"Cere" (Contén)

Mostrando 19 resultados de 99.

    1. Eliminar anatómica ou funcionalmente o cerebro, de forma experimental ou espontánea, a causa de accidentes vasculares cerebrais ou traumatismos cranioencefálicos, que ocasiona un estado de coma e hipertonía xeneralizada, con rotación interna dos brazos e hiperextensión dos catro membros.

    2. Extraer o cerebro dun animal para realizar experimentos.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Desfacer a lea que forman unha ou varias cousas.

    2. Solucionar un asunto complexo.

    3. Deixar de estar encerellada unha cousa.

    4. Saír dunha situación complicada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do discurso, segundo a retórica clásica, que se identifica coa organización da persuasión que se utiliza na narratio e na argumentatio. Implica sempre o delectare e o movere, que apelan ás emocións do auditorio e contribúen a evitar o tedio na exposición. Dada a súa finalidade didáctica, debe caracterizarse pola utilitas (utilidade), claritas (claridade) e brevitas (brevidade).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • encerellamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de encerellar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. enlear.

    2. Facer que se poñan a mal dúas ou máis persoas.

    3. Poñerse a mal dúas ou máis persoas.

    4. Engancharse os cans para realizar o acto sexual.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e político paraguaio. Conspirou co xeneral Caballero para depoñer o presidente Rivarola (1871) e dirixiu un movemento contra o presidente Jovellanos (1874). Foi presidente da República entre 1886 e 1890, e destacou no eido educativo coa promulgación da lei de ensino obrigatorio (1887) e a creación da Universidad Nacional (1889).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militante anarcosindicalista. Ao comezo da Guerra Civil estaba en Melilla, e foi condenado á pena de morte. Conmutada a pena, trasladouse a Vigo, onde traballou como contable na empresa Vulcano dende 1949 e liderou o proceso de reconstrución da Confederación Regional Galaica (CRG) da CNT. En 1957 apoiou a Jaime Garrido Vila na creación do Frente Juvenil Democrático. Trala folga organizada na primavera de 1962, en solidariedade cos mineiros asturianos, foi detido e condenado a once anos de cadea. Liberado en 1966, e despois dun breve período de residencia en Vigo, marchou a Francia. Retornou a Vigo en 1976, para participar na reorganización da CNT, pero morreu ao pouco tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Estudiou dereito na Universidad de Salamanca e xornalismo na Escuela Oficial de Periodismo de Madrid. Comezou a súa andaina profesional como redactor de El Pueblo Gallego. A partir de 1965 trasladouse a Madrid á redacción de Blanco y Negro e, posteriormente, ao equipo do diario Madrid e Cambio 16. Desde ese momento iniciou a súa etapa como reporteiro en países do Terceiro Mundo. Especializado na problemática dos países do Terceiro Mundo, escribiu as biografías de Ernesto Che Guevara e Patricio Lumumba, e traduciu o libro do Rei Hussein de Xordania Mi guerra con Israel. En 1983 a Asociación de Periodistas Europeos constituíu un premio co seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Colectivo fundado na Coruña a comezos de 1934, polo anarquista arxentino de orixe grega, Antonio Fournerakis, o palentino retornado de América, Ildefonso González, e o zapateiro coruñés, Antonio Varela. Integrado na FAI e con grande influencia nas Juventudes Libertarias herculinas, comezou a súa andaina como editor do voceiro anarquista de igual denominación, disolveuse tralo asasinato de Fournerakis e Varela, en xullo de 1937.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Movemento librecambista organizado en 1839 en Manchester (Inglaterra) para conseguir a abolición das leis proteccionistas británicas sobre o trigo importado (Corn Laws). Os seus principais dirixentes foron Richard Cobden e John Bright, ambos os dous membros da escola de Manchester. A liga disolveuse en 1849 ao acadar a abolición das tarifas arancelarias proteccionistas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cáceres, Extremadura, situado ao SO da capital provincial (4.324 h [2001]). A súa actividade económica baséase no cultivo de cereais, viña e oliveiras, na gandería bovina e na industria relacionada co sector téxtil e de materiais de construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIAS

    Praia da ría de Pontevedra situada na parroquia de Lourizán (Pontevedra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ría de Pontevedra situada na parroquia de Lourizán (Pontevedra).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte do cerebro dos artrópodos en contacto cos centros ópticos onde teñen lugar, nos insectos sociais, moitos fenómenos de asociación.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Pedrafita do Cebreiro baixo a advocación de santa María Madanela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo dependente do ministerio de Agricultura, creado en 1967 como resultado da transformación do Servicio Nacional do Trigo, constituído en 1937 en Burgos. O seu obxectivo era a ordenación da produción e a compra e distribución dos cereais mediante unha rede de silos. En 1971 substituíuse polo Servicio Nacional de Produtos Agrarios (SENPA), convertido en 1996 no Fondo de Garantía Agraria (FEGA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rexión posterior en que se divide o cerebro dos artrópodos que consta dun par de ganglios unidos. Innerva certas antenas e quelíceros e orixina un sistema nervioso visceral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Iniciou a súa formación artística no Círculo das Artes de Lugo. En Madrid realizou os estudos de arquitectura técnica e foi profesor de debuxo (1966-1970). A súa obra evolucionou desde o realismo conceptual cara ao onirismo expresionista ata chegar a unha abstracción de formas insinuantes monocromas. Cultivou o gravado, a escenografía, a música, o cine e realizou en 1983 un gran mural por encargo do concello de Madrid (1983).

    VER O DETALLE DO TERMO