"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
PUBLICACIÓNS
Publicación chamada “Quincenario Libertario” aparecida en novembro de 1908 na Coruña e que desapareceu en 1909, cando chegara ao seu número tres (12.12.1908) cunha tiraxe entre 1.000 e 1.500 exemplares. Desapareceu ao faltarlle o apoio económico das sociedades obreiras coruñesas, afogadas polas folgas. Fundada por Rafael García, Antonio García e Xoán Leiro, colaboraron Concepción Arenal, A. Karr e Ricardo Cotelo, entre outros.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de accionar.
-
Conxunto de movementos e xestos que fai unha persoa para dar a entender algunha cousa ou coa que acompaña a palabra.
-
Conxunto dos accionistas dunha sociedade mercantil, xeralmente anónima.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Doutrina sociolóxica que se interesa pola problemática da acción e do traballo. Contempla o traballo como unha actividade colectiva e considera que a acción non é só unha simple resposta a unha situación social, senón unha manifestación creativa e simbólica de dúas dimensións: o sistema de acción histórica e o sistema de relación de clase, que reflicten a capacidade da sociedade de actuar sobre si mesma co traballo. A. Touraine é un representante destacado desta doutrina.
-
-
Acción de poñer en funcionamento un elemento determinado.
-
Sistema de transmisión da enerxía motora a un dispositivo ou máquina.
-
-
-
Exercer unha acción sobre algo para poñelo en funcionamento.
-
Facer movementos ou xestos, especialmente coas mans, para dar a entender, con maior ou menor énfase, algunha cousa ou para acompañar a palabra.
-
Exercer unha acción legal.
-
-
Abastecer de enerxía e forza precisa para facer mover unha máquina.
-
Dirixir a acción dun mecanismo.
-
-
-
-
Conxunto de accionistas.
-
Conxunto dos traballadores que participan na administración e na propiedade da empresa mediante a posesión de accións integrantes do capital. Constitúe unha das formas da coxestión de empresas e entra no que se denomina capitalismo popular. Foron as políticas neoliberais dos anos oitenta, desenvolvidas nos EE UU por R. Reagan e en Gran Bretaña por M. Thatcher, as que deron un sentido práctico e efectivo a este concepto económico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás accións ou ao accionariado.
-
-
Relativo ou pertencente ás accións dunha sociedade mercantil.
-
accionista.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Titular dunha ou varias accións dunha sociedade anónima, en comandita ou por accións.
-
-
Acción e efecto de acelerar ou acelerarse.
-
Nun movemento circular, variación da velocidade angular co tempo.
-
Na dinámica de fluídos, compoñente da aceleración nun punto determinado dunha liña de corrente debida exclusivamente á translación do fluído no espacio.
-
Aceleración complementaria, debida á rotación da terra, segundo o teorema de Coriolis.
-
ariación da velocidade do punto respecto do tempo. No seu sentido máis xeral é o vector a = d v / dt, onde v é o vector velocidade do punto. A unidade da aceleración é o m/s 2 . A aceleración tanxencial ou lineal débese ao cambio de valor da velocidade, mentres que a aceleración normal ou centrípeta é debida ao cambio de dirección da velocidade. No caso dun movemento rectilíneo só hai aceleración lineal.
-
Na dinámica de fluídos, compoñente da aceleración nun punto determinado dunha liña de corrente debida exclusivamente á variación co tempo das condicións da corrente.
-
Principio segundo o cal cando un electrón se lanza a unha velocidade próxima á da luz dentro do eixe dunha guía de ondas xunto cunha onda electromagnética, o campo eléctrico desta onda acelérao dun xeito continuo.
-
Principio segundo o cal nunha serie de electrodos sometidos a potenciais decrecentes, a enerxía cinética adquirida por unha partícula cargada entre dous electrodos sucesivos é 1/2 m v 2 = e [V(A) - V(B)] (m masa da partícula, v velocidade, e carga eléctrica, V(A) e V(B) potenciais de dous electrodos sucesivos).
-
Regra internacional que determina a lonxitude das pistas de aterraxe dos aeroportos: a súa lonxitude mínima debe permitirlle ao avión poder frear ou ben despegar en caso de avaría dun motor durante a fase de rodamento sobre a pista.
-
Incremento da ascensión recta do sol medio nun día sideral. O seu valor é de 3 minutos 56,56 segundos de tempo sideral ou 3 minutos 55,91 segundos de tempo solar medio, cantidade que, sumada ao día sideral, dá o día solar medio.
-
...
-
-
-
Acción e efecto de acentuar.
-
Colocación do sinal ortográfico ou entoación propia que se lle dá á unha palabra, seguindo as regras ortográficas desa lingua.
-
Aumentar a intensidade de algo ou facer que vaia a máis.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada sentido ou significado que pode tomar unha palabra tanto na fala coma na escrita.
-
-
Acción e efecto de aceptar.
-
Manifestación da vontade pola cal se asumen certas obrigas. Normalmente debe ser manifestada mediante un acto que exteriorice o consentimento, pero ás veces a lei presume a aceptación se durante un certo límite non se fixo manifestación expresa en contra, ou ben se se realizan actos que a impliquen.
-
Acto polo cal o receptor consente na doazón. Este acto, que debe ser realizado en vida do doador, é preciso para levar a cabo a doazón, xa que mentres non sexa aceptada non se considera xuridicamente realizada nin produce efectos, mesmo podendo ser revogada polo doador.
-
Acto polo cal o herdeiro manifesta a vontade de facer súa a herdanza. É preciso que o herdeiro adquira esta condición para poder entrar en posesión da herdanza. Pode realizarse de maneira expresa, por manifestación en documento público ou privado, ou tácita, pola realización de actos que supoñan a vontade de aceptar ou que só se poidan executar sendo herdeiro, tales como ceder ou vender os dereitos hereditarios, continuar unha acción xudicial iniciada polo testador, etc.
-
Feito no que o legatario acepta unha manda ou legado.
-
Operación realizada para asumir a obriga de pagar unha letra de cambio ao chegar o seu vencemento.
-
Acción na que o mandatario acepta o poder que ao seu favor outorgou o mandante. En especial aplícase á aceptación dos procuradores dos tribunais do poder que os litigantes outorgan ao seu favor.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma de extinguir as obrigas consistente nun convenio que se realizaba por medio de preguntas e respostas segundo fórmulas sacramentais. Inexistente nas actuais lexislacións.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Transformación en acetal dun aldehido, dunha acetona ou dun alcohol.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Oxidación do alcohol etílico en ácido acético, efectuada bioloxicamente nunha solución diluída polas bacterias do xénero Acetobacter ao transformar o viño, ou calquera outra substancia alcohólica, en vinagre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acilación na que se fixa o grupo acetilo. Os axentes de acetilación máis importantes son: na célula viva, a acetilcoenzima A; na industria, o cloruro de acetilo e o anhídrido acético.
-
-
Acción de acidificar ou acidificarse.
-
Incremento da concentración de ións hidróxeno nas solucións do solo por mor do dióxido de carbono da auga da chuvia, do humus de descomposición lenta e doutros fenómenos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de acidular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substitución do hidróxeno por un grupo acilo RCO- nunha molécula. As reaccións de acilación son moi diversas, porque o que as unifica é o resultado e non o mecanismo da reacción. As substancias acilables poden ser inorgánicas, como a auga, ácido sulfhídrico, amoníaco, hidracina ou orgánicas. Os hidróxenos substituíbles nas substancias orgánicas son, en xeral, os dos hidroxilos dos alcohois, fenois e ácidos carboxílicos, o do grupo tiol, o ligado ao nitróxeno das aminas primarias e secundarias, e o ligado aos carbonos aromáticos. Neste último caso, a acilación é unha reacción de Friedel e Crafts. A acilación da auga dá os ácidos RCOOH; a do ácido sulfhídrico, os S-ácidos tiocarboxílicos RCOSH; a do amoníaco, as amidas RCONHNH2; a dos alcohois e fenois, os ésteres RCOOR’; a dos ácidos carboxílicos, os anhídricos RCO-O-COR’; a dos tioles, os S-ésteres tiocarboxílicos RCOSR’; a das amidas primarias e secundarias, as aminas monosubstituídas RCONHR’ e disubstituídas RCONR’R’’; a dos...