"CIC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 293.
-
-
Relativo ou pertencente a Cicerón.
-
Que ten semellanza ao estilo oratorio de Cicerón.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Preceptiva estilística e retórica defendida como modelo compositivo de discurso por Cicerón. A mediados do s I a C, practicábanse en Roma dous estilos oratorios: o estilo asiánico, predominante na primitiva arte oratoria romana, empregado por Hortensio e polo propio Cicerón nos seus comezos, que buscaba impresionar o auditorio mediante a expresión exuberante e conceptuosa; e o estilo aticista, que postulaba a sinxeleza do discurso, e propoñía como modelo a Lisias. Cicerón desmarcouse de ambas as dúas correntes e concibiu unha retórica propia que esixía como ideal oratorio o dominio dos tres xéneros estilísticos: o sinxelo, o moderado e o opulento, adecuados a distintas situacións discursivas. O estilo ciceroniano caracterízase polos períodos amplos onde a secuencia principal se interrompe por continuas subordinacións que incrementan a complexidade do texto. A súa obra teórica, así como a práctica dos seus discursos, tivo enorme influencia na prosa latina posterior...
-
VER O DETALLE DO TERMO
cicho.
-
VER O DETALLE DO TERMO
1tritón.
-
-
Lanzar un líquido ou un gas a presión.
-
Saír con forza un líquido ou un gas sometido a presión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Especie de xiringa feita con cana e provista dun émbolo axustado con estopas que se emprega para lanzar auga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
cichote.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de herbas da familia das asteráceas ao que pertence a chicoria.
-
-
Chorro de auga ou vapor lanzado a presión.
-
Cano polo que sae a auga dunha fonte.
-
Tubo dunha xiringa.
-
Xiringa feita con cana e provista dun émbolo axustado con estopas, que se emprega para lanzar auga.
-
-
ENTRADA LARGA
Síntese de derivados da piridina por condensación de compostos carbonílicos con amoníaco ou aminas, nunha autoclave: A reacción é reversible e produce diferentes derivados da piridina e diversos subprodutos. Descubriuna en 1906 o químico ruso Eugenivic Čičibabin (1871-1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coleóptero da familia dos cicindélidos.
-
-
Relativo ou pertencente aos cicindélidos.
-
Coleóptero da familia dos cicindélidos.
-
Familia de coleópteros adéfagos, representada en todo o mundo por máis de 1.500 especies. Polo xeral son de cor verde metálica, con pintas vermellas e brancas. Son depredadores e os máis feroces de entre os insectos; aliméntanse de larvas de toda clase, de gasterópodos terrestres e doutros insectos. De costumes diúrnos, viven en lugares areosos, como praias ou ribeiras de ríos, regatos e camiños, nas marxes de campos cultivados e nos claros dos bosques. A familia, con 16 especies na Península Ibérica e nas Illes Balears, está representada en Galicia por: Cicindela hybrida riparioides, Cicindela campestris campestris, Cicindela maroccana pseudomaroccana, Lophyridia littoralis littoralis e Lophyra flexuosa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘círculo, roda’, ‘composto cíclico’ ou ‘corpo ciliar’. Ex: ciclorama, ciclóstomo. OBS: Tamén se emprega como sufixo coa forma -ciclo. Ex: triciclo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación dun composto cíclico, orgánico ou inorgánico, a partir dunha ou máis cadeas de átomos por creación dun ou máis enlaces novos. Como a formación de enlaces é xeralmente sucesiva, a ciclación propiamente dita é sempre intramolecular; á intermolecular chámaselle máis correntemente condensación. A formación dun complexo metálico cíclico cun ligante bidentado ou polidentado denomínase quelación. En química orgánica, a formación de compostos carbocíclicos e heterocíclicos resulta de reaccións moi variadas. En xeral, a facilidade de formación dos ciclos depende do número de átomos no anel.
-
ARQUIPELAGOS
Arquipélago do mar Exeo formado por vinte e catro illas maiores e unhas duascentas menores, que constitúe un nomós de Grecia (2.572 km2; 94.005 h [1991]). Destacan as illas de Siros, Delos, Andros, Melos, Tinos, Santorini, Naxos, Paros, Amorgós e Míkonos. A capital é Hermoúpolis, na illa de Siros (13.877 h [1981]). Os seus recursos principais, ademais do turismo, son a agricultura e a pesca. Estas illas poboáronse dende o Neolítico, no que destacou a denominada cultura cicládica que exerceu unha importante influencia artística sobre outros centros do Mar Exeo e que foi absorbida pola cultura micénica durante a Idade do Bronce. Incorporáronse á Liga de Delos (478-477 a C) e permaneceron baixo a influencia ateniense ata a Guerra Social (357-355 a C), cando se rebelaron. Sometidas a Macedonia e a Exipto de xeito alternativo, foron conquistadas no 88 a C por Mitrídates VI Eupátor, rei do Ponto, e posteriormente pasaron ao dominio de Roma. Na Idade Media estiveron baixo o...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Túnica luxosa usada polas mulleres na Roma imperial, adornada cunhas franxas horizontais de ouro e púrpura, e outras verticais que chegaban ata os pés.
-
-
Relativo ou pertencente ás illas Cícladas.
-
Cultura prehistórica das illas Cícladas desenvolvida desde finais do IV milenio ata o II milenio a C. Foi unha ponte entre o mundo asiático de Oriente Próximo e Creta, coa península grega. A época do florecemento correspondeuse co Eneolítico e a Idade do Bronce, cara ao 3000 a C. As posibilidades do comercio marítimo, no que destacaba a exportación de materias primas como a obsidiana da illa de Melos, déronlle unha gran vitalidade durante todo este período. Divídese en tres etapas: o cicládico antigo (2800-2000 a C), o cicládico medio (2000-1550 a C) e o cicládico recente (1550-1050 a C). A decadencia principiou a finais da Idade do Bronce, cara ao 1700 a C, cunha clara influencia micénica. Son características as figuras humanas de mármore, de formas xeométricas, que representan xeralmente figuras femininas como símbolo de fertilidade.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada un dos sales do ácido ciclámico empregados como edulcorantes artificiais, en especial o sódico e o cálcico. Descuberto en 1937 por M. Sveda, trátase dunha substancia cristalina incolora, moi soluble en auga e trinta veces máis doce ca a sacarosa. Empregouse moito nas industrias alimentaria e farmacéutica, ata que se prohibiu o seu uso en 1969, ano dende o que se somete a un rigoroso control.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ácido bastante forte, obtido por sulfonación da ciclohexilamina. Os seus sales, especialmente o sódico e o cálcico, empréganse como edulcorantes non nutritivos.