"Berà" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 137.

  • Forma castelanizada correspondente á forma galega Lobeira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor, director de escena e artista plástico. Desenvolveu traballos escénicos coa compañía Titiriti, coa que realizou espectáculos de animación de rúa, Festa rachada (1984), e colaborou coas compañías Antroido e Monicreques. Impulsou a mellora dos aspectos teatrais na Feira Viquinga de Catoira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Foi director da Dirección General de Bellas Artes. Instalouse na Coruña (1960), onde fundou a galería Artes e se dedicou á creación da Escola de Restauración de Belas Artes. Entre a súas obras destacan Paisaje al atardecer (1977) e Aldeana (1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Eclesiástico. Formou parte da Xunta Local de Defensa na Guerra da Independencia e en 1811 foi deputado pola provincia de Lugo á Xunta Suprema e Gobernativa de Galicia. Foi cóengo da catedral de Lugo, gobernador eclesiástico e realizou importantes investigacións nos arquivos catedralicios. Sobresaíu como orador sagrado e publicou varios dos seus sermóns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Nova Guinea, resultado da unión ao N da serra de Nassau, de Idenburg e Rouffaer. Desemboca no Océano Pacífico preto do cabo de Urville.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Militar. Emigrou a América en 1545 e en Chile foi cronista da conquista do país, ademais de participar activamente como capitán para a invasión de territorios, polo que foi nomeado corrixidor da cidade de Chile. Escribiu unha Crónica do Reino de Chile (1575-1576), que foi refundida por Bartolomé Escobar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e psiquiatra. Frecuentou os parladoiros literarios do Café Gijón e integrouse no foro de debate Academia Errante. Comezou na literatura co poemario Grana Gris (1945) e escribiu ensaios, dos que sobresaen Dilthey, Jaspers y la comprensión del enfermo mental (1955) e Libertad, temporalidad y transferencia en el psicoanálisis existencial (1964). Da súa narrativa destacan Tiempo de Silencio (1962), na liña do realismo social e cunha complexidade narrativa considerable, o libro póstumo de contos Apólogos (1970) e a novela inconclusa Tiempo de destrución (1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Arquitecto. O seu estilo foi ecléctico, pero as súas obras reflicten o seu tempo coa preponderancia do estilo racionalista. En Galicia destacan o edificio da Escola de Mestría (1959) e o da Escola de Maxisterio (1968), ambos os dous en Santiago de Compostela.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao neoliberalismo

    2. Seguidor do neoliberalismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Escola de pensamento económico que defende a vixencia dos principios do liberalismo clásico, nacida por oposición ás teorías que avogan por un protagonismo económico do estado e como resposta á evolución do sistema capitalista (concentración de empresas, proteccionismo). Defende unha decidida intervención estatal para corrixir as distorsións producidas polo funcionamento do sistema, que fan imposible a libre competencia, e é partidaria de fornecer equipos colectivos eficientes e de asegurar o acceso á propiedade privada dos traballadores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor italiano. Coñecido como Nicolò da Foligno, o seu estilo, piadoso e cándido (Polittico di Cagli, 1461-1465), evolucionou cara a unha arte máis sólida e de debuxos máis rigorosos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xornal publicado en Ourense a partir de novembro de 1886. Editado nos obradoiros tipográficos Galaica, foi dirixido por Luciano Cid Hermida. Saíu dúas veces á semana (mércores e sábado) e incluíu información xeral e local, notas bibliográficas, artigos culturais e poemas en galego. Amosou un grande interese polos problemas do campesiñado en Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo guerrilleiro fundado en 1954 e dirixido por Georgios Grivas, que loitou contra os británicos para acadar a independencia de Chipre. Despois de disolverse apareceu de cando en vez para atentar contra o goberno republicano ou contra a comunidade turco-chipriota.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo político-militar creado en Xerusalén en 1964. Intentou agrupar os refuxiados palestinos para manter o seu nacionalismo. Algúns grupos, como Saika ou al-Fatah, refusaron adherirse porque emanaba duns estados incapaces ata aquel momento de liberalos. O efecto máis notable da Guerra dos Seis Días (1967), coa ocupación israelí de toda Palestina (Guerras Árabe-israelís), foi o de acrecentar o nacionalismo e rexeitar toda solución que non fose a liberación total de Palestina. A raíz dos ataques a Tunisia (1985 e 1988), onde estaba o cuartel xeral da organización e aos campos de refuxiados palestinos de Líbano, a organización escindiuse en grupos moderados, comandados por Yasser Arafat, e radicais, que tiñan o apoio de Líbano e Siria, e que obrigaron a Y. Arafat a dispersar as súas forzas por Alxeria, Tunes e a República Árabe do Iemen. Cando o Rei Hussein I de Xordania renunciou (xullo de 1988) á posesión de Cisxordania, o Consello Nacional de Palestina proclamou en Alxeria un estado...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política creada en 1985 dentro do Bloque Nacionalista Galego (BNG). Despois do cambio de postura do BNG en 1986, que permitiu a súa participación no Parlamento Autonómico, produciuse a escisión de 13 membros do comité central, liderados por Mariano Abalo e X. Carballo. Este grupo foi expulsado do BNG en 1987 por apoiar a candidatura de Herri Batasuna (HB) nas eleccións ao Parlamento Europeo. Nese mesmo ano achegou posicións con HB e constituíu, xunto con Galicia Ceibe e outros grupos radicais, a Frente Popular Galega (FPG).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político español que, xunto co Partido Liberal, constituíu o centro do sistema bipartidista característico da Restauración. Malia ser fundado por A. Cánovas del Castillo en 1869, foi de feito un continuador do antigo Partido Moderado, aínda que a nova organización admitía principios liberais. O seu xefe indiscutible foi A. Cánovas del Castillo e, tras o seu asasinato, Antoni Maura i Montaner. Gobernou sen interrupción desde 1875 ata 1881. Sufriu escisións como a da Unión Conservadora de Francisco Silvela y de Le Vielleuze e os grupos fieis á memoria de Cánovas, entre outros. A ditadura precipitou a descomposición do partido que, despois do réxime de Primo de Rivera, tentou reconstruír, sen éxito, Gabino Bugallal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido político español que, durante a Restauración, alternou no goberno co Partido Conservador. Formouse en 1880, ao redor do grupo constitucional de Práxedes Mateo Sagasta. Ideoloxicamente case non se distinguía do Partido Conservador, malia que acentuaba algúns principios de carácter liberal e que era menos autoritario no exercicio do poder. Desde a morte de Sagasta (1903) o partido escindiuse entre os centristas (con Álvaro de Figueroa y Torres, conde de Romanones) e os radicais (con Xosé Canalejas Méndez). Finalmente impúxose X. Canalejas, ata que o seu asasinato (1912) e as diferenzas entre dirixentes debilitaron o partido, que xa decaera cando se produciu a crise de 1917 e o final da alternancia dos partidos no poder.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido Conservador.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Partido Liberal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de València, Comunitat Valenciana (3.045 h [2001]). A agricultura de regadío é un dos seus recursos económicos básicos. A auga do Júcar aprovéitase principalmente para o cultivo de laranxeiras.

    VER O DETALLE DO TERMO