso que he luchado (1990), un libro de memorias.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico francés. Malia comezar a súa carreira de forma exitosa dirixindo filmes como Mort en fraude (Morto fraudulentamente, 1956) e Orphée noir (Orfeo negro, Palme d’or no Festival de Cannes en 1959 e Oscar da Academia de Hollywood en 1960), os seus intentos por especializarse no exotismo non deron o resultado previsto. Realizou tamén Le mur de l’Atlantique (A parede do Atlántico, 1970) e Otalia de Bahia (1976), entre outras.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio do Principado de Asturias, capital da comarca de Las Brañas (18.110 h [1996]). Sitúase no val onde o río Luiña ou Naviego desemboca no Narcea. Centro agrícola, destacan os cultivos de millo, hortalizas, viña e árbores froiteiras. Co gallo da importancia da cría de gando ovino e bovino, celébranse na localidade feiras de sona. O sector mineiro provocou un auxe económico que contribuíu ao desenvolvemento urbano. Durante o reinado de Fernando III o Santo Cangas del Narcea converteuse en vila. A basílica de Santa María Magdalena, erixida no 1642, está declarada Ben de Interese Cultural.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Arqueólogo. Doutor en Historia coa tese A cultura castrexa na bacía media do río Ulla, especializouse en diferentes aspectos da cultura castrexa, sobre todo relacionados co seu patrón de asentamento, e defendeu unha postura “pacifista” da súa organización. Dirixiu as escavacións de varios castros na Terra de Trasdeza, do castro da Forca (A Guarda) e de diferentes puntos de Lucus Augusti. Colaborou, entre outras, nas revistas Brigantium, Gallaecia, Zephyrus, Trabalhos de Arqueologia e Etnologia e Trabajos de Prehistoria. Participou en obras colectivas como Concepcións espaciais e estratexias territoriais na historia de Galicia (1993), A cultura castrexa galega a debate (1996) e El oro y la orfebrería prehistórica de Galicia (1996) e coordinou a Historia da arte galega (1999). É autor de Povoamento castrexo e romano da Terra de Trasdeza (1986), Castro da Forca (A Guarda Pontevedra: campaña...
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Lámpada de aceite que funciona combinando un mecanismo de reloxería e un pistón, inventada polo reloxeiro francés Bertrand Guillaume Carcel (1750-1812).
-
Antiga unidade de medida aplicada á intensidade luminosa, e, no sistema racionalizado, amplitude de fluxo luminoso; equivale a 9,87 candeas.
-
-
MUNICIPIOS
Municipio da Ribera Alta, na Comunitat Valenciana, no val do mesmo nome (2.022 h [1996]). Aínda que predominan no municipio as actividades vinculadas co sector servicios, a agricultura ocupa boa parte da poboación, especialmente os cultivos de cereais, arroz, legumes e laranxas. Na industria destacan pequenas fábricas de augardente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao cárcere.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exacción que lle cobraban os carcereiros ao preso que se deixaba en liberdade, como retribución pola súa custodia. Esta institución mantívose ata1849.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Edificio no que cumpren as penas de privación de liberdade as persoas que cometeron un delito.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa encargada de vixiar as persoas que están no cárcere.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Froito sincárpico, globuloso, unilocular, indehiscente e polispermo, característico do tileiro.
-
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Adscrito ao realismo poético, é o autor de destacadas películas que se poden incluír dentro desta tendencia: Drôle de drame (Estraño drama, 1937) e Le jour se lève (O día comeza, 1939). En Les visiteurs du soir (Os visitantes da tarde, 1942-1943) e Les enfants du Paradis (Os nenos do Paraíso, 1943-1945) establece, en clave, unha vontade de definición estética semellante á de Prévert. Entre as súas obras posteriores destacan Juliette et la clef des songes (Xulieta e a chave dos soños, 1951) e La Bible (A Biblia, 1976).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Teólogo dominicano. Foi discípulo de Gardeil, Mondonnet, Lagrange e Sertillanges en Le Saulchoir, onde ensinou posteriormente. Mestre en teoloxía (1931), especializouse en historia da teoloxía medieval. En 1942 foi desposuído da súa cátedra. O seu pensamento influíu moito no movemento de reforma que conduciu ao Vaticano II.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político e xeneral romano. Exerceu o consulado en cinco ocasións. Durante o primeiro consulado someteu a Galia Cisalpina (222 a C). Á fronte dos restos do exército romano detivo a Aníbal durante a segunda Guerra Púnica (215 a C) atacou as bases dos cartaxineses en Sicilia e sitiou Siracusa. Dirixiu novas campañas contra Aníbal e conseguiu a súa retirada ao Brucio. No seu quinto consulado morreu nunha emboscada.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeneral e político romano. Neto de Marco Claudio Marcelo. Exerceu como pretor en Hispania no 169 a C e foi nomeado cónsul no 166 a C e no 155 a C. No terceiro consulado (152 a C) ocupouse da sublevación celtibera de Hispania, onde buscou o diálogo. A intolerancia do Senado romano, dirixido polos Escipións, obrigouno ao enfrontamento. Despois de sitiar Numancia, acadou un tratado de paz cos pobos celtiberos e fundou a colonia romana de Corduba.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Lingüista. Especializouse en temas de lingüística xeral, etnografía e socioloxía lingüística. Aplicou á lingüística métodos estatísticos e matemáticos, e estudiou o nexo que hai entre a linguaxe e a estrutura social. Das súas obras cómpre destacar a dirección de Les langues du monde (As linguas do mundo, 1924), con A. Meillet, e os libros Linguistique et matérialisme dialectique (Lingüística e materialismo dialéctico, 1948), Histoire d’une langue: le français (Historia dunha lingua: o francés, 1950) e Pour une sociologie du langage (Para unha socioloxía da linguaxe, 1956).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Título que tivo, desde 1941 ata a súa morte, Xoán de Borbón e Battenberg.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aliaxe de baixo punto de fusión (95°C), constituída por un 50% de bismuto, un 25% de chumbo e un 25 % de estaño, que se emprega na fabricación de elementos fusibles de seguridade e moldes.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro aeronáutico. Interesado desde novo pola aviación, desenvolveu melloras nos avións franceses da Primeira Guerra Mundial. Desde 1945 construíu un holding industrial e financeiro moi diversificado, que tiña como núcleo a sociedade Avions Marcel Dassault, que realizou os modelos dos grandes cazas Mirage e Mystère.
VER O DETALLE DO TERMO