"Aw" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 264.
-
CIDADES
Cidade do ken de Kanagawa, na illa de Honshū, Xapón, situada na baía de Sagami (372.840 h [1997]). Cidade satélite de Toquio, forma parte da súa área metropolitana. Fundada en 1325 polos membros da seita Jishū, foi unha importante estación balnearia. Do seu patrimonio cultural destaca o templo budista Shojokoji (s XIV).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
gaznévida.
-
PERSOEIRO
Etóloga británica. Sen formación universitaria doutorouse en Etioloxía pola Universidade de Cambridge (1965). Desde 1960 traballou cos chimpancés na reserva natural de Gombe (Tanzania), o que lle permitiu demostrar que son animais altamente evolucionados e sociais. Creou o Jane Goodall Institute dedicado á conservación dos chimpancés en África. Recibiu numerosos premios e distincións, entre eles o título de Cabaleiro do Imperio Británico, o de Mensaxeiros da Paz da ONU, a Medalla Benjamin Franklin e o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica de 2003, este último pola súa contribución á comprensión das raíces do comportamento e a cultura humanos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor e teórico da arte. Foi subdirector da Tate Gallery (1965-1967) e catedrático na Slade School of Fine Art de Londres (1975-1985). Realizou estudios críticos de Cézanne, Matisse e outros pintores. Como pintor, continuou a tradición de Euston Road aínda que tamén realizou algunha obra abstracta. Recibiu o título de sir en 1982.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintora e ilustradora. Cultivou a acuarela e especializouse nos libros para nenos, entre outros, Under the Window (1879). Entre os seus toy-books (libros-xogos) destaca A Day in a Child’s Life (1885). Realizou tamén Almanacs, que acadaron unha gran sona.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico. Estudiou belas artes na Walthamstow School of Art. Sen deixar a pintura comezou a realizar distintas curtametraxes, entre as que destacan Train (1966), Tree (1966), Intervals (1969), Erosion (1971) e Windows (1975). Gracias ao British Film Institute fixo a súa primeira longametraxe The Falls (1980), á que seguiron outros títulos como The Draughtsman’s Contract (1982), Drowning by Numbers (1988), The Cook, the Thief, His Wife and Her Lover (1989), Prospero’s Books (1991), The Pillow Book (1995) e The Moab Story (2003).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Rexión do S da Península Arábiga, constituída por un altiplano árido calcario duns 1.000 m de altitude que domina todo o litoral do Iemen e que se inclina lixeiramente sobre o deserto de Al-Rub’ al-Hālī. A poboación concéntrase na costa, e dedícase fundamentalmente á pesca.
-
PERSOEIRO
Sultán de Marrocos (1907-1912), fillo de Mawlāy Ḥ asan. Accedeu ao poder logo de enfrontarse ao seu irmán ‘Abd al-’Azīz. As desordes obligárono a solicitar a intervención francesa e a aceptar o seu protectorado. En 1912 abdicou en favor de ‘Abd al-’Azīz exiliouse.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor árabe. Na novela Diario dun fiscal rural e al-Dayf altaqil critica a ocupación inglesa. Despois dedicouse a argumentos máis literarios Ahl al-Kahf e Muhammad o Sahrazad.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Cantautor estadounidense. Coñecido como Stevie Wonder, é cego de nacemento. Debutou en 1962 en Detroit tocando o piano e a harmónica e, máis tarde, actuou tamén en conxuntos de gospel e cantos espirituais negros. Entre os seus discos destacan Tribute to Uncle Ray (1962), With A Song In My Heart (1963), The Woman in Red (1984) e At The Close Of a Century (1999). Recibiu numerosos premios Grammy.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Henri Leopold de Fiennes.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago de Oceanía, no medio do Océano Pacífico e ao S do trópico de Cáncer, que constitúe un estado dos EE UU (16.759 km2; 1.211.537 h [estim 2000]). A súa capital é Honolulu. As illas máis extensas do arquipélago son: Hawaii (10.414 km2; Kahoolawe (117 km2), Kauai (1.427 km2), Lanai (365 km2), Maui (1.886 km2), Molokai (671 km2), Niihau (186 km2) e Oahu (1.549 km2); son de orixe volcánica e moi montañosas. As altitudes máximas rexístranse na illa de Hawaii cos volcáns Mauna Loa (4.170 m) e Mauna Kea (4.205 m). Afectado polos ventos alisios do NL, o clima é tropical con chuvias abundantes. A vexetación natural clímax é a pluvisilva; sen embargo, o arquipélago está moi antropizado e degradado. A poboación experimentou un incremento considerable desde os comezos do s XX, grazas á inmigración de man de obra para traballar nas plantacións de cana de azucre e piña tropical. Isto tivo como...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Alta presión de orixe dinámica situada ao NO do Oceáno Pacífico, sobre o arquipélago das Hawaii.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Hawaii ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Hawaii.
-
-
Aplícase ao volcán que se caracteriza por erupcións sen explosións e pola emanación de lavas moi fluídas que orixinan un cono volcánico de pendente moi feble e de decenas de quilómetros de diámetro.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Kuwait (358 km2; 496.245 h [estim 1998]). A capital é Hawalli (82.238 h [1995]).
-
PERSOEIRO
Novelista e dramaturgo estadounidense. As súas obras, experimentais, semellan ser unha observación do exercicio psíquico, ao mesmo tempo que van contra o argumento, os personaxes, a ambientación e o tema. Unha parte da súa produción teatral recóllese no volume The Innocent Party (1969).
VER O DETALLE DO TERMO -
REXIÓNS
Rexión de Nova Zelanda, na Illa do Norte (13.790 km2; 142.950 h [estim 2001]). A súa capital é Napier (53.011 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico e cosmólogo inglés. Estudiou na Universidade de Oxford e posteriormente trasladouse á de Cambridge, onde se doutorou. Víctima, desde moi novo (1963), dunha esclerose lateral amiotrófica que lle impedía articular as palabras e andar correctamente, conseguiu éxitos científicos. Dedicouse ao estudo da física teórica, investigando as singularidades do principo do Universo (demostración realizada xunto con Penrose entre 1965 e 1968), o big-bang e os buratos negros, establecendo a teoría da evaporación (1973), que demostraba que os buratos negros perdían enerxía e materia. Entre as súas obras destaca A Brief History of Time: From the Big Bang to Black Holes (1988). Recibiu o Premio Príncipe de Asturias (1989).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Almirante e pirata inglés. Desde 1562 dedicouse ao comercio de escravos e practicou o contrabando e a piratería. Dirixiu unha das naves da escuadra que derrotou a Armada Invencible (1588); con Frobisher, a expedición a Portugal de 1559; e con Francis Drake a flota enviada ás Antillas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Realizador cinematográfico estadounidense. Realizou filmes de todos os xéneros, sobre todo de aventuras, como Only Angels have Wings (1939), Hatari (1961); e comedias, como Gentlemen Prefer Blondes (1953) ou Man’s Favourite Sport (1963). Dirixiu outras películas, entre as que destacan Scarface (1932), Sergeant York (1941), Río Bravo (1959) e El Dorado (1967).
VER O DETALLE DO TERMO